Calendario
Info da proba

Pereiro de Aguiar

23/11/2014 10:30 - 13:30
Regulamento "XVIII CROSS GUILLELME BROWN" - Pereiro de Aguiar



O Colexio GUILLELME BROWN celebrará a partir das 10:30 horas do domingo 23 de novembro de 2014 o "XIX Cross Guillelme Brown", con participación nas categorías Pre‑benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Absoluta e Pais/Nais/Profesores do colexio, atendendo ás seguintes normas:

1.‑ CATEGORÍAS:

. Pre‑benxamín: Nados/as nos anos 2008 e posteriores.
. Benxamín Feminino: Nadas nos anos 2006‑2007.
. Benxamín Masculino; Nados nos anos 2006‑2007.
. Alevín Feminino: Nadas nos anos 2004‑2005.
. Alevín Masculino: Nados nos anos 2004‑2005..
. Infantil Feminino: Nadas nos anos 2002‑2003.
. Infantil Masculino: Nados nos anos 2002‑2003.
. Cadete Feminino: Nadas nos anos 2000-2001
. Cadete Masculino: Nados nos anos 2000-2001
. Xuvenil Feminino: Nadas nos anos 1998-1999
. Xuvenil Masculino: Nados nos anos 1998-1999
. Absoluta: Nados/as nos anos 1997 e anteriores.
. Pais/Nais/Profesores do colexio.

2.‑ HORARIOS E PERCORRIDO:

O percorrido, parte terra e herba, parte asfato, realizarase polo interior do colexio, sendo cada volta de 820 metros para todas as categorías agás os Pre-benxamíns, que recorrerán un circuito máis pequeno. Aproximadamente 400 metros

10:30 horas ‑ Saída categorías Cadete/Xuvenil feminino. (3 voltas)
10:45 horas ‑ Saída categorías Cadete/Xuvenil masculino. (4 voltas)
11:00 horas Saída categoría Infantil feminino. (2 voltas)
11:15 horas ‑ Saída categoría Infantil masculino. (3 voltas)
11:30 horas ‑ Saída categoría Alevín feminino. (1 volta)
11:45 horas ‑ Saída categoria Alevín masculino. (2 voltas)
12:00 horas.- Saída categoría Benxamín feminino. (1 volta)
12:10 horas.‑ Saída categoría Benxamín masculino. (1 volta)
12:20 horas.‑ Saída categoría Pre‑benxamín. (Media volta)
12:30 horas.‑ Saída categoría Pais/Nais/Profesores do colexio. (2 voltas)
12:45 horas.‑ Saída categoría Absoluta. (5 voltas)
13:30 horas.‑ Entrega de Trofeos.

3.‑ PARTICIPACIÓN:

Poderán participar todos os colexios, clubes e asociacións convidadas ao efecto cun só equipo por categoría sen número límite de corredores/as, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.

4.‑ INSCRICIÓNS:

As inscricións realizaranse por escrito en impresos separados por categorías e equipos.

Remitiranse ao colexio Guillelme Brown, preferiblemente por email a dirección seguinte no formato habilitado para facelo. (administracion@guillelmebrown.es), Tamén por teléfono (988‑259589) antes do xoves 28 de novembro . Tame´n o correo: dizxinzo@hotmail.com

A organización, na medida que poida realizalo ese día poderá realizar mais inscripcións ou cambios, estos cambios polo menos 30 minutos antes da proba.

5.‑ DORSAIS:

Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos mínimo antes do inicio do cross.

6.‑ CLASIFICACIÓNS:

Establécense dúas clasificacións:

a ) Individual; segundo a orde de entrada en meta.
b ) Por equipos; sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor número de puntos.

7.‑ PREMIOS E TROFEOS:

a ) Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculino como feminino.
b ) Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c ) Camisetas a todos os participantes que cheguen á meta.

A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta, tanto masculino como feminino).

8.‑ OUTROS APARTADOS:

- Debido o carácter popular e sobre todo gratuito da proba o colexio contará con 300 bolsas deportivas agasallo para os participantes que serán especialmente para as categorías escolares e os adultos en función da súa orde de chegada ata acabar existencias.
‑ Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio, unha vez avisados polos xuíces.
- Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na ficha de inscrición o seu número.
‑ Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que se deriven da mencionada proba.
‑ O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.
- Debido ao espíritu totalmente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións.
- Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo.