Calendario
Info da proba

II D3safío42 Ourense

11/04/2015 10:00
Regulamento II D3safío42 Ourense


Una maraton en dos dias y tres carreras.


Sabado 11: 10:00 media maraton Xinzo de Limia


Sabado 11 17:00 11,0975km Carballiño


Domingo 12 11:00 10 km Celanova

En Ourense provincia
Se puede inscribir en una, dos o en el desafio completo
Premios en metalico para clasificación individual y equipos ( desde 500€)
Categoria individual y equipos
Mochila del corredor al desafio completo con dos camisetas, muñequera, pin, luz led
Mochila del corredor con una camiseta, muñequera, pin, luz led
Camiseta en pruebas individuales
www.desafío42.com

REGULAMENTOS II D3SAFIO42 OURENSE

REGULAMENTO DA CARREIRA ABSOLUTA: 21,0975KM/11,0975KM/10KM

A segunda edición do d3safio42 Ourense, organizada pola empresa move servicios de ocio y deporte S.L e baixo o patrocinio principal da Excelentísima Deputación de Ourense, celebrarase os días 11 e 12 de Abril de 2015.
Este d3safío consta de tres probas a celebrar nas localidades de Xinzo de Limia, Carballiño e Celanova. As distancias a percorrer e os horarios son os seguintes:
• Xinzo de Limia: circuíto asfalto-terra: 21,0975 km
o 11 de Abril 10:00 h
• Carballiño: circuíto asfalto-terra: 11,0975 km
o 11 de Abril 17:30 h
• Celanova: circuíto asfalto-terra: 10km.
o 12 de Abril:11:00h

1. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES.

Para participar nas probas débense cumprir os seguintes requisitos:

• Pertencer a algunha das seguintes categorías que se disputan.
• Coñecer e aceptar as condicións do presente regulamento.
• Aceptar os percorridos elixidos pola organización.
• Inscribirse en tempo e forma.
• Na recollida de dorsais/chip o corredor terase que acreditar mediante DNI ou Pasaporte.
• Non se admite cambio ou cesión do dorsal. En caso de que un corredor estea lesionado ou no poida ir por traballo ou outro motivo deberá anular a súa inscrición.
• Os dereitos de inscrición inclúen todos os servizos descritos no presente regulamento.
• A organización reservase o dereito de reducir o número de prazas por motivos de seguridadeou outros motivos que poidan afectar o bo desenrolo da carreira. En calquera caso, dita modificación será anunciada con suficiente antelación na web da carreira.
• A organización contratará un seguro de accidentes para todos aqueles participantes inscritos na proba

2. PERCORRIDOS:
O percorrido estará marcado pola organización convallas delimitadoras, frechas marcadas no pavimento e outros elementos de sinalización ubicados a intervalos regulares.
Estes percorridos serán publicados coa suficiente antelación na páxina web www.desafio42.com e constarán dunha imaxe aérea do percorrido , un perfil do desnivel e as características máis relevantes : tipo de terreo( asfalto/terra/pavés), dificultades que se atopan( costas moi marcadas, escaleiras, zoas de paso estreitos........etc). Tamén se acompañarán fotografías cando así o requiran certas zoas dos percorridos.
Será obrigatorio seguir o itinerario marcado por moi dificultoso que resulte, así como pasar por todos os controis de paso establecidos.
A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias nopercorrido ou incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen ou por outras causas de forza maior.


Modificación do percorrido e/ou suspensión da carreira.
No caso de malas condicións meteorolóxicas ou causas de forza maior, a organización reservase o dereito de suspender, neutralizar ou modificar as franxas horarias e/ou o percorrido e avituallamentos. Neste caso no se devolvería o importe da inscrición.
En caso de anulación da proba por causas de forza maior e con unha antelación de máis de 7 días respecto á fecha de saída, realizarase un reembolso parcial dos dereitos de inscrición. O importe fixarase en función da capacidade de reembolso da organización tras facer fronte ós gastos fixos non recuperables.
Se a proba se debera interromper e suspender nun punto do recorrido, a clasificación determinarasesegún a orde no último control de cronometraxe realizado.

3. AVITUALLAMENTOS

Os participantes terán puntos de avituallamento líquido e sólido durante o recorrido así como outro á chegada a meta. Os avituallamentos estarán colocados onde a organización o estime conveniente en función da climatoloxía e dos medios dispoñibles.

