Calendario
Info da proba

O Pino

03/05/2015 10:00 - 14:00
Regulamento
XII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino




Data: domingo, 3 de maio de 2015.
Hora: a partir das 10:00 h.
Lugar: Arca - Pedrouzo, Concello de O Pino.
Distancia: de 300 a 8.100 m.
Organiza: Concellería de Deportes de O Pino.
Inscrición: www.carreirasgalegas.com ata o mércores, 29 de abril ás 22:00 h.

XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO

O Concello de O Pino celebra a décimo segunda edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 3 de maio de 2015 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

PITUFO: atletas nados en 2011 e posteriores
PREBENXAMIN: atletas nados en 2008, 2009 e 2010
BENXAMIN: atletas nados en 2006 e 2007
ALEVIN: atletas nados en 2004 e 2005
INFANTIL: atletas nados en 2002 e 2003
CADETE: atletas nados en 2000 e 2001
XUVENIL: atletas nados en 1998 e 1999
JUNIOR: atletas nados en 1996 e 1997
PROMESA: atletas nados en 1993, 1994, 1995
SENIOR: atletas nados entre 1981 e 1992
VETERANOS/AS 1: atletas nados/as entre 1975 e 1980
VETERANOS/AS 2: atletas nados/as entre 1966 e 1974
VETERANOS/AS 3: atletas nados/as entre 1956 e 1965
VETERANAS/AS 4: atletas nados/as en 1955 e anteriores

TODA A INFORMATIVA AO CANICROSS POPULAR PÓDERASE
CONSULTAR NA WEB www.asociacionacade.com

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m
(1 volta ó circuito alternativo)
10:45 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERÁNS 8100 m
(1 Volta P + 1 G + 1 P + 1 G)
11:35 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m
(1 Volta Grande)
12:00 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m
(1 Volta Mediana)
12:15 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m
(1 Volta Pequena)
12:25 h PREBENXAMIN 500 m
(1 Volta Prebenxamín)
12:30 h PITUFO 300 m
(1 volta ó circuito pitufo)
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA

PLANO DAS PROBAS


4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).
Poderán realizarse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, rellenando os datos solicitados nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

› CATEGORIAS DE ADULTOS (junior, promesa, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web www.carreirasgalegas.com. O prezo da inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511 002 en horario: 10:00 - 14:00 horas.
› INSCRICION POR CLUBES
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.carreirasgalegas.com e remitir un correo electrónico a dirección deportes@concellodeopino.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS.

Admitiranse inscricións ata o mércores 29 de abril de 2015 ás 22 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

5. PREMIOS
› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).

› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS).

› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.

› Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.

› Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.

› Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.

› Agasallo e bebida para todos os participantes.

› Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a xuveniles).

Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 200 € 1º Clube federado femenino: 200 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 75 € 3º Clube federado femenino: 75 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

6. A participación de atletas estranxeiros en competicións ruta autonómicas rexerase polas regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA , e en especial o artigo 3.4 (páxina 72 do manual) , artigo que se pode consultar no seguinte enlace:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentacion2015.pdf

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da F.G.A., e R.F.E.A. en vigor.

8. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal (fronte a SECRETARIA DE COMPETICIÓN), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.
Máis información nas webs:

 www.carreirasgalegas.com
 www.fgatletismo.es/santiago
 www.atletismogalego.org
 www.emesports.es
 www.correrengalicia.org