Calendario
Info da proba

Ames

19/10/2014 10:45 - 14:15
Regulamento
XV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Data: domingo, 19 de outubro de 2014.
Hora: 10:45 h.
Lugar: Bertamiráns, Ames.
Distancia: de 200 a 10.170 m.
Organiza: Concello de Ames.
Inscrición: ata o mércores 15 de outubro ás 22:00. Online en Eme Sports.
Presenciais ver no regulamento.
Web: Concello de Ames




:: Comenta a Carreira de Ames neste tema do foro ::


Regulamento

1. As probas disputaranse o domingo 19 de outubro na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase nas inmediacións do Pazo da Peregrina (Avenida José Luis Azcárraga). O circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado e contará con indicacións en cada kilómetro.

2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa. O control da carreira esterá a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago de Compostela).

3. As inscricións de todas as probas realizaranse a través da web www.emesports.es enchendo o formulario de inscrición. Tamén se poderá realizar presencialmente nas tendas deportivas:

- Deportes Amesport: Avenida da Maía 83 Baixo (Bertamiráns- Ames)
- Deportes Metrópolis: Avenida da Peregrina 1 Baixo (Bertamiráns- Ames)
O prazo de inscrición rematará o mércores 15 de outubro ás 22:00 horas.

PREZOS DA INSCRICIÓN:

- Categorías escolares (de pitufo a cadete): gratuíta
- Proba absoluta (de xuvenil a veterano): 5 €.
* Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
** Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, nin o día da carreira.

4. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada no Pazo da Peregrina (Avenida José Luis Azcárraga) o día anterior á carreira (sábado 18 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Recoméndase para non gardar colas recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.

5. A carreira estará controlada ao largo de todo o percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá entrelazar no cordón dunha das súas zapatillas antes da saída. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou sen o seu chip ou non o leve colocado de xeito correcto, será automáticamente descualificado/a.

6. Recibirán trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
Na proba absoluta recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais empadroados/as no Concello de Ames.

Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor poderá recibir dous trofeos (agás os premios aos atletas locais).

A entrega de trofeos farase ao remate de todas as probas no lugar da SAIDA.

Non se realizará premiación nin se lle dará trofeos aos participantes das categorías prebenxamín e pitufo. Nestas categorías entregaráselle unha medalla conmemorativa do evento a cada participante.

Aos/ás atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.

7. Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.

8. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

9. O horarios das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuiz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.

10. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA en vigor.

11. Establécense as seguintes categorías segundo o ano de nacemento:

ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
Pitufo nados/as no 2010 e posteriores 200 metros 12:00 horas

Prebenxamín nados/as no 2007, 2008 e 2009 350 metros 12:05 horas

Benxamín nados/as no 2005 e 2006 1.000 metros 12:10 horas

Alevín nados/as no 2003 e 2004 1.000 metros 12:20 horas

Infantil nados/as no 2001 e 2002 2.000 metros 12:30 horas

Cadete nados/as no 1999 e 2000 2.800 metros 12:45 horas

Xuvenil-junior nados/as no 1995, 1996, 97 e 98 10.170 metros 10:45 horas
Absoluta nados/as no 1994 ata veteranos 10.170 metros 10:45 horas
Veterano 1 nados entre o 1979 e 1969 10.170 metros 10:45 horas
Veterano 2 nados entre o 1968 e 1959 10.170 metros 10:45 horas
Veterano 3 nados no 1958 e anteriores 10.170 metros 10:45 horas
Veterana 4 nadas entre o 1979 e 1969 10.170 metros 10:45 horas
Veterana 5 nadas no 1968 e anteriores 10.170 metros 10:45 horas

SERVIZO DE DUCHAS: PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE BERTAMIRÁNS
HABERÁ SORTEO DE AGASALLOS AO REMATE DAS CARREIRAS



:: Comenta a Carreira de Ames neste tema do foro ::