4. INSCRICIÓNS E USO DO CHIP DE CRONOMETRAXE

O prazo de inscrición é desde o 10 de Febreiro ata o 30 de Marzo. As inscriciónsrealizaranse a través da páxina webwww.championchipnorte.com facendo constartodos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
Tanto na categoría individual coma na de equipos os participantes poderán colaborar mediante 1€ solidario co proxecto social Discamino que axuda a persoas con minusvalía física a realizar tarefas deportivas. Máis información en http://nuncaserabastante.blogspot.com.es/
Os prezos da inscrición serán os seguintes:

II D3SAFIO42 OURENSE CATEGORÍA INDIVIDUAL:

• Do 10 de Febreiro ata o 20 de Marzo de 2015:
o 21,0975 km Xinzo de Limia: 10 €
o 11,0975 km de Carballiño: 7€
o 10 km Celanova: 5€
• Do 21 de Marzo ata o 30 de Marzo de 2015:
o 21,0975 km Xinzo de Limia: 13 €
o 11,0975 km de Carballiño: 10€
o 10 km Celanova: 7€
Os participantes que desexen optar á clasificación final do II d3safío 42, terán que inscribirse no II d3safio42 seleccionando o opción habilitada , do contrario non poderán optar os premios da categoría individual.

II D3SAFIO42 OURENSE CATEGORÍA POR EQUIPOS ( Os equipos deben conter polo menos unha muller entre os seus participantes)

• Do 10 de febreiro ata o 20 de Marzo de 2015:
o 30€ pola inscrición nas tres probas.
• Do 21 de Marzo ata o 30 de Marzo de 2015:
o 40€ pola inscrición nas tres probas.

Os equipos inscritos deberán darlle un nome ó seu equipo e presentar un corredor diferente por carreira para poder optar ós premios da categoría equipos.
Recibirán un único chip que terán que intercambiar entre os membros do equipo según a etapa que cada un deba realizar. Deberán entregar o chip prestado ó finalizar a última das carreiras.
Haberá unha única clasificación final de equipos independentemente do sexo dos seus compoñentes.

INSCRICIÓN NAS PROBAS DE CATEGORÍAS DE MENORES DO II D3SAFIO42 OURENSE( non se aluga chip)

A inscrición nas probas de menores é gratuíta. Os participantes que se inscriban nestas carreiras, coidarán de facelo na carreira e categoría que lles corresponda ou non poderán participar.
Nestas categorías de menores haberá que acreditar a idade do menor participante no momento de retirar o dorsal.
Os participantes nestas carreiras poderán colaborar con asociacións benéficas de cada unha das localidades polas que transcorre este II d3safío42



A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta de cumprir estes requisitos, aínda que se obtén un premio, deberá presentar a documentación que permita acreditar estes supostos nun prazo máximo de 5 días.

É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes
A organización contará con servizos médicos a disposición dos corredores, non obstante, recoméndalles ós participantes someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.

Unha vez inscrito na proba calquera corredor poderá solicitar a devolución da mesma en caso de que decida non participar. Os prazos para a devolución serán os seguintes:
• Dende a fecha de inscrición ata cerre de inscricións, o 70% del importe da inscrición.
• Toda persoa que presente un parte médico ou xustifique un problema de forza maior finalizado o prazo de devolución da inscrición, reservaráselle esta para o seguinte ano ou devolveráselle o 50% da inscrición ata unha semana antes do día de comezo da primeira das probas.
Toda petición de reembolso da cota de inscrición deberase realizar por escrito ó correo electrónicoinfo@moveservicios.esindicando os datos persoais, aportando o xustificante de pago e a numeración de unha conta bancaria onde a organización aboará o importe da inscrición que corresponda segundo o anteriormente establecido.


O prezo da inscrición inclúe:
• Avituallamentos establecidos pola organización.
• Asistencia sanitaria.
• Bolsa do corredor( 2 camisetas técnicas)a todos os participantes que se inscriban a todo o d3safío.
• Camiseta técnica para os corredores que se inscriban en probas individuais.
• Bolsa do corredor( 1 camiseta técnica) para cada membro dos equipos inscritos.
• Cronometraxe mediante chip.
• Seguro de accidentes deportivos.
• Diploma conmemorativo e acreditativo da marca realizada nos 42,195km do desafío.


