Calendario
Info da proba

A Guarda

20/09/2014 18:00 - 20:00
Regulamento
XIV Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, A Guarda

Data: sábado, 20 de setembro de 2014.
Hora: a partires das 18:00 h.
Lugar: A Gándara, A Guarda.
Distancia: de 100 a 6.900 m.
Organiza: Asociación de Veciños O Percamino.
Coordina: Comisión de Festas Das Mercedes da Gándara
Inscrición: ata o 18 de setembro.



:: Comenta a Carreira de Julia Vaquero no foro ::




Inscrición:
* ATA O DÍA 18 DE SETEMBRO:
Teléfono 609 117 835
E-MAIL: carreirajvaquero@gmail.com

* NO DÍA DA CARREIRA:
DE 16:00 a 17:45, na mesa de secretaría da carreira.

HABERÁ DUCHAS PARA CAMBIARSE AO REMATAR AS CARREIRAS

REGULAMENTO
1- A Asociación de Veciños O Percamino, en coordinación coa Comisión de Festas da Virxe das Mercedes da Gándara (A Guarda) organiza a 14ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR “JULIA VAQUERO” que se celebrará o sábado, día 20 de setembro de 2014, a partires das 18:00 horas, na Praza dos Seixiños da Gándara, no Concello de A Guarda.

2- Dado o carácter popular da proba, a inscrición está aberta a todas as persoas que o desexen, sen límite de idade.

3- As inscricións son gratuítas e poderán realizarse ata o 18 de setembro, ben a través do correo electrónico ou do número de teléfono máis arriba descrito. Ademáis, no día da carreira na secretaría ata 15 minutos (de 16:00 a 17:45) antes do comezo da primeira das carreiras.

Nas inscricións farase constar o nome, apelidos, data de nacemento e lugar de procedencia.

4- A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados a si mesmo ou a outros, na participación da proba, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.

5- Ao inscribirse na 14ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR “JULIA VAQUERO”, os participantes ou titores legais dos mesmos, dan o seu consentimento e de acordo aos intereses deportivos, de promoción, distribución e explotación para todo o mundo (reproducción de imaxes e fotografías da proba, publicación de listados clasificatorios, etc.) mediante calquera dispositivo (Internet, publicidade, etc.) e sin límite temporal, os inscritos ceden de maneira expresa a organización o dereito a reproducir o nome e apelidos, o posto obtido na clasificación xeral e na propia do participante e a marca deportiva realizada, así como a súa imaxe.

6- En caso de calquera dúbida, prevalecerá o criterio da organización, a cal se reserva o dereito de realizar algún cambio no presente reglamento se así o considerara, debendo comunicalo sempre, no mesmo día da carreira.

7- Os dorsais serán entregados pola organización ata 15 minutos antes do comezo das carreiras (17:45), na secretaría da carreira.

8- Polo simple feito de participar, os corredores e corredoras aceptan todo o reflexado neste regulamento.

9- Entregaranse trofeos aos primeiros, segundos e terceiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina. A entrega de trofeos realizarase unha vez finalizadas todas as carreiras. Entregarase recordo conmemorativo a tódolos participantes fora de podio.

10- Categorías por orde de saída a partires das 18:00 :

CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
A 2009 e posteriores 100m
B 2006, 2007 e 2008 300m
C 2003, 2004 e 2005 750m
D 2000, 2001 e 2002 1200m
E 1997, 1998 e 1999 2300m
F 1979 a 1996 6900m
G 1964 a 1978 6900m
H 1963 e anteriores 6900m


:: Comenta a Carreira de Julia Vaquero no foro ::