Calendario
Info da proba

Lestedo

21/02/2015 All Day Event
Regulamento
III Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro


A III CARREIRA DA FILLOA, con subida ata o Pico Sacro terá lugar en Lestedo con motivo da festa da filloa.

Despois da carreira haberá filloas e pinchos para todos os participantes no campo da festa (a 500 metros da saída), contaremos cun toldo por si o tempo non acompaña.


Data: 21 de febreiro do 2015.
Hora: a partires das 17:00 h.
Lugar: Lestedo (indicacións como chegar máis abaixo).
Distancia: apro. 9.000 m.
Inscrición: Carreira absoluta (5 €) e carreira de escolares (gratuita).
Formas de pago:

1. Mediante ingreso ou transferencia bancaria: Abanca ES33 2080 1196 5630 4000 1032 (Titular: Ramón Iglesias Rey). Concepto: Carreira Lestedo e nome do participante. Envia rxustificante de pago a 39segundos@gmail.com indicando: nome e apelidos, DNI, fecha de nacimemento e clube (se procede).
2. Pago o propio día da carreira.

Rogamos que tódolos participantes cubran o formulario de inscrición presente na web: 39 segundos


DESCRIPCIÓN DA CARREIRA

Como chegar:

A saída da carreira será diante do campo de fútbol de Lestedo (Concello de Boqueixón). Coordenadas GPS:
42º 48' 04,12" N
8º 27' 44,37" O

Os coches poderánse aparcar no propio terreo de xogo. As duchas (cedidas polo concello) son as do campo de fútbol, polo que non haberá que desprazarse para ducharse.

Hora/Distancia:

- ESCOLARES: 16:30 h.
CATEGORIA 1: Nacidos entre 1998-2002 -> 2 voltas de 800m (aprox. 1.600m)
CATEGORIA 2: Nacidos entre 2003-2005 -> 1 volta de 800m
CATEGORIA 3: Nacidos despois de 2006, inclusive -> 200m.
- ABSOLUTA: 17:00 h. A partir dos 18 anos -> 9 km.

NOTA: Os menores de 18 años que queiran participar na categoría absoluta, deberán cumplimentar unha autorización (descargar na web da carreira). Poderán enviala por correo electrónico a 39segundos@gmail.com

Premios:

- Trofeo aos 10 primeiros clasificados masculinos da categoría absoluta e as 5 primeiras clasificadas femeninas da categoría absoluta.
- Trofeo para o clube gañador da proba absoluta.
- Premio para o primeiro clasificado masculino e primeira clasificada femenina da categoría absoluta do Concello de Boqueixón.
- Medallas para os participantes que finalicen a proba de escolares.


Inscripción e reglamento na web: 39 segundos

FECHA LIMITE DE INSCRICIÓN: 18 febreiro do 2015 (NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO)
LÍMITE DE INSCRICIÓNS: 300 persoas na absoluta e 50 escolares.