Calendario
Info da proba

Vigo - AVEMPO

23/11/2014 11:00 - 13:00
Regulamento
II Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, Vigo

Data: domingo, 23 de novembro de 2014.
Hora: 11:00 h.
Lugar: Alameda Suárez Llanos (Bouzas), Vigo.
Distancia:
- 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5400 m.
- 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10800 m.
Organiza: Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO).
Inscrición: Ver no regulamento máis opcións de inscrición.
ata o 20 de novembro en Carreiras Galegas.

Prueba de 5.400 m


Prueba de 10.800 m


:: Comenta a Carreira AVEMPO neste tema do foro ::


¿QUE É AVEMPO?

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) naceu o 16 de Outubro de 1996 coa misión de axudar, informar e mellorar a calidade de vida dos afectados de esclerore múltiple e o seu entorno. Dende os seus comezos, AVEMPO configurouse como unha organización sen ánimo de lucro e adherida á Asociación Española de Esclerosis Múltiple (AEDEM).

Como socios de AVEMPO, tódolos afectados de esclerose múltiple da provincia contan cun espazo onde centra-la busca de solucións e compartir as súas preocupacións con outras persoas coa mesma enfermidade. Na sede da asociación, eixo da nosa labor, tódolos socios que o precisan e desexan poden obter información e beneficiarse dos servizos que ofrece AVEMPO: fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, traballo social, psicoloxía, ioga e pintura.

Tras moitos anos de loita, a reducción de axudas que vimos sufrindo por mor da crise económica nos últimos tempos, fai que a participación social e solidaria con entidades como a nosa sexa máis importante e necesaria ca nunca. Precisamos axuda, a túa axuda.


REGULAMENTO

ORGANIZACIÓN
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, organiza a II Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple.

DATA
A proba celebrarase o domingo 23 de Novembro, ás 11:00 horas.

PERCORRIDO E DISTANCIA
O circuito da carreira terá o seguinte trazado: Plaza M. Diego Santos – Rúa Pazo – Plaza da Vila de Bouzas – Rúa Santo Cristo – Rúa Eduardo Cabello - Av. Beiramar - Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso - Rúa Camilo Veiga Prego – Rúa Tomás Paredes– Av. Castelao – Rúa Pardaiña – Camiño Caringosta – Av. Atlántida – Rúa Ferreiros – Plaza M. Diego Santos. A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos (Bouzas).

Dúas distancias opcionais:
- 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5400 m.
- 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10800 m.

AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as probas, na Alameda Suárez Llanos. Ademáis, os participantes da 10K terán un avituallamento líquido ao inicio da segunda volta.

PECHE DE CONTROL
O tempo máximo para realiza-la proba será de 1 hora 30 minutos. Transcorrido este tempo, os corredores que sigan en carreira deberán retirarse do circuito.

PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.

Como caso excepcional e sempre baixo a responsabilidade dos país e/ou representantes legais, na categoría SUB 24permitirase a participación aos maiores de 15 anos.

Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero sí queiran contribuir a que AVEMPO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscriciónun donativo para a asociación.

INSCRICIÓN
A cota de inscrición será de:
- 5K: 5 € para tódalas categorías.
- 10K: 7 € para tódalas categorías.

A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a disposición dos interesados en:
- Sede de AVEMPO: sita en Rúa Camilo Veiga, nº44- Planta Baixa (Bouzas), Vigo.
- www.carreirasgalegas.com
- En efectivo na sede de AVEMPO
- A través das opción de pago que ofrece www.carreirasgalegas.com

* Especificacións sobre a inscrición de menores de idade:
A participación dun menor na carreira esixirá, ademáis, que os seus representantes legais presten o seu consentimento escrito. Dito documento poderá ser lido e asinado:
- Na sede de AVEMPO.
- Na recollida do dorsal o día da carreira.

Prazo de inscrición: do 08 de Novembro ao 20 de Novembro ás 15:00 h.

En todo momento, os participantes poderán consultar o estado da súa inscrición no apartado correspondente de www.carreirasgalegas.com. Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.

As 300 primeiras inscricións, para calqueira das distancias e categorías, recibirán como agasallo unha camiseta técnica da carreira, que se lle entregará no momento da recollida do dorsal.

DORSAIS E CHIPS
A recollida de dorsais e chips poderá realizarse:
- O 22 de Novembro, entre as 11:00 e as 20:00 horas, na sede de AVEMPO
- O 23 de Novembro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na Alameda Suárez Llanos (Bouzas).

