Calendario
Info da proba

Ares - Mugardos

28/12/2014 11:00 - 13:00
Regulamento
Carreira de fin de ano 2014 Ares-Mugardos-Ares

Data: domingo, 28 de decembro de 2014.
Hora: saída ás 11 da mañá.
Lugar: avenida de Mugardos no concello de Ares.
Distancia: 10.000 m aproximadamente.
Organiza: Concellos de Ares e Mugardos.
Inscrición: en Carreiras Galegas.



:: Comenta a Carreira Ares-Mugardos neste tema do foro ::

NORMATIVA DA PROBA:
- IDADE: Ter cumpridos 14 anos na data da proba.
- CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será por chip e realizada por xuíces da Delegación ferrolá da FGA.
- INSCRICIÓNS : Límite de 500 prazas. Ate o 23 de decembro na páxina carreirasgalegas.com

Retiradada de dorsais e agasallo no mesmo Pavillón polideportivo de Ares de 8,30 a 10,30 o día da proba.

PREZO DA INSCRICIÓN: 3 €. A ingresar a través da páxina web carreirasgalegas.com

- PERCORRIDO: Ares-Mugardos-Ares. Según rutómetro que segue.
Ás 11 horas concentración previa a saída da proba enfronte á pista exterior do colexio público de Ares, na Avda. Celso E. Ferreiro. Saída, dirixíndose rúa abaixo 50m. ata intersección ca Avda de Mugardos. Dirección paseo marítimo da vila de Ares, a través da Avda. de Mugardos, a partires de eiquí a proba discurrirá polo Paseo Marítimo da vila, xirando á esquerda ata Parque Rosalía, dende alí cruzará á Rúa do Mazote pola que seguirá ata entrar na AC130 en dirección a Mugardos pasando polo Alto de Simou, Avda. Francisco Yáñez Badía, ata a intersección no Cruce dos Catro Camiños, onde seguirá de fronte cara abaixo pola Rúa Os Corzás, ata a intersección ca Avda. de Mugardos, por onde seguirá tras xirar a esquerda e pasando pola Casa do Concello de Mugardos, ata a intersección ca rúa do Peteiro por onde seguirá ata a zona das Mareas, xirando neas altura á esquerda para continuar pola Rúa do Cristo pasando pola altura do Instituto, cruce do cemiterio e pavillón deportivo municipal, ata chegar á zona dos Catro Camiños, onde xirará a dereita para continuar pola de novo pola Francisco Yáñez Badía e AC130 dirección a Ares, xa alí entrada pola Avda de Mugardos e pequena subida ata a meta enfronte á pista exterior do colexio públicode Ares.
Chegada e fin da proba, sendo as 12 horas. Avituallamento sólido-líquido.

O tempo estimado da proba é de entre 32 min. ( o mellor dos tempos agardados) e 1 hora.

- Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta.

Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participarán no sorteo de cestas do Nadal.

As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para probas de estas características.

:: Comenta a Carreira Ares-Mugardos neste tema do foro ::


:: Comenta a Carreira Ares-Mugardos neste tema do foro ::