5. RECOLLIDA DO DORSAL/CHIP

Os horarios de recollida nas diferentes probas será o seguinte.

• Xinzo de Limia: recollida dende as 08:00 ata as 09:30.
• Carballiño: recollida dende as 15:30 ata as 16:30.
• Celanova: recollida dende as 08:45 a 09:45

Si houbera calquera cambio de horario ou ubicación para estas recollidas,comunicarase en www.desafio42.com
Será obrigatorio levar o dorsal na parte dianteira sen dobrar durante toda a proba, quedando visible en todo momento.
O dorsal deberá gardarse hasta a clasificación final definitiva e o acto de entrega de trofeos.
Toda aquela persoa que participe na proba sen estar inscrita, sen dorsal, ou falseando os datos da inscrición, faino baixo a súa responsabilidade e sen ter dereito a ningún dos servizos e produtos ós que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente, podendo ser retirada da proba por calquera membro da organización.
Non está permitido ningún cambio de dorsal. De producirse esta circunstancia sería causa de descualificación.
O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillasantes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que nono leven non entrarán nas clasificacións.


6. CATEGORÍAS
Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:


PROMESA: anos 1993/94/95
SÉNIOR: anos 1981 ata 1992
VETERANOS/AS A35 anos 1976 ata 1980
VETERANOS/AS B40 anos 1971 ata 1975
VETERANOS/AS C45 anos 1966 ata 1970
VETERANOS/AS D50 anos 1961 ata 1965
VETERANOS/AS E55 anos 1956 ata 1960
VETERANOS/AS F60 anos 1955 e anteriores


7. HORA DE CIERRE DO CONTROL DE CADA PROBA

Debido a necesidade de mobilizar recursos materiais e humanos de unha proba a outra, e por axilizar a entrega de trofeos ou premios en algunha das probas, a organización do II d3safio42 Ourense establece os seguintes tempos de corte:
• ½ Maratón de Xnzo de Limia: 2h:30m
• 11,0975 km de Carballiño: 1h:30m
• 10 km Celanova : 1h:15m
Todos @s atletas que finalicen despois de estes tempos non poderán optar á clasificación final no II desafío42 Ourense.



8. OBRIGAS DOS PARTICIPANTES

O percorrido realizarase exclusivamente a pe. Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba polo recorrido oficial son os designados e acreditados pola Organización. Queda totalmente prohibido seguir ou acompañar ós corredores polo recorrido oficial a pe, en coche, moto, bicicleta ou levando animais atados, dado o perigo que poida supoñer para a seguridade dos mesmos.
Todo corredor participante estará obrigado ó seguinte polo mero feito de participar:

• Prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado, estando obrigado a comunicalo ó control máis cercan inmediatamente, ou avisar por teléfono á organización.
• Realizar o percorrido marcado pola Organización sen saírse del.
• Seguir en todo momento as instrucións dos membros da Organización e controis.
• Comportarse deportivamente e mostrarse respectuoso cos outros participantes , voluntarios e membros da organización.
• Desfrutar da proba de maneira responsable dando o mellor de si.

9. ASISTENCIA E SEGURIDADE DOS PARTICIPANTES

A Organización contará con un servizo médico ó servizo dos corredores dende 1 hora antes do inicio da carreira ata 1 hora despois da súa finalización, dispoñendo das ambulancias e vehículos de apoio necesarios que estarán presentes ó longo do recorrido e na saída/meta. Ademais prevense puntos estratéxicos para facilitar una eventual evacuación de algún corredor que o requira.
Polo mero feito de inscribirse, todos os participantes declaran estar en perfecto estado de saúde e aptos para a proba.
A organización da proba preverá os seguintes servizos en cuanto á seguridade dos participantes se refire:
• Servizos de asistencia sanitaria e ambulancias, como mínimo na saída e chegada.
• Equipo escoba que recorrerá a totalidade do itinerario no mesmo sentido da proba.
• A comunicación entre los controis, equipo escoba, saída e chegada e director de carreira.
• Plan de emerxencia e evacuación de participantes durante a carreira.
• Haberá varios equipos sanitarios itinerantes distribuídos en distintos puntos da carreira en función das prioridades médicas do momento.
• Dito isto, non se exime ós corredores da obriga de ofrecer asistencia a calquera outro participante que o necesite.
• Todos os corredores se someterán ó xuízo do médico, sendo a súa valoración la que prevalecerá ante calquera outra, polo que os sanitarios e médicos oficiais poderán:
• Eliminar da carreira (anulando o seu dorsal) a todo corredor no apto para continuar.
• Ordenar a evacuación de calquera corredor ó que consideren en perigo.
• Ordenar a hospitalización de calquera corredor que consideren necesaria.
A inscrición na proba implica a aceptación das normas e a adecuada preparación do participante para a carreira, sendo consciente da dureza das probas. Neste sentido, o participante exime á organización dos posibles problemas de saúde derivados da súa participación na carreira.
Os corredores inscritos entenden que participan voluntariamente e baixo a súa propia responsabilidade na competición e polo tanto, exoneran de toda responsabilidade á organización da proba econveñen en non denunciar á entidade organizadora, colaboradores, patrocinadores e outros participantes, así como tampouco iniciar ningunha reclamación de responsabilidade civil contra las citadas partes.

