Calendario
Info da proba

Razo - Carballo

07/09/2014 10:00 - 11:30
Regulamento 5 km correndo pola praia de Razo

5 KM CORRENDO POLA PRAIA DE RAZO, O DOMINGO, 7 DE SETEMBRO DE 2014 ÁS 10.00 HS.

ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto ca Federación Galega de Atletismo esta proba, recorrendo toda a Praia de Razo desde a Explanada ata a Cabreira pola area mollada. Os Muditos continua coa promoción do atletismo en Carballo e arredores ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello e levamos esta carreira a Praia de Razo pois no verán, Razo convírtese nun lugar de encontro, de ocio.. d@s carballes@s e da multitude de persoas (turistas, emigrantes, extranxeiros,xente de arredores…)sendo un lugar privilexiado para a práctica deportiva e en particular para andar e correr.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.



:: Comenta a Carreira de Razo neste tema do foro ::

COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Cocacola e Viraxes sl
Patrocinan: Varias empresas da zona.

LUGAR DE SAÍDA:
A Explanada na Praia de Razo.

CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2007 E POSTERIORES
BENXAMÍN NADO/AS 2005 E 2006
ALEVÍN NADOS/AS 2003 E 2004
INFANTIL NADOS/AS 2001 E 2002
CADETE NADOS/AS 1999 E 2000
XUVENIL-XUNIOR NADOS/AS ENTRE 1995 E 1998
PROMESA-SENIOR NADOS/AS 1994 ATA 35
VETERANO A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 50 ANOS
VETERANO B DESDE QUE CUMPREN 50

HORARIO CATEGORÍAS DISTANCIA
10:00 H Xuvenil-Xunior, Promesa-Senior, Vet A e Vet B (2 voltas)
5 km
10:30 H Cadete e Infantil
(1 volta)
2,5 km
10:45 H Alevín e benxamin
(media volta)
1,25 km
11.00 H Pitufos 100 m
11:30 H ENTREGA DE PREMIOS

A partir das 08.00 hs abrirase a Secretaría da proba para a retirada de dorsais.

INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 300 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de maiores é o martes, 2 de setembro ás 20:00, xa que esta proba será controlada por chip.
Para inscribirse na carreira de maiores pode realizarse