Calendario
Info da proba

A Estrada

11/10/2014 18:00 - 21:00
Regulamento
IV Memorial Manuel Bergueiro, A Estrada

Data: sábado, 11 de outubro de 2014.
Hora: a partires das 18:00 h.
Lugar: A Estrada.
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Atlántica de Abogados.
Colaboran: Concellería de Deportes, Club Deportivo San Paio e Atletismo A Estrada.
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento.
ADULTOS (dende Xuvenil a Veterans C): ata o venres día 10 de Outubro de 2014 as 14:00 horas na web Eme Sports (única forma de inscrición).



:: Comenta o Memorial Manuel Bergueiro neste tema do foro ::

REGULAMENTO
ATLANTICA DE ABOGADOS, organiza o Sábado día 11 de Outubro de 2014 a partir das 18:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio e Atletismo A Estrada o “IV Memorial Manuel Bergueiro”. Esta proba é a derradeira carreira puntuable para o II Circuito “Corre A Estrada Corre”.

1. PARTICIPANTES:
A proba estará baixo a supervisión e control de EmeSports. Poderán participar atletas federados e non federados; Establecense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:

PITUFO: atletas nados en 2010 e posteriores
PREBENXAMIN: atletas nados en 2007, 2008 e 2009
BENXAMIN: atletas nados en 2005 e 2006
ALEVIN: atletas nados en 2003 e 2004
INFANTIL: atletas nados en 2001 e 2002
CADETE: atletas nados en 1999 e 2000
XUVENIL: atletas nados en 1997 e 1998
JUNIOR: atletas nados en 1995 e 1996
PROMESA: atletas nados en 1992, 1993, 1994
SENIOR: atletas nados entre 1980 e 1991
VETERANOS A: atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANOS B: atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANOS C: atletas nados en 1958 e anteriores
VETERANAS A: atletas nadas entre 1969 e 1979
VETERANAS B: atletas nadas entre 1959 e 1968
VETERANAS C: atletas nadas en 1958 e anteriores

3. PERCORRIDOS:
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 3.330 metros, aproximadamente a partir da categoría xuvenil/junior/promesa, cun total de 10.000 metros. O resto das probas farase nun minicircuito de 800 metros e de 500 metros.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
18:00 h PITUFOS 100-120 m
18:15 h PREBENXAMÍN - BENXAMÍN 500 m (1 volta circuito pequeno)
18:30 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito mediano)
19:00 h INFANTIL-CADETE 800 m (2 voltas ó circuito mediano). Total de 1.600 m
19:30 h XUVENIL/JUNIOR/PROMESA/ SENIOR e VETERÁN 10.000 m (3 voltas ó circuito grande).
20:45 h ENTREGA DE PREMIOS

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido además de servicio de ambulancia.

PLANO PROBA PEQUENOS (Prebenxamín e benxamín):

PLANO PROBA (Alevín, infantil e cadete):

PLANO PROBA ABSOLUTA:

4. INSCRICIÓNS:
- ADULTOS (dende Xuvenil a Veterans C): Ata o Venres día 10 de Outubro de 2014 as 14:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición).
- ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o Venres día 10 de Outubro de 2014 ás 14:00 horas no teléfono 986.570.030 en horario de 9:00 a 14:00 horas no correo deportes@aestrada.es.

Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos obrigatorios, sendo os seguintes os datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto e localidade de procedencia.

- PREZO da inscrición e gratuíta para os escolares
- 4€ DENDE XUVENIL ATA VETERANS C

Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 986570030 no caso dos escolares ou no 627366134 para os adultos.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 (horario de mañá) no correo deportes@aestrada

5. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das 16:00h.

CONTROL CON CHIP: As probas dende Xuvenil ata Veterans C estarán controladas a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO, habilitaranse caixas para recollelos.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
- CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino.
Trofeo e premio para ós 3 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:

Proba Masculina Proba feminina
1º. Trofeo + 200€. 1º. Trofeo + 200€.
2º. Trofeo + 150€. 2º. Trofeo + 150€.
3º. Trofeo + 100€. 3º. Trofeo + 100€.
4º. Trofeo + 75€. 4º. Trofeo + 75€.
5º. Trofeo + 50€. 5º. Trofeo + 50€.


- CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo 3 primeros clasficados de cada categoría feminina e masculino.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).

Os premios son acumulativos.
Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto ata esgotar existencias.

7. OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente a organización da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
Haberá habilitado vestiarios no campo municipal da Baiuca. O horario de apertura será a partir das 18:00 ata as 22:15.
Poderán consultar os resultados oficiais das probas nas web:
- www.emesports.es
- www.correrengalicia.org

:: Comenta o Memorial Manuel Bergueiro neste tema do foro ::