Calendario
Info da proba

Bueu

18/01/2015 9:00 - 13:00
Regulamento II TRAIL DE CELA

Regulamento

1. DENOMINACIÓN:
0 Concello de Bueu xunto co Club Triatlón Morrazo eo club Corredoiras organiza o “II Trail Cela”, co patrocinio da deputación de Pontevedra tendrá lugar o domingo 18 de enero do 2015 no igrexario da parroquia de Cela (Bueu), ás 10:30 horas.

2. DISTANCIA E PERCORRIDO:
É unha carreira de montaña, cunha distancia de 25 km, con saída e chegada na parroquia de Cela(Bueu).
O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos kilométricos, marcados con cinta e / ou pintura ecolóxica.
Os participantes non poderán sair do percorrido marcado.
A Organización poderá modificar o percorrido por causas axenas e/ou de forza maior.
O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 25 Kms será de 4h 30 minutos.
Existirán tres postos de avituallamento;
Km 8 líquido
Km 13 líquido-sólido
Km 20 líquido-sólido
Km 25 meta líquido-sólido
A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip.

Tamen faremos unha ANDAINA media hora antes da saida do trail.
A inscripcion para a andaina en totalmente GRATIS, so hai que anotarse o dia da proba.

3. ASISTENCIA MÉDICA:
Os servicios sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de Saída/Meta

4. CATEGORÍAS:
As categorías da competición que se establecen son:
 Absoluta de 18 a 39 anos (recibirán trofeo os tres primeros homes e as tres primeras mulleres)
 Veterano de 40 en adiante (recibirán trofeo os tres primeros homes e as tres primeiras mulleres)
 Primer local (recibirá trofeo o primer home e a primera muller que cheguen a meta e sean da localidade de Bueu)
Todos os participantes recibirán o remate da proba unha bolsa con avituallamiento e unha camiseta conmemorativa da proba.

5. INSCRIPCIÓNS:
Os corredores deberán formalizar a súa inscripción a través de Internet na web www.cronotec.es ata o día 16 de Enero de 2015 ás 20 horas.
Establécese a cuota de participación, de 15 €
Terá un máximo de 350 participantes.
Poderá participar calquera persoa maior de 18 anos que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade.
Os participantes o realizar a sua inscripción, declaran e asumen encontrarse en condicions físicas óptimas para a súa participación neste evento deportivo.
Os participantes e persoas que forman parte do evento, ceden de maneira total os dereitos de imaxen e explotación dos mesmos para a sua divulgación para o que considere a organización sen dereito por parte dos participantes a recibir compensación económica algunha.

6. SEGUROS:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos polos desplazamientos particulares hacia/ dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Toda persoa que pretenda participar no evento sen formalizar previamente a inscripción, o fará baixo a súa responsabilidade como persoa física, puidendo ser expulsada do percorrido pola organización, e non optará a clasificación algunha.
Durante a proba todos os atletas deberán portar o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sen doblar

7. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba nas carpas situadas xunto a saída, dende as 8:45 ata as 9:45h.
Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
A clasificación xeral oficial publicarase na web www.cronotec.es

8. DESCALIFICACIÓNS:
Tanto a organización como o servicio sanitario da competición:
- A calqueira atleta que manifeste un mal estado físico
- Ós atletas que non completen o percorrido completo.
- Aqueles atletas que manifesten un comportamento non deportivo.

9. ACEPTACIÓN:
Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente Regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase á que dispoña o Comité Organizador.

A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto ao medio ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
Existen duchas a 300 metros da chegada e haberá pinchos o rematar a proba para todos os participantes.