Calendario
Info da proba

San Cibrao das Viñas

21/12/2014 11:30 - 12:30
Regulamento
XIII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS
CAMPIONATO PROVINCIAL 10 KM
21 de decembro de 2014



SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA

INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE 5 KM E 10 KM
Presenciais: Coolsport (R./ Ramón Cabanillas, nº 2) ata o martes día 16 de decembro
Pola web en www.championchipnorte.com ata o mércores día 17 de decembro
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten), se é federado ou non e tamén se está empadroado no Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou do Polígono de Barreiros pola outra.

NOTA IMPORTANTE
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluíndo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 5€. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Coolsport.

AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS
FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP

INFORMACIÓN
tlf. 647913079
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es

HORARIO
11:30 horas: saída da carreira adultos e nenos
12:30 horas: saída carreira pitufos
Ágape e chocolatada para os participantes
13:00 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos

REGULAMENTO XERAL

1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920

2. A recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o día 21 de decembro a partir das 8:30 horas

3. O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 5 km para as categorías A – B- C- D e de 10 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os nenos/as pararán na primera volta (5 km) e os restantes corredores completarán dúas voltas (10 km). O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se percibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen o dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolver o chip o finalizar a proba para optar aos obsequios.

7. O percorrido estará sinalado cada km.

8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e outra por accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc.

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais.

10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a proba.
• 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.
• Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas

11. Establécense as seguintes categorías:


A) Alevín: 2004 e 2005
B/ Infantil: 2002 e 2003
C) Cadete: 2000 e 2001
D) Xuvenil: 1998 e 1999

Distancia a percorrer: 5 km (1 volta)
Saída ás 11:30 horas


E) Junior-promesa: 1993 a 1997
F) Senior: 1992 ata veteranos
G) Veterán A: de 35 a 44 anos
H) Veterán B: de 45 a 54 anos
I) Veterán C: de 55 anos en adiante

Distancia a percorrer: 10 km (2 voltas)
Saída ás 11:30 horas

Pitufos: 2006 e posteriores
Distancia: 300 m.
Saída ás 12:30 horas


12. De seren extranxeiros, soamente poderán participar ao ter dilixenciada a súa licencia federativa pola FGA, ou ben aqueles que sin a ter pola FGA, (pola normativa RFEA) as súas marcas sexan de inferior calidade as incluídas no artigo 3.4. da normativa RFEA para probas de ruta en Competicións Autonómicas, circular RFEA 24/2014 publicada o martes 28 de xaneiro de 2.014. (consultar en http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2014128203827.pdf )

13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.

15. A Organización obsequiará cun ágape e chocolatada a todos os participantes da proba. Haberá servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá gardaroupa.


REGULAMENTO CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO DE 10KM

O Campionato provincial de 10 km terá lugar o día 21 de decembro de 2014 na localidade Ponte Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes:
GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920

PARTICIPACIÓN: poderán participar todos os atletas con licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada 2014 – 2015. Todo aquel atleta que se inscriba e non tramitara a súa licenza federativa pola Delegación de Ourense da FGA terá que presentar na Secretaría da Competición un documento que acredite que ten licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada en curso. Os atletas que incumpran o presente apartado non poderán participar.
INSCRICIÓNS: os clubes e atletas federados deberán inscribirse na Extranet da RFEA. Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do mércores día 17 de decembro.

CLASIFICACIÓNS: se establecerán clasificacións individuais en todas as categorías e por equipos na categoría absoluta:
Individuais (*): nas categorías SENIOR (nados/as en 1992 e anteriores ata o ano en que cumpran 35 anos), PROMESA (nados/as en 1993-1994-1995), XUNIOR (nados/as 1996/1997) e VETERANOS/AS (nas seguintes categorías: A de 35 a 44 anos, B de 45 a 54 anos e C de 55 anos en adiante) Homes e Mulleres.

(*) Para o Cto. Provincial Individual contarán unicamente aqueles atletas que cumpran 3 das seguintes condicións:
• Ser cidadán español (acreditado mediante o carnet de identidade).
• Ser ourensán de nacemento (acreditado mediante o carnet de identidade ou partida de nacemento)
• Con domicilio legal na provincia de Ourense (acreditado mediante certificado de empadronamento).
• Estar en posesión de licenza federativa por un clube da provincia de Ourense para a tempada 2014 – 2015.

Por equipos (**): na categoría ABSOLUTA masculina e feminina, trofeo aos 3 primeiros clubes da provincia de Ourense. O número de atletas dun equipo é libre, contando para a clasificación os 6 primeiros que cheguen a meta e contabilizando os postos dos 4 primeiros atletas de cada clube. Realizando a clasificación da seguinte forma:
• Confeccionarase unha lista de chegada formada polos atletas que compoñen os equipos, con exclusión dos que non clasificaran a lo menos a 4 atletas.
• Esta lista soamente estará formada polos atletas dos clubes que enviaran a inscrición no prazo previsto.
• A cada atleta se lle atribuirá un número de puntos coincidente co posto que ocupe segundo esta nova lista de chegada.
• Sumaranse os puntos dos 4 mellores clasificados en cada equipo.
• Será proclamado vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos,
• Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuio cuarto atleta rematara máis próximo ao vencedor da proba.

(**) Para a clasificación por equipos puntuarán todos aqueles atletas fichados por clubes da provincia de Ourense.

PREMIOS: concederanse premios aos tres primeiros/as clasificados absolutos e premio aos tres primeiros/as clasificados en cada categoría (xunior, promesa, senior e veteranos A , B e C) e premio aos tres primeiros clubes da provincia de Ourense en categoría absoluta, tendo para elo a obligatoriedade de asistir a cerimonia de entrega de premiacións.

HORARIO E DISTANCIAS A PERCORRER: o horario e as distancias a percorrer son os indicados nas normas de organización e competición da Carreira Pedestre do Nadal.

Os participantes no Campionato Provincial que desexen optar os premios da XIII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL deberán aboar a inscrición prevista pola organización