Calendario
Info da proba

Castelo - Culleredo

30/08/2014 11:00 - 13:00
Regulamento Por primeira vez, a asociación Castelo Deporte en colaboración coa Comisión de Festas de Castelo organiza unha carreira - andaina dentro da programación das festas do San Ramón. Unha fermosa ruta de 7 quilómetros polo monte Xalo para facer correndo ou camiñando que rematará en sesión vermú e paellada para todos os asistentes.

A inscrición (8 euros), inclúe seguro, agasallo, avituallamentos e a paellada final.

Haberá carreira para nenos (1 euro a inscrición en concepto do seguro) no entorno da polideportiva de Castelo.

Inscricións do 18 de agosto ás 17.00 horas ao 27 de agosto ás 22.00 horas en www.castelodeporte.org Guiño