RETIRADA DE UN CORREDOR/A

A dirección de carreira e/ou o médico da organización, poderán retirar da competición a un corredor e quitarlle o seu dorsal, cando consideren que teña mermadas as súas capacidades físicas ou técnicas como causa da fatiga e o desgaste da proba, garantindo así a súa saúde. Nestes casos, a organización farase cargo da evacuación do participante.

10. CLASIFICACIÓNS


A clasificación de este IID3SAFIO42 OURENSEobterase da suma de tempos das tres carreiras obtido por cada un dos participantes. Isto quere dicir q para optar á clasificación final e a consecución de algún dos premios en metálico, os participantes deberán completar as tres probas das que conta este desafío.
Os premios de este II d3safio42 non son acumulativos. Ningún participante poderá percibir premio pola clasificación individual e pola clasificación por equipos conxuntamente.
Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as nas clasificacións individual e por equipos.
trofeo ó/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría.


Clasificación individual

1º posto: trofeo e 500 €
2º posto: trofeo e 300 €
3º posto: trofeo e 200 €
4º posto: 150 €
5º posto: 100 €
6º posto: 100 €
7º posto: 100 €
8º posto: 100 €

Clasificación equipos
1º posto: trofeo e 500 €
2º posto: trofeo e 400 €
3º posto: 300 €
4º posto: 200 €
5º posto: 150 €

O finalizar as diferentes probas, a organización facilitará as clasificacións por categorías cos tempos, fronte a cal se poderán reclamar no prazo de ½ hora dende o momento da súa publicación no caso das probas parciais, e no prazo de 1 hora no caso da clasificación final do desafío.
A non presenza no acto de entrega de trofeos entenderase como renuncia ós trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación en outra persoa por parte dos gañadores para a recollida dós trofeos e premios deberá ser coñecida e autorizada pola organización alo menos con 30 minutos de antelación á entrega.
Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor
(pasaporte) os estranxeiros.
Na finalización de cada unha das probas, non se realizará entrega de trofeos. No caso de que si se entregaran premios en algunha das carreiras, a organización proporcionará información da forma e contía de estes premios na páxina web do desafío.



11. DESCUALIFICACIÓNS

A descualificación de un participante producirase durante a proba sempre que incorra en calquera dos puntos indicados a continuación:
• Provocar un incidente deportivo (agresión ou insulto) a un competidor, membro da organización, do equipo arbitral ou espectador.
• Provocar un accidente de forma voluntaria.
• No prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado, estando obrigado a comunicalo ó control máis cercan inmediatamente.
• Que manifeste un mal estado físico ou psíquico.
• Que non realice o percorrido oficial marcado pola Organización ou no pasar por algún dos controis establecidos.
• Que manifeste un comportamento antideportivo.
• Que a sabendas da súa imposibilidade de participar na proba, proporcione datos erróneos para facelo.
• Non levar posto o dorsal, recortalo ou entrar sen el na meta.
• Refusar, quitar ou cambiar as marcas de sinalización postas pola organización.
• Non seguir as instrucións dos membros dos controis durante a carreira.
• Que a xuízo da Organización se incumpra algunha das normas da proba ou prexudique a imaxe da mesma.

Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.


