Calendario
Info da proba

Salvaterra de Miño

15/02/2015 11:00 - 13:00
Regulamento
I 10 Km Parque A Canuda, Salvaterra de Miño

Data: domingo, 15 de febreiro de 2015.
Hora: 11:00 h.
Lugar: saída e meta no Parque A Canuda.
Distancia: de 180 a 10.000 m.
Organiza: A.C.D. Casal.
Inscrición: ata o 11 de febreiro en Championchip Norte. Presenciais ver punto 5 do regulamento.
Web: 10 Km Parque de A Canuda



:: Comenta os 10 Km Parque A Canuda neste tema do foro ::


ASOC.CENTRO CULTURAL E DEPORTIVO CASAL

REGLAMENTO 10K PARQUE A CANUDA SALVATERRA DE MIÑO E ANDAINA DO RIO

1.Organización.
A primeira “10k Parque A Canuda e Andaina do río” está Organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Casal de Salvaterra de Miño, e na que colabora o Concello de Salvaterra de Miño e diversas empresas da zona, celebrarase o vindeiro día 15 de Febreiro de 2015 en Salvaterra de Miño.

2.Participantes.

A organización ten previsto facer as seguintes categorías:
Hasta 5 anos
Entre 6 e 13 anos
Entre 14 e 17 anos
Maiores de 18 anos. Proba absoluta SOLO para maiores de 18 anos. A proba absoluta terá un límite de 800 inscritos e nela poderan participar corredores de calquer nacionalidade. Para as categorías inferiores o límite será de 100 participantes en cada unha delas.

Os participantes das diferentes probas serán plenamente responsables de que o seu estado de saude e suficientemente apto para concorrer a proba, e calquer persoa que sufra algunha doenza sera responsable dos efectos adversos que a disputa da mesma lle poidan causar eximindo a esta organización de responsabilidade algunha, aquelas persoas que precisen dunha especial atención informaran a organización das suas necesidades de vixilancia especial.
Todos os participantes aceptaran este reglamento así como as posibles modificacións que esta organización se vexa obrigada a facer por motivos alleos a ela.
Esta organización reservase o dereito de admisión de participantes que poidan poñer en risco a sua propia saude ou o interés xeral do resto de participantes.

3.Recorrido e Horarios.
O comezo da proba absoluta terá lugar as 11:00 da mañá, constará dun percorrido de 10000 metros con saída e meta dentro do Parque A Canuda realizando o recorrido a través do Paseo do Río Miño en dirección a Oleiros, e percorrendo parte do centro urbán da vila de Salvaterra de Miño, para voltar de novo o Parque A Canuda.

As probas para os mais pequenos celebrarase unha vez finalizada a 10k e consistirán en varios circuitos en función das idades:
-Hasta 6 anos – 180 metros
-Entre 7 e 13 anos – 700 metros
-Entre 14 e 17 anos – 1330 metros
Existirá un avituallamento líquido o redor do kilómetro 5 e outro líquido e sólido ó final da proba no parque.
Cada kilómetro estará perfectamente sinalado.

A proba estará controlada en todo momento por Policia, Guardia civil, Protección Civil, membros da organización e voluntarios.

A proba absoluta discurrirá por asfalto a excepción da zona do parque e un pequeño treito duns 500 metros o redor dos kilómetros 2 e 3 o final do paseo hacia a PO-402.

En caso de que as condicións meteorolóxicas e fluviais impidan o transcurso dos circuitos tal como temos organizado existirán circuitos alternativos, se estas condicións fosen moi desfavorables aplazariase a proba para cando estas melloren.

4.Premios e trofeos
Nesta primeira edición da 10k Parque A Canuda todos os participantes recibirán un regalo conmemorativo e estableceranse os seguintes premios:
-1º posto 10K: 150€ e trofeo.
-2º posto 10K: 100€ e trofeo.
-3º posto 10K: 50€ e trofeo.
-1º de Salvaterra de Miño: 50€ e trofeo (deberá estar empadroado no concello de Salvaterra).
-1º do país veciño Portugal: 50€ e trofeo.

-Participante de mais idade: trofeo (este feito acreditarase mediante Dni ou similar).
-Medallas e regalos para os participantes das carreiras de categorías inferiores.
A entrega de premios terá lugar o remate da proba dos mais pequenos no anfiteatro do parque.

5.Inscricións e observacións
Haberá dous prazos de inscrición para a proba:
*Dende o 15 de Novembro ata o 1 de Febreiro 5€.
*Dende o 2 de Febreiro ata o 11 de Febreiro 8€.
A este prezo haberá que sumarlle o alquiler do chip para aqueles participantes que non o dispoñan en propiedade.
A inscrición para as categorías inferiores a 10K será GRATUITA.

