Calendario
Info da proba

Vigo

21/12/2014 11:25 - 12:45
Regulamento
53º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO)




Regulamento



A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, có patrocinio do Concello de Vigo, organiza o 53º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2014), a disputar o 21 de decembro en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

Esta proba forma parte do circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares.

Categorías
10:30 Benxamín, ambos sexos 2006 - 2007 1 circuito A 715 m
10:40 Alevín, ambos sexos 2004 - 2005 2 circuito A 1365 m
10:50 Infantil, ambos sexos 2002 - 2003 3 circuito A 2015 m
11:05 Cadete, ambos sexos 2000 - 2001 3 circuito B 2570 m
11:25 Absoluta 2 circuito C 7887 m
Xuvenil 1998 - 1999
Júnior 1996 - 1997
Sénior 1995 e anteriores ata veterán
Veteranos/as A 35 - 39 anos cumpridos
Veteranos/as B 40 - 49 anos cumpridos
Veteranos/as C 50 - 59 anos cumpridos
Veteranos/as D 60 ou máis anos cumpridos
As distancias complétanse con unha cola de saída de 65 m

O prazo para a inscrición péchase o día 17 de decembro ás 21 horas.
Formalizaranse en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 41, Vigo).
No formulario web dispoñible en carreirasgalegas.com.
Os atletas participarán cos dorsais con chip incluido que se entregarán ata media hora antes de cada carreira na Secretaría da Competición, situada no «Mesón Compostela», na mesma Praza de Compostela.

Haberá servicio de duchas e de consigna no Real Club Náutico.

PREMIOS
Concederanse trofeos ao primeiro clasificado aos tres primeiros por cada categoría e sexo. Establécense ademais os seguintes premios para as carreiras absolutas: un pavo á gañadora absoluta e gañador absoluto, así como os premios en metálico.
Carreira Maculina: 1º 300 €, 2º 200 €, 3º 150 €
Carreira Feminina: 1ª 300 €, 2ª 200 €, 3ª 150 €