12. RESPONSABILIDADES

A organización non se fai responsable dos danos que puideran causar ou causarse os corredores participantes por imprudencias ou neglixencias das mesmas. Igualmente, os participantes declaran estar en condicións físicas e psíquicas óptimas para realizar esta proba e o fan baixo a súa enteira responsabilidade, eximindo da mesma á Organización da proba. O inscribirse en esta carreira supón a aceptación plena de esta Normativa.
O participante exime de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da súa participación no evento (exemplo perdida de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos, agresións...)

13. OBXECTOS PERDIDOS

Unha vez finalizada a carreira, e durante un período posterior de 15 días, a organización gardará os obxectos olvidados e perdidos durante a carreira. Ó finalizar o prazo, a organización xa non responderá ás peticións dos propietarios.

14. DEREITOS DE IMAXEN

A entidade organizadora reservase en exclusividade o dereito sobre a imaxe da proba, así como a explotación audiovisual e periodística da competición. Calquer proxecto mediático ou publicitario deberá contar co consentimento da organización.

15. PROTECCIÓN DE DATOS

De acordo co establecido na Ley Orgánica 15/1999 de 13 de diciembre de protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluídos nun ficheiro privado propiedade de Move servicios de ocio y deporte S.L , organizador do desafío42 Ourense, con fins exclusivos de xestión da proba. Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico a info@moveservicios.es

16. MODIFICACION DO REGULAMENTO

No caso de que a organización se vexa obrigada, poderá modificar o presente regulamento. As modificacións serán debidamente comunicadas con antelación ós participantes.
A realización da inscrición implica o recoñecemento e a aceptación do presente regulamento.
Calquera circunstancia non prevista no presente regulamento será resolta ateñéndose ó criterio de dirección de carreira

REGULAMENTO DAS CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES

En cada unha das localidades onde se disputan as etapas de este II desafío42, celebraranse paralelamente probas para cativos.
Entregarase trofeo ó/á primeiro de cada categoría.
A entrega de trofeos realizarase ó rematar as diferentes carreiras de menores.
As inscricións deberán ser realizadas antes do día 30 de Marzo de 2015 no portal web www.championchipnorte.com. Cada neno/a participante poderá colaborar con 1€ de axuda para asociacións benéficas da súa localidade.
Cada nen@ recibirá un agasallo ó finalizar a carreira independentemente da súa clasificación.


CATEGORÍAS
• PITUFOS: nen@s nados no ano 2008 e posteriores.
• BENXAMÍN-ALEVÍN: nen@s nados en 2004-2005-2006 e 2007.
• INFANTÍL-CADETE: nen@s nados en 2000-2001-2002-2003.
• XUVENIL(*): nen@s nados no 1998-99
• JUNIOR: nen@s nados no 1996-97
* Na localidade de Xinzo de Limia os/as Xuveniles participarán conxuntamente cos infantís e cadetes. No resto das localidades participarán cos Junior na carreira absoluta pero nunha distancia menor.

HORARIOS:

XINZO DE LIMIA:
10:00 MEDIA MARATÓN DESAFIO-SAIRÁN JUNIORS CON ELES E DARÁN 1 VOLTA DE 7 KM
10:10 INFANTIL-CADETE-XUVENIL: 2000 METROS. 3 VOLTAS CIRCUÍTO.
10:30 BENXAMÍN-ALEVÍN: 1140 METROS, 2 VOLTAS CIRCUÍTO.
10:45 PITUFOS: 600 METROS, 1 VOLTA CIRCUÍTO.

O CARBALLIÑO:
17:00 INFANTIL-CADETE: 2.400M APROX. 1 VOLTA MEDIANA
17:30 D3SAFIO42 E XUVENIL/JUNIOR: (1 VOLTA Ó PERCORRIDO 5600M APROX)
17:40 ALEVÍN-BENXAMÍN: 3 VOLTAS CIRCUÍTO PEQUENO 1.100M APROX.
19:00 PITUFOS: 1 VOLTA CIRCUÍTO PEQUENO 335M APROX

CELANOVA:
10:40 INFANTIL-CADETE: 1811M APROX. 1 VOLTA MEDIANA
11:00 D3SAFIO42 E XUVENIL-JUNIOR: (1 VOLTA PEQUENA+1 VOLTA Ó CIRCUÍTO)
12:15 ALEVÍN-BENXAMÍN: 1 VOLTA MEDIANA 1032M APROX
12:30 PITUFOS 1 VOLTA PEQUENA 555M APROX