Aconséllase a tódolos participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible.

Para a recollida será preciso presentar o DNI co cal se realizou a inscrición. No caso de menores, deberán ir acompañados do seu representante legal.

Durante a carreira, os participantes deberán levar o dorsal e o chip, ben fixados, en calquer parte do corpo que sexa visible frontalmente. Todo corredor que chegue á liña de meta sen o seu dorsal/chip ou non o leve colocado de xeito correcto poderá ser descalificado.

Non se descalificará a ningún atleta por levar auriculares durante a proba.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O sistema de cronometraxe será facilitado pola Federación Galega de Atletismo. O uso incorrecto do chip será considerado motivo de descalificación.

CATEGORÍAS
Haberá unha soa clasificación conxunta para cada distancia, distinguindo na misma as seguintes categorías:
Sub 24 15 a 24 anos.
Sénior 25 a 34 anos.
Veterán A 35 a 44 anos.
Veterán B 45 anos ou máis.

Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría en liña de saída para a constitución da mesma. Os atletas das categorías non constituidas pasarán a formar parte da categoría inmediatamente anterior á que lle correspondía.

PREMIOS
Os premios, tanto na distancia 5K coma na 10 K, serán os seguintes:
- Categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B

Medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino).

- Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta (masculino e feminino) recibirán un trofeo acompañado dun agasallo.

* A organización descarta a duplicidade de premios:os participantes que resulten premiados na carreira absoluta, quedarán excluidos de selo nas categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Servizo de Gardarroupa: a organización porá á disposición dos corredores un emprazamento onde deixar as súas pertenzas controladas durante aduración da proba.

Servizo de Duchas: no Pavillón de Bouzas, a disposición dos participantes ao finaliza-la proba.

Servizo de Fisioterapia: os atletas que o desexen poderán acceder a unha sesión no stand que a Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigocolocará no evento.

Dispositivo sanitario de emerxencias: unha ambulancia de Protección Civil do Concello de Vigo estará a disposición de aqueles corredores que presenten algún tipo de molestia dende media hora antes de dar comezo a proba ata media hora despois do peche de control.

RESPONSABILIDADE
Este evento está amparado por unha poliza de segurode Responsabilidade Civil.
Os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan participar no mesmo baixo a súa responsabilidade e propio risco. No momento da inscrición, manifestan atoparse físicamente aptos para completar o percorrido da proba con seguridade e se
comprometen a colaborar coa organización na prevención de accidentes personais na medida das súas posibilidades.

A inscrición é personal e intransferible. Baixo ningún concepto se poderá transferir a participación a outra persoa por motivo de non poder acudir o díada proba.

Os representantes legais dos participantes menores de idade comprométense a estar presentes durante todo o desenvolvemento da proba, dende a recollida do dorsal ata que o menor cruce a liña de meta e faga uso dos diferentes servizos.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
1. A organización resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquer participante que, entre outros aspectos, falsifique os seus datos persoais,reflicta mal estado físico, non realice o percorrido completo, vaia acompañado de animais, cometa algunha infracción de este regulamento, ou manifeste un comportamento antideportivo.

2. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

3. Ao cumplimentar a inscrición e en conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, os partipantes (ou os seus representantes legais nocaso de menores) autorizan expresamente a que os datos persoais contidos no formulario de inscrición, facilitados de xeito voluntario, sexan incluídos nun ficheiro baixo a responsabilidade da Federación Galega de Atletismo coa única
finalidade de asegurar a correcta organización da carreira (identificación de inscritos, xestións administrativas, clasificación e premios…) Concluida a proba, este ficheiro será eliminado.

4. Ao cumplimentar a inscrición, os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan e autorizan expresamente a publicación das fotografías nas que aparezan, durante todo o proceso da proba, con fins publicitarios e divulgativos.

5. A organización garante o reintegro das cuotas de participación no caso de cancelación do evento, por causas propias ou alleas. En tal suposto, este reintegro se fará efectivo na sede de AVEMPO, sita na Rúa Camilo Veiga, 44- Plantal Baixa(Bouzas); no plazo de 30 días naturais dende a data prevista para a carreira.

6. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece alei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.


:: Comenta a Carreira AVEMPO neste tema do foro ::