Calendario
Info da proba

Gundián (Ponte Ulla-Vedra)

14/09/2014 10:30
Regulamento 23ª CARREIRA POPULAR
“GUNDIÁN 2014”
PONTE ULLA



A Comisión Organizadora vén de presentar a “23ª Carreira Popular Gundián 2014” en Ponte Ulla.

A proba celebrarase o vindeiro domingo, 14 de setembro, a partir das 10:30 da mañá con saída en Ponte Ulla e chegada na ermida de Gundián, cun circuíto de aproximadamente catro quilómetros, que discorre polas marxes do río Ulla.

Estabelécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
A.- (Especial) - Até 4 anos (nados/as do 2.010 ao 2.014)
A.- De 4 a 8 anos (nados/as do 2.006 ao 2.009)
B.- De 9 a 12 anos (nados/as do 2.002 ao 2.005)
C.- De 13 a 15 anos (nados/as do 1.999 ao 2.001)
D.- De 16 a 18 anos (nados/as do 1.996 ao 1.998)
E.- De 19 a 35 anos (nadas do 1.979 ao 1.995): Feminina
E.- De 19 a 40 anos (nados do 1.974 ao .1995): Masculina
F.- Maiores de 35 anos (nados até o 1.978 inclusive): Feminina
F.- Maiores de 40 anos (nados até o 1.973 inclusive): Masculina

Os/As vencedores/as absolutos/as recibirán 180 Euros (1º), 100 Euros (2º) e 75 Euros (3º) tanto na categoría feminina coma na masculina, amais do correspondente trofeo.

Os/As primeiros/as e segundos/as clasificados/as de cada unha das categorías recibirán trofeo e vales para material deportivo por valor de 50 Euros e 35 Euros respectivamente en "Deportes Caneda".

Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (ningún/ha corredor/a recibirá máis de 1 premio).

Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten o D.N.I. ou Libro de Familia (Fotocopias).

Haberá trofeos para os primeiros/as clasificados/as da parroquia en cada categoría doados por "Super Ulla"


Cómpre destacar tamén que haberá medallas conmemorativas para todos/as os/as participantes de todas as categorías, trofeo para o/a máis novo/a e para o/a máis veterano/a da carreira, camisetas “Gundián 2014” para os/as primeiros/as 250 corredores/as e degustación gratuíta de “Bebida”, “Donuts” e “Froita” para todos/as os/as participantes. Sortearase unha BICICLETA DE MONTAÑA entre os/as corredores/as ao remate da entrega de premios.
Tamen se procedera a un sorteo sorpresa entre todos os particpantes.

NOVIDADE: Todos os partipantes da categoría "A (especial)" e "A" que cheguen a meta, recibiran un vale de 8 euros doados por "Super Ulla" para compras no mesmo.

As inscripcións poderanse realizar no “BAR RÍOS” en Ponte Ulla (Vedra) até as 10:15 horas, hora de peche das inscripcións. Calquer corredor que non puidera apuntarse ou recoller os dorsais (nos casos de estar preinscrito) antes das 10:15 polas circunstancias que se puidesen dar, quedaría excluido dos premios, pero podería desputar a proba sen ningún problema e o remate da mesma tamen levaría de agasallo unha bolsa con camiseta "Gundián 2014" “Bebida”, “Donuts” e “Froita” como os demais 250 primeiros corredores.

IMPORTANTE:Poderase facer a preinscripción por correo electrónico administracion@grupoulla.es até o VENRES 12 AS 24:00 HORAS, TENDO COMO TEMPO MÁXIMO DE RECOLLIDA DOS DORSAIS ATÉ AS 10:15 HORAS DO DÍA DA CARREIRA.

O comité técnico resolverá as reclamacións que puidesen xurdir.


Ponte Ulla, Agosto de 2014.