Calendario
Info da proba

Abegondo

07/12/2014 10:30 - 12:30
Regulamento
I Carreira Popular Abegondo
Carreiras populares Consorcio As Mariñas

Data: domingo, 7 de decembro de 2014.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: saída diante do Pavillón de Deportes de Abegondo.
Distancia: de 910 a 8.300 m.
Organiza: Consorcio As Mariñas e Concello de Abegondo.
Inscrición: en Carreiras Galegas.



:: Comenta a Carreira de Abegondo neste tema do foro ::


Regulamento

Art.1 ) O CONSORCIO AS MARIÑAS E O CONCELLO DE ABEGONDO organizan I CARREIRA POPULAR CONSORCIO AS MARIÑAS-CONCELLO DE ABEGONDO o domingo 7 de decembro do 2014, na localidade de ABEGONDO baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.

Art.2 ) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Art.3 ) CATEGORIAS
- Prebenxamins homes y Prebenxamin mulleres 2009/2008
- Benxamín homes y benxamín mulleres 2007/2006
- Alevín homes e alevín mulleres 2004/2005
- Infantís homes e infantis mulleres 2002/2003
- Cadete homes e cadete mulleres 2001/2000
- Xuvenil homes e juvenil mulleres 1999/1998
- sub 23 homes e mulleres 1997/1996/1995/1994/1993/1992
- Senior homes e senior mulleres desde 1991 hasta 34 años
- Veterans A (de 35 a 49 años) homes e veteranos A mulleres
- Veterans B (de 50 años hasta 111) homes e mulleres

Art.4 ) DISTANCIAS E HORARIOS
10:30 Carreira Absoluta (nados no ano 1997 e seguintes): 8300 mts aprox.
11:40 Carreira menores A ( Xuvenís, cadetes e infantís): 1800 mts aprox.
12:00 Carreira menores B (Alevíns e benxamíns): 910 mts aprox.
12:15 Carreira de Prebenxamíns.

Art.5 ) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída terá lugar diante do Pabellón de deportes do concello e o percorrido farase nas suas inmediacións.

Art. 6 ) INSCRICIÓNS
A inscripción será gratuita para todos os corredores e farase na paxina web www.carreirasgalegas.com e permanecerá aberta ata o 4 de decembro do 2014 ata as 22:00.

Hai dúas modalidades de inscrición. Por un lado podes inscribirte na carreira de Abegondo con custo de 0 euros. Ou facelo no circuíto o cal te permitirá correr a custo 0 tanto na carreira de Abegondo coma na que se celebrará o próximo día 28 de Decembro en Betanzos.

Non se permitirán inscricións fora de plazo, nin o día da carreira.

Art.7 ) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Nas inmediacions da saída o mesmo dia da carreira ata 45 minutos antes da saída de cada carreira. O chip estará adosado o dorsal polo que é importante no manipulalo nin despegalo.

Art 8 ) PREMIOS
Terán trofeo os gañadores de cada categoría (agás nos prebenxamíns) así como o gañador e a gañadora da carreira absoluta.

Entregaraselle tamén medaias o segundo e terceiro clasificado de cada categoría (agás nos prebenxamíns).

A carreira dos prebenxamins non terá clasificación final, premiando a cada un dos participantes cunha medaia conmemorativa o cruzar a línea de chegada.

Art. 9 ) Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descalificado.

Art. 10 ) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.

Art. 11 ) As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 12 ) SERVIZOS: persoal sanitario, ambulancia, duchas, avituallamiento...

Art. 13 ) Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.


:: Comenta a Carreira de Abegondo neste tema do foro ::