Calendario
Info da proba

Cangas

07/12/2014 10:00 - 13:15
Regulamento
XLI Trofeo de Pedestrismo Concello de Cangas
Memorial Pepe Cordeiro

Data: domingo, 7 de decembro de 2014.
Hora: a partires das 10:00 h.
Proba absoluta ás 12:15 h.
Lugar: absoluta con saída do Porto de Aldán e meta na Estación de Autobuses.
Distancia: ata 10.000 m.
Organiza: Club Atletismo Vila de Cangas.
Inscrición: Ver punto 3 do regulamento. Ata o 2 de decembro en Championchip Norte.
Web: I Tour Running Rias Baixas



:: Comenta o Trofeo de Pedestrismo de Cangas neste tema do foro ::

Perfil da proba (clic para ampliar)

Vídeo do percorrido polo foreiro Jorge13cr.


REGULAMENTO

1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e a Deputación de Pontevedra, organizan o XLI TROFEO DE PEDESTRISMO - Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o domingo, día 7 de decembro de 2014.

2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
- Minibenxamín (2008-09)
- Benxamín (2006-07)
- Alevín (2004-05)
- Infantil (2002-03)
- Cadete (2000-2001)
- Xuvenil / Xunior (1996-97-98-99)
- ABSOLUTA: Promesa / Senior / Veteráns (1995 en adiante)

CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA

- 10.00 h: BENXAMÍN ........................................................ 500 m.
- 10.15 h: ALEVÍN .......................................................... 1.000 m.
- 10.30 h: INFANTIL ....................................................... 1.500 m.
- 10.45 h: MINIBENXAMÍNS ................................................ 250 m.
- 11.00 h: CADETE MULLERES .......................................... 2.000 m.
- 11.15 h: CADETE HOMES ............................................... 3.000 m.
- 11.30 h: XUVENIL-XUNIOR ............................................ 6.000 m.
- 12.00 h: ENTREGA TROFEOS

CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS

- 12:15 h: CATEGORIA ABSOLUTA: (PROMESA – SENIOR - VETERÁNS - homes e mulleres): Saída: Porto de Aldán / Meta: Estación de Autobuses ......... 10.000 m.
- 13.30 h: ENTREGA TROFEOS

3. INSCRIPCIÓNS:
- As inscricións deberán efectuarse antes das 23.30 h do martes 2 de decembro. O coste da inscripción será de 5 € para os participantes da carreira absoluta de 10.000 m., que ademáis levarán chip de control de tempos. No resto de categorías, a inscrición é gratuita.
- As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET, e as menores deben seleccionar a opción de desconto para que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto sin que lle corresponda por categoría serán borradas da inscrición.
- Tódalas inscricións, incluidas as dos menores, formalizaranse na web: www.championchipnorte.com
- Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.

4. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles un servicio de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas ás 10.15 h e 10.30 h, e que terá un importe de 1 € a ingresar coa inscrición.

5. A organización habilitará un vehículo especial no Porto de Aldán para os participantes na carreira de 10.000 m., para o traslado das mochilas/bolsas ata a zona de meta en Cangas.

6. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa publicidade.

7. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais.

8. Será gañador/a do XLI Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a clasificado/a da proba absoluta dos 10.000 m., é entregarase trofeos ó segundo/a e terceiro/as desta categoría única.

9. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías restantes, e asimesmo entregaranse medallas do 4º o 10º clasificado nas categorías minibenxamín / benxamín / alevín e infantil.

10. Os dorsais deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo menos 45’ antes do inicio da proba:
- CARREIRAS MENORES: Praza de Abastos
- CARREIRAS ABSOLUTAS: Nave Deportes Naúticos de Aldán

11. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.

12. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os pos ibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade.

13. Nesta edición, o evento complementase coa organización do “I TOUR RUNNING RIAS BAJAS”, organizado pola Deputación de Pontevedra, sendo o mesmo circuito e horario de saída para todo-los participantes inscritos na carreira absoluta (senior+veteráns).

14. O contido do regulamento do TOUR vai dirixido os atletas que participaron nas dúas carreiras anteriores, celebradas en Tui e Moraña, respetando para esta proba o regulamento xeral establecido para o evento.

15. O rematar a carreira, procederase a entrega de trofeos aos vencedores da categoría absoluta do XLI Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas e a continuación procederase a entrega final aos vencedores do “I TOUR RUNNING RIAS BAJAS”, nas súas respectivas categorías.

16. A inscripción neste XLI Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento.

:: Comenta o Trofeo de Pedestrismo de Cangas neste tema do foro ::

Esta proba forma parte do I Tour Running Rías Baixas: máis información, horarios, regulamento, recorridos na web, facebook e twitter do Tour.

Web do I Tour Running Rias Baixas
Facebook do Tour
Twitter do Tour



:: Comenta o Trofeo de Pedestrismo de Cangas neste tema do foro ::