Calendario
Info da proba

Barreiros

04/01/2015 11:00 - 13:00
Regulamento
Carreira Popular de Reis, Barreiros
Homenaxe a "El Che", José Manuel Pérez Pereira

Data: 4 de xaneiro de 2015.
Hora:
11.00 H. Probas infantiles
12.00 H. Proba absoluta
Lugar: saída e chegada do campo de fútbol Cascabeiro, Barreiros (Lugo).
Distancia: 11.000 m.
Organiza: Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – PB San Miguel – Actiboot – CD Praias de Barreiros.
Inscrición: na web da proba.
Web: Carreira Popular de Reis (inscrición, planos...)



:: Comenta a Popular de Reis de Barreiros neste tema do foro ::


COLABORA:
Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo (Area de cultura e deportes), Concello de Barreiros, Xunta de Galicia (Galiza saudable), Protección Civil Barreiros, Eroski city Barreiros.

Tras varios anos sen organizar esta carreira e con nova organización, retomamos a que xa era unha das clásicas na Mariña lucense e Occidente asturiano.

Circuitos infantiles (varias distanzas) a partir das 11 h.
Circuito adultos (11 km) a partir das 12 h.
Inscripción adultos: 5 €

INSCRIPCIÓNS:
A inscripción será gratuita para nenos (ata categoría cadete) e terá un importe de 5,00 € para adultos, o que da dereito a seguro de accidentes, avituallamento líquido a metade carreira, avituallamento líquido e sólido a remate de carreira e calquer agasallo que a organización poida conseguir para o evento.

O pago da inscripción farase nas contas ABANCA ES60 2080 0142 9730 4000 4289 (Titular PB San Miguel) ou LA CAIXA ES28 2100 4949 6821 0004 1694 (Titular José Carlos Díaz Blanco), indicando o nome do participante.

No intre de face-la inscripción adxuntarase o documento de pago.

O prazo de inscripción remata o día 2 de xaneiro de 2.015.

Inscripción na web: http://carreirapopulardereis.jimdo.com

Teléfono: 625 82 10 44

Correo electrónico: xose9@hotmail.com

Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, e-mail.

Máis información (Bases da carreira, circuitos, inscripcións) na web http://carreirapopulardereis.jimdo.com

Recollida de dorsais: Día da proba ata media hora antes da saida, na mesa destinada a tales efectos.


CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2011 - 2014 / 100 m. - Categoría non competitiva
- PREBENXAMIN: 2008- 2010/ 200 m. - Categoría non competitiva
- BENXAMIN: 2006 – 2007 / 400 m.
- ALEVIN: 2004 – 2005 / 800 m.
- INFANTIL: 2002 - 2003 / 1.500 m.
- CADETE: 1998- 2001 / 5.500 m.
- PROMESA: 1993 – 1997 / 11 km.
- SENIOR: 1981 – 1992 / 11 km.
- VETERANO A: 1976 – 1980 / 11 km.
- VETERANO B: 1971 – 1975 / 11 km.
- VETERANO C: 1966 - 1970 / 11 km.
- VETERANO D: 1961 – 1965/ 11 km.
- VETERANO E: 1960 - / 11 km.


PREMIOS:
As categorías Pitufo e Prebenxamín serán non competitivas e haberá medallas para todo-los participantes. No resto de categorías haberá trofeos para os tres primieros clasificados de cada categoría, tanto masculino como femenino.

Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.

A entrega de trofeos será ás 13.30 h., na liña de meta.


PERCORRIDO:
O percorrido para as categorías infantiles será dentro do propio recinto do campo de fútbol, agás infantil e cadetes que terán un circuito exterior.

O percorrido para as categorías absolutas será por pistas asfaltadas e camiños de terra compacta, nun circuito de 5.500 m. ó que teremos que dar duas voltas. Distancia aproximada 11 km.

VARIOS:
Ó remate da carreira e da entrega de trofeos e de forma opcional, celebrarase unha comida no Café Bar Moderno de Barreiros. Os prezos para adultos (participantes e acompañantes) será de 10 € por persoa. O menú infantil (ata 12 anos) será de 5 €.

Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro e totalmente gratuita, a organización non se fai responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufri-los participantes ou os seus acompañantes.

Os participantes estarán cubertos cun seguro de accidentes.

Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados e perderán os dereitos da participación.

Os participantes deberán pasar por todo-los puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto, dará lugar á descalificación do infractor.

Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que a organización considere inapropiadas.

Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.

A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.

Haberá aseos e duchas nos vestiarios do campo de fútbol de Barreiros.

:: Comenta a Popular de Reis de Barreiros neste tema do foro ::