As inscricións cerraranse o 11 de febreiro e estas poderanse facer das seguintes formas:
-A través da Web www.championchipnorte.com
-Inscripción presencial, PLAYSPORT SALVATERRA C/Rosalía de Castro, 105 baixo Salvaterra de Miño, no seu horario comercial e presentando DNI.
-Os alumnos dos centros de ensino do concello poderán inscribirse a través de uns formularios existentes nos memos con toda a información sobre a proba.

Recollida dos dorsais
-A recollida de dorsais e chips (para aquelas persoas que non o posuan en propiedade) será o día anterior a carreira en PLAYSPORT SALVATERRA para aquelas persoas que fixeran a súa inscrición en dito establecemento e para as demáis no Centro Cultural Recreativo Casal situado no barrio do Casal a un kilómetro do centro da vila en dirección a Ponteareas pola PO-403 (detállase situación no apartado “Circuitos e localizacións”) e na tenda de IntersportPiñeiro de Porriño para aqueles participantes que así o soliciten a través de www.championchipnorte.com Tamén o poden facer o día da carreira ata as 10:30 na zona ubicada pola organización no parque a Canuda de Salvaterra de Miño.
Se a persoa que recolle o dorsal non vai ser a mesma que participa exisiráselle a presentación do Dni da persoa inscrita.
Aqueles participantes que durante a inscripción pudesen cometer algún erro na mesma, poderan correxilo o día anterior a 10k no momento da recollida do dorsal, para calquer duda enviar email o correo info@10kparqueacanuda.es.
É imprescindible que cada corredor esté inscrito para ter cobertura de RC e seguro de accidentes. A organización no se fará responsable daquelas persoas que participen na 10k sen estar inscritas na mesma.

6.Observacións da proba
A organización contará con facultativos médicos que estarán a disposición dos participantes tanto na proba como na andaina, de tódolos xeitos recomendalles ós participantes someterse a algún recoñecemento previo coa fin de evitar problemas derivados da actividade física.
A organización disporá de servicio guardarroupa na zona da saída non responsabilizandose dos efectos persoais depositados nas mesmas.
O chip en alquiler deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas e será devolto o remate da proba ós membros e voluntarios da organización, o feito da non devolución do mesmo supón a non participación no regalo nin nas cualificacións, ademáis non poderá volver inscribirse nunha proba organizada por Championchip Norte.
Porase a disposición daqueles participantes que así o desexen duchas situadas nas Piscinas Municipais situadas o carón do Parque A Canuda. No recinto do parque existen varios aseos públicos así como multitude de papeleiras, todo esto co gaio de respetar o maravilloso entorno que nos rodea e que debemos preservar.
So circularan polo recorrido da proba os vehículos autorizados pola organización.
Será motivo de descalificacións a non realización da totalidade do recorrido así como a manipulación do dorsal ou a suplantación da identidade feito que conlevaria a descalificación na proba.
Todo corredor deberá levar a vista o seu dorsal en todo momento así como cando así se lle fose requerido pola organización, a perda ou non presentación do mesmo conlevaría a descalificación.
Existirá parking nos arredores do Parque A Canuda así como nas rúas próximas, este aparcamento variará en función das necesidades da organización e recomendase chegar con tempo suficiente antes de que se corte o tráfico nas inmediacións do parque.
Os acompañantes non poderan participar na proba a excepción da proba para os participantes entre 0 e 5 anos, nin nos avituallamentos.
Todo participante nesta proba deberá seguir as indicacións da organización, aceptar o regulamento e autorizará a esta a facer uso das imaxes do evento.

7. Andaina do río.

Paralelamente a 10k organizase unha Andaina popular que discorrera durante 15 kilómetros polo Parque A Canuda, e sendeiros que percorren as beiras dos ríos Tea e Miño, así como distintos puntos de interés da vila de Salvaterra de Miño. A saída terá lugar as 9:00 A:M do Parque A Canuda e terá un límite de participación de 150 persoas.
Esta andaina terá unha dicultade media, con unhas variacións de altura duns 250metros, discorre por sendeiros de terra así como asfalto en bo estado e por zona de paseo mixtas.
Debido a época do ano na que se realiza a andaina, recomendase roupa de abrigo e calzado cómodo pero resistente a este tipo de rutas.
O prezo da andaina e de 4€ e a inscripción farase a través da web www.championchip.com ou na tenda Playsport de Salvaterra de Miño antes do día 11 de febreiro de 2015.
Calquer duda relacionada coa andaina poderá consultarse a través das formas de contacto que aparecen no apartado 9 deste reglamento “WEBS E CONTACTO”

8.Circuitos e localizacións
A continuación detállanse os diferentes circuitos así como a súa localización sobre foto real.

