Calendario
Info da proba

Sigüeiro-Oroso

25/04/2015 17:45 - 21:00
Regulamento
III Carreira Pedestre Popular Concello de Oroso


Data: 25 de abril de 2015
Hora: De 17.30 a 21.00 horas. Ver no regulamento.
Lugar: Sigüeiro, Oroso.
Distancia: de 200 a 10000 m.
Inscrición: ata o mércores 22 de abril ás 22 horas.
Web: www.carreirasgalegas.com e Delegación en Santiago da FGA (www.fgatletismo.es/santiago)



III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO

Sábado 25 de abril de 2015
Sigüeiro - Oroso
A partir das 17:30 horas


REGULAMENTO

1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.

2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

3.- A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite: mércores 22 de abril ás 14 horas.

A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 22 de abril ás 22 horas).

PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA

PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada no Centro Cultural a carón da SAIDA das probas e fronte a Casa do Concello o sábado 25 de abril de 10:30 a 14:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo en xornada de mañán). En xornada de tarde haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.




5.- PREMIOS

Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba junior–promesa, senior e veteranos masculino e feminino.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas todos os participantes, non haberá trofeos para esta categoría.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.

6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.

7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.

8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.

9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.

11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.

Categorías e horarios

CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Junior-Promesa 1993-1994-1995-1996-1997 17:30 h 10.000 m
Senior 1992 ata veteranos 17:30 h 10.000 m
Veterano A masculino Nados entre 1980 e 1970 17:30 h 10.000 m
Veterano B masculino Nados entre 1969 e 1960 17:30 h 10.000 m
Veterano C masculino Nados no 1959 e anteriores 17:30 h 10.000 m
Veterana D feminino Nados entre 1980 e 1965 17:30 h 10.000 m
Veterana E feminino Nados no 1964 e anteriores 17:30 h 10.000 m
Pitufo Nados en 2010 e posteriores 18:30 h 300 m
Prebenxamín Nados en 2008-2009 18:40 h 300 m
Benxamín 2006-2007 18:50 h 1000 m
Alevín 2004-2005 19:00 h 2000 m
Infantil 2002-2003 19:15 h 2000 m
Cadete 2000-2001 19:30 h 3000 m
Xuvenil 1998-1999 19:45 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:30