Calendario
Info da proba

Carballo

27/12/2014 16:00 - 18:00
Regulamento
II Pedestre do Anllóns
Trofeo de Nadal





ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto coa FGA e a empresa Viraxes sl a 2ª edición da Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal. Os Muditos é un club de atletismo de nova creación que pretende promocionar este deporte en Carballo; ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello organizamos esta carreira no Anllóns pois é sen ninguna dúbida o millor lugar en Carballo para realizar unha carreira pedestre, onde se fomenta a práctica de actividade física saudable nun marco incomparable escapando do bullicio de coches do centro e tamén case sen tocar o asfalto, desenvolvéndose a proba por camiños de zahorra, herba e terra ao largo do río e rodeado de árbores e tranquilidade.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Policia Local Carballo, PC Carballo, , Coca-cola, Decathlon Marineda, Deputación da Coruña…
Patrocinan a proba entre outras as seguintes empresas: …
LUGAR DE SAÍDA:
Pavillón Vila de Noia.

CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2008 E POSTERIORES
BENXAMÍN NADO/AS 2006 E 2007
ALEVÍN NADOS/AS 2004 E 2005
INFANTIL NADOS/AS 2002 E 2003
CADETE NADOS/AS 2000 E 2001
XUVENIL-XUNIOR NADOS/AS ENTRE 1996 E 1999
PROMESA-SENIOR NADOS/AS 1995 ATA 35
VETERANO A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 50 ANOS
VETERANO B DESDE QUE CUMPREN 50

HORARIO CATEGORÍAS DISTANCIA
16:30 H Xuvenil-Xunior, Promesa-Senior, Vet A e Vet B 6,62 km
17:20 H Cadete e Infantil 2,1 km
17:40 H Alevín e benxamin 460 m
17.50 H Pitufos 100 m
18:00 H ENTREGA DE PREMIOS E SORTEO

RECORRIDOS

Carreira de maiores 6,62 km

Carreira cadetes e infantís 2,1 km

Carreira alevíns e benxamíns 460 m

Carreira pitufos 100 m
A organización se o paseo do río está inundado ten previsto un recorrido alternativo para a carreira de maiores e a de infantís-cadetes.

INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 300 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de maiores é o martes, 23 de decembro ás 24:00, xa que esta proba será controlada por chip.
Para inscribirse na carreira de maiores realizarase na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com sendo necesario en todos os casos aportar os seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade, federado ou non email de contacto e teléfono.
As inscricións das probas de nen@s permanecerán abertas hasta o día 23 de decembro ás 24:00. Non levan chip. Os datos necesarios para a inscriciónd@spequen@s serán os seguintes: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, autorización pai/nai.
Na categoría de pequen@s non hai límite de participantes.
A inscriciónpara as categorías de pequen@s realizarase na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O venres, 26 de decembro poderanse retirar os dorsais e os chips na tenda de Decathon Marineda en horario laboral (de 09: a 22:00 hs) e tamén o mesmo día da pedestre, atá media hora antes do comezo de cada proba.
CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Arbitro, non mais tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
Os puntos kilométricos estarán señalizados na carreira dos maiores.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de cada proba.

AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita…
Tamén se dispondrá no pavillón Vila de Noia de duchas con auga quente.
Darase o final da proba un chocolate.

PREMIOS E SORTEO DE PRODUTOS DE NADAL
Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada categoría, menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Recibirán trofeo/medallas @s tres deportistas que melloren máis os tempos con respecto ós realizados no ano 2013.
Tamén se entregará un premio ao deportista máis veteran@.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificado/a do concello de Carballo.
A entrega de premios será ás 18:00 hs no pavillón municipal da Vila de Noia.
Debido o carácter festivo da proba realizarase un sorteo de produtos de Nadal donados por diferentes casas comerciais de Carballo antes da entrega de premios.

SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada por o club deportivo Os Muditos. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexisare polas normas da FGA, RFEA e IAAF.

RÍO ANLLÓNS O SEU PASO POR CARBALLO