Circuito hasta 6 anos
Este circuito de 180 metros discorre polo centro da zona nova do parque con saída e meta diante do anfiteatro, completamente plano e con piso de xabre.



Circuito 7 a 13 anos
Este circuito consta de 700 metros con saída diante do anfiteatro, consta de unha volta o redor do estanque do parque e volta o mesmo anfiteatro. Terreno completamente plano e con superficie de xabre con alguna zona de gravilla sin dificultade.



Circuito 14 a 17 anos

Este circuito consta de 1330 metros e conforma todo o perímetro interior do parque A Canuda tanto a zona vella como a ampliación, circuito super rodado polos atletas que entrenan no parque a diario con saída e meta diante do anfiteatro. Completamente llano, en algunas partes o piso presenta alguna zona de gravilla pero en xeral a superficie e xabre.



Recorrido 10K
Circuito mixto de 10000 metros con salida diante do anfiteatro do parque, transcorre polo paseo que existe pola beira do río Miño en sentido ascendente ata o final de dito paseo onde se percorre un pequeño treito duns 500 metros sobre terreno non asfaltado, este treito une coa PO-402 pola cal discorre en sentido centro da vila. Unha vez na vila recorre varias rúas e volve o parque pola entrada da parte vella, bordea un dos laterais para entrar de novo a meta diante do anfiteatro. Circuito con variacións leves de altura durante todo o recorrido. A superficie pola que discorre a proba e maioritariamente asfalto a excepción da zona non asfaltada entre os kilómetros 2 e 3 e o parque. Circuito rápido, ideal para atletas que desexen mellorar os tempos nesta marca dos 10000 metros e para calquer afeccionado que o que busca e pasar unha mañan divertida facendo deporte con familia e amigos nun marco incomparable.



Recorrido Andaina (15 Kilómetros)

A 1ª Andaina do Río parque a Canuda de Salvaterra, sairá do Parque A Canuda as 9:00, e dirixirase ó paseo fluvial do Miño hacia a isla sita na desembocadura do Río tea, ponte romana e visita a bodega Fillaboa, seguiremos polo sendero do Río Tea contemplando as famosas “ESTACADAS” para a pesca da lamprea nesta zona e que existen nesta época do ano dende as inmediacións de Ponteareas ata a desembocadura do río Tea en Salvaterra. Na área recreativa fluvial O Cordeiro, desviaremonos hasta o Monte Castelo (ruta dos penedos) onde existe a capela da Ascensión debaixo dun penedo e poderemos contemplar as magníficas vistas do val do Tea dende o seu mirador, despois seguiremos a caron da capela abandonada sita o norte da Quinta de Fiolledo e pasaremos polo Barrio do Casal onde teremos un pequeño aperitivo no Centro Cultural. Unha vez rematado seguiremos hacia a centenaria e histórica QUINTA DE TEANS sita na parroquia de Oleiros e declarada pola Xunta de Galicia “Ben de interese cultural” onde podremos disfrutar dunha visita guiada polos seus xardíns e estanques. Rematada a visita a Quinta de Teans dirixirémonos o paseo Fluvial do río Miño que dista apenas uns metros da citada Quinta e percorreremos dito paseo contemplando as veiras do Miño e o veciño concello portugués de Monçao, subiremos a fortaleza amurallada de Salvaterra e o seu castelo e casa do Conde para finalizar de novo no parque A Canuda e disfrutar de todo o que este nos ofrece concluindo así unha visita por parte dos mais representativos puntos de interés turístico da nosa vila. Esta andaina terá unha duración estima de 4horas que dependerá un pouco dos tempos de parada en cada un dos puntos de interés e do tentempé, estará guiada en todo momento por persoal da organización e coñecedores das zonas polas que transcorre a mesma así como a historia relacionada coas distintas zonas de paso.


Localización Centro Cultural Recreativo Casal
Recinto de festas do Casal, Barrio do Casal S/N Salvaterra de Miño, o lado da PO-403 sentido Salvaterra de Miño e a 800 metros da glorieta que une a estrada de Ponteareas (PO-403) con salceda de Caselas, Portugal e As neves.
https://www.google.es/maps/place/36450+O+Casal,+Pontevedra/@42.092703,-8.500468,132m/data=!3m1!1e3!4m2!3m1!1s0xd2582bcb02e3337:0xc18ff6109807284a?hl=es

Localización da tenda Playsport Salvaterra
Rosalía de Castro, 105 - 36450 Salvaterra de Miño (PONTEVEDRA)
986 659 455



:: Comenta os 10 Km Parque A Canuda neste tema do foro ::