Calendario
Info da proba

Pinga-Pinga

11/10/2014 16:00 - 19:00
Regulamento
PINGA-PINGA 2014

Data: sábado, 11 de outubro de 2014.
Hora: a partires das 16:00 h.
Lugar: San Tomé de Piñeiro, Marín.
Distancia: 8 kms
Organiza: Club Deportivo Pinarium e Concello de Marín.
Inscrición: www.cronotec.es (4 eur ata 8 outubro as 23:59)
Web: C.D. Pinarium



:: Comenta a PINGA-PINGA no foro ::


PINGA-PINGA 2014

Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a quinta edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de Fútbol da Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

Normativa:
A) A saída darase no recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca chegada.

B ) A clasificación será absoluta.

C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización.

D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta
norma suporá a eliminación do atleta acompañado.

E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

H) TODOS OS CORREDORES DEBERAN ENTREGAR O CHIP Ó FINALIZAR A PROBA.

I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.

K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 11 de Outubro de 2014
Lugar: Campo de Fútbol S.D SANTOMÉ- San Tomé de Piñeiro (Marín)

CATEGORIAS
MENORES:
Menores A: Hora: 16:10 - Idade: Benxamín = 2005/2006 - Percorrido: 250 mts aprox.
Menores B: Hora: 16:15 - Idade: Alevín =2003/2004 - Percorrido: 500 mts aprox.
Menores C: Hora: 16:25 - Idade: Infantil/Cadete = 1999/2002 - Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena.

CHUPETES/PITUFOS Hora: 16:45h - Idade: Chupetes: nados no 2010 e posteriores; Pitufos: nados no 2007-2008-2009 -Percorrido: Chupetes: 100mts aprox ; Pitufos: 250mts aprox.

MAIORES (CATEGORIA RAIÑA): Hora: 17:00h - Percorrido: 8 kms – tres voltas a un circuito - Idade: a partir de 15 anos.
Xuvenil, Xunior e Promesa 1992/1998
Senior 1991 e anteriores (ata veteranos)
Veteranos A: De 35 a 44 anos
Veteranos B: De 45 a 54 anos
Veteranos C: A partir de 54 anos

3.- INSCRICIÓNS :
CHUPETES E MENORES: O mesmo día da proba ou mediante o formulario habilitado na web www.pinarium.com (recomendable)

MAIORES: na páxina www.cronotec.es, que se encargará das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Raíña).

A INSCRIPCIÓN DA "ABSOLUTA" CERRARASE CANDO SE CHEGUEN OS 400 INSCRITOS.

4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San
Tomé.(1 Volta pequena)

PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS:
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos 3 primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3
primeiros da categoría absoluta.

Trofeo ao clube con máis participantes na absoluta. Non participa o clube organizador (C.D.Pinarium)
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
400 Camisetas técnicas na categoría absoluta avituallamento para todos os participantes e regalos varios para os
máis pequenos (MEDALLAS,etc)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM e CONCELLO DE MARÍN en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, Frutas Sol, Pontevedraviva, Diario de Pontevedra.



:: Comenta a PINGA-PINGA no foro ::