Calendario
Info da proba

Fisterra

25/10/2014 9:30 - 13:30
Regulamento
Carreira Popular Concello de Fisterra

Data: sábado, 25 de setembro de 2014.
Hora: a partires das 9:30 h, adultos a partires das 10:15 h
Lugar: pavillón municipal de Fisterra
Distancia: de 350 a 9.100 m.
Organiza: Concello de Fisterra
Inscrición: Ata o 21 de outubro de 2014

9 Km


5 Km


NORMATIVA XERAL

1. A 1ª Carreira Pedestre Concello de Fisterra 2014 rexerase pola regulamentación de Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).

2. A proba estará subscrita aos seguros de responsabilidade civil do Concello de Fisterra e da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.

3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico se a proba non supera os 750 participantes.

4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razón de seguridade.

5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automáticamente.

6. Os atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, consideraranse a todos os efectos usuarios normais da vía.

7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non estará amparada polos seguros da proba nin poderá participar de trofeos e obsequios.

8. As diferentes probas estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

9. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícito a aceptación do regulamento xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orde, as normas da Federación Galega de Atletismo, RFEA e IAAF en vigor.

10. A organización da proba porá a disposición dos participantes (previa identificación e acreditación):

- O complexo deportivo do Pavillón Municipal de Fisterra para que os participantes se podan cambiar e duchar.

- Servizo de garda roupa para os participantes da proba que estará ubicado no Pavillón Municipal de Fisterra.

· Servizo de fisioterapia, en colaboración co Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, para aqueles atletas que o precisen. Carpa que estará ubicada nas inmediacións do Pavillón Municipal.

11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola organización.

12. Descualificacións:

-O servizo médico da proba está facultado para retirar durante a carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.

- Todo atleta que non realice o percorrido completo que lle corresponda.

- Todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.

13. As carreiras de 5K e 10K estarán sinaladas cada quilómetro.

14. Na carreira de 10K habilitarase, no punto 4.700 m., un avituallamento líquido. Nas demáis carreiras habilitarase o avituallamento especial de meta.

15. Xunto co dorsal e o chip farase entrega da camiseta conmemorativa aos participantes adultos.

DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS

Os deportistas inscritos comprométense a aceptar o presente regulamento e calquera posible modificación.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización (ver anexo I).

Dito modelo poderase descargar das páxinas web seguintes: www.concellofisterra.es e/ou www.championchipnorte.com

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se exponen:

- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.

– Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atención especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

· O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación, internet,... para a promoción do deporte. Do mesmo xeito calquera persoa inscirta poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS

Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (que deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas).

Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías agás pitufo (os chips serán facilitados pola organización).

Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitados pola organización).

O atleta que non porte chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará na clasificación do circuíto.

O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.

Tanto os dorsais coma os chips (no caso de non posuílos) poderanse recoller nas mesas habilitadas para tal fin no Pavillón Municipal (zona de saída e meta) a partir das 08:00 horas e ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.

Os corredores de circuíto que participan na liga deberán usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Asemade empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.

- Tanto o dorsal coma o chip (no caso de no posuílo) recollerase na primeira proba do circuíto na que participe. A retirada de dorsal e chip deberase realizar como mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio de cada carreira e dende as 08:00 horas.

- No caso de perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina web www.championchipnorte.com

· No caso da perda ou rotura do dorsal poderá solicitar outro á organización. Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.

Os corredores de carreira e os corredores de categorías de base (inferiores) usarán “chip de carreira” que deberán devolver á organización ao remate da mesma.

Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no mesmo.

INSCRICIÓNS

INSCRICIÓNS DE CATEGORÍAS BASE (gratuítas)

As categorías base son: pitufo, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

A continuación preséntanse as opcións para proceder á inscrición nas diferentes
categorías base:

- Inscricións categoría PITUFO.

Opción n 1

Enviando un e-mail a deportes concellofisterra.es coa autorización paterna cuberta e asinada.

O día da proba á hora de recoller o dorsal será preciso presentar dita autorización impresa e asinada.

Opción nº 2
Presentando a autorización paterna asinada no Servizo de Deportes Municipal de Fisterra.

- Inscricións categorías BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL, CADETE e XUVENIL.

Opción nº 1
A través da páxina web www.championchipnorte.com

A autorización paterna (nesta páxina poderase descargar) será preciso presentala debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais e chips o día da proba.

Opción nº 2

Presentando a autorización paterna (na páxina web do Concello www.concellofisterra.es poderase descargar) no Servizo de Deportes Municipal de Fisterra.

INSCRICIÓNS PARA CATEGORÍA SÉNIOR E VETERANOS

As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com

Máis información referida as características dos: “corredores de circuíto”, “corredores de carreira”, “clasificación por equipos”, etc; Enviar un e-mail a deportes concellofisterra.es e facilitarase o regulamento xeral do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte 2014” onde se detallan todas estas cuestións.

COTAS DE INSCRICIÓN

A inscrición para as categorías base será gratuíta (de pitufo a xuvenil).

A inscrición para os adultos (sénior e veteranos) para unha proba concreta e independiente terá un custo de 5 € para aqueles corredores que teñan en propiedade o chip, e de 6 € para aqueles que deban alugalo.

A inscrición para os adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá un custo de 20 € para aqueles corredores que teñan en propiedade o chip, e de 30 € (20 € de inscrición+10 € compra do “chip amarelo”) para os que teñan de comprar o chip. Este chip amarelo será válido para participar en calquera proba cronometrada por Championchip.

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición rematará o mércores 21 de outubro ás 23:59 horas.

CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS

CLASIFICACIÓNS DAS PROBAS DE BASE

En categoría pitufo recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba segundo vaian chegando á meta. NON SUBIRÁN AO PODIO.

En categoría benxamín e alevín recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba segundo vaian chegando á meta. SÓ SUBIRÁN AO PODIO OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS EN CADA CATEGORÍA.

En categoría infantil, cadete e xuvenil recibirán trofeo e SUBIRÁN AO PODIO OS TRES PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS.

CLASIFICACIÓNS DA PROBA 5K

Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 5K.

Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).

CLASIFICACIÓNS DA PROBA 10K

Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.

Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).

Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados en cada una das categorías (sénior, M40 e M50).

Recibirán trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello DE Fisterra.

Máis información referida á clasificación do circuíto, por equipos, etc.; Enviar un e-mail a deportes concellofisterra.es facilitarase o regulamento xeral do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte 2014” onde se detallan todas estas cuestións.

CERIMONIA DE ENTREGA DE TROFEOS

Unha vez rematada a última proba, que será a de pitufos (saída fixada para ás 12:45 horas), procederase ao acto de entrega de trofeos que está previsto que dé comezo ás 13:05 horas nun palco ubicado nas inmediacións do Pavillón Muniacipal (próxi mo á zona de saída e meta).