Calendario
Info da proba

As Pontes

31/12/2014 17:00 - 18:30
Regulamento
IV San Silvestre Pontesa

Data: mércores, 31 de decembro de 2014.
Hora: 17:00 h.
Lugar: Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María).
Distancia: de 150 a 5000 metros aproximadamente.
Organiza: Concello de As Pontes (Concellería de Deportes) e Club Atletismo Olympo.
Inscrición: en Carreiras Galegas.
Web: Atletismo Olympo.



:: Comenta a San Silvestre Pontesa neste tema do foro ::


REGULAMENTO
Artigo 1. O Concello de As Pontes e o Club Atletismo Olympo, organizan a IV San Silvestre de As Pontes, que se celebrará sobre unha distancia aproximada de 5 km en ruta. A proba estrá baizo o control técnico do Comité Galego de Xuízes da Federación Galega de Atletismo.

Trátase dunha proba eminentemente festiva, para disfrazarnos e divertirnos para despedilo ano e dar a benvida ao 2015, polo que a organización agradece e premia que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba.

Artigo 2.
Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados. A Saída e Chegada farase na Rúa Alexandre Bóveda (diante do Colexio Público Santa María), comezando polas categorías mais pequenas.

Artigo 3. A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba ata 30 minutos antes da saída da Carreira, na carpa situada no interior do Colexio Santa María.

Artigo 4.
Non se permitirá o acompañamento de ningún atleta, por vehículos alleos á organización, serán descalificados. Cortaráse o trafico na totalidade do percorrido da carreira.

Artigo 5.
Inscripcións:
As inscripcións, consulta de clasificacións e tempos, realizaranse na páxina web http://atletismoolympo.wordpress.com/ ou en http://www.carreirasgalegas.com/calendario excepto na modalidade de andaina, que non se tomarán tempos, debido a o seu carácter lúdico.

Artigo 6.
As inscripcións rematarán o día 28 de Decembro ás 23:59. Non se aceptarán inscripciónns o mesmo día da carreira.

Artigo 7.
Establécense as seguintes categorías:
- Biberón-Prebenxamín: 150 m (nados en 2007 e menores)
- Benxamín-Alevín: 500 m (nados en 2005-2006 e 2003-2004)
- Infantil-Cadete: 1000 m (nados en 2001-2002 e 1999-2000)
- Absoluta: 5000 m (nados en 1998 e maiores)
- Andaina: 2500 m (todas as categorías)

Artigo 8. A Organización establecerá os seguintes premios e obsequios:
- Premio ao mellor disfraz das categorías infantís:
- Premio ao mellor disfraz da categoría individual Absoluta:
- Premio ao mellor disfraz por parexas da categoría absoluta:
- Premio ao mellor disfraz de grupo da categoría absoluta:
- Sorteo de productos navideños ao rematar a entrega de premios.
- Avituallamento final para todos os participantes.
- Non entrarán en concurso os disfraces comprados, valorarase a imaginación dos participantes.

Premios Categoría Absoluta:
1º Clasificado/a : Regalo
2º Clasificado/a : Regalo
3º Clasificado/a: Regalo

Premios Categorías Infantís:
1º Clasificado/a : Regalo
2º Clasificado/a : Regalo
3º Clasificado/a: Regalo

Servicio Para os Atletas

- Servizo de Gardaroupa.
- Servizo de Duchas (Piscina Municipal)
- Chocolate quente para os participantes na carreira.
- Servizo de Ambulancia e Seguro deportivo do atleta e de Responsabilidade Civil.

Artigo 9. A Organización reservarase o dereito a solicitar o DI ou documento acreditativo da identidade e/ou idade do participante en caso de duda ou posterior reclamación que poda afectar á entrega de premios da categoría afectada.

Artigo 10. Descalificacións. Calquer atleta poderá ser descalificado por non levar dorsal ou non levalo de forma visible, e a todo o ancho na zona do peito; por mal estado físico do deportista ou participar co chip ou dorsal doutro corredor; por participar con un dorsal non autorizado, entrar na meta sen dorsal ou non levalo colocado correctamente; por non atender as indicacións da organización e/ou Xuíces e por conductas antideportivas.

Artigo 11. Todos os participantes, polo feito de tomala saída, aceptan o regulamento. Todo o non previsto no mesmo, resolverase según o establecido no regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta. As reclamacións poderán realizarse ao Xuíz árbitro da Competición co prazo máximo de 30 mínutos despois da publicación dos resultados.

O Concello de As Pontes e o Club Atletismo Olympo, na IV San Silvestre Pontesa, conta co apoio e axuda dos seguintes patrocinadores: Opticalía Callao, Galiorient, Lecar 712, Deportes Equipa, La Mercería, Frutería Luís Mourela, Quiromasajista J.A.Saavedra e aos Colaboradores como: Policía Local de As Pontes, Protección Civíl de As Pontes, Grupo Ciclista Rubi4, Abrente.

Percorrido 150 metros:

Percorrido 500 metros:

Percorrido 1000 metros:

Percorrido 2500 metros: Categoría Absoluta 2 Voltas/ Andaina 1 Volta

:: Comenta a San Silvestre Pontesa neste tema do foro ::



:: Comenta a San Silvestre Pontesa neste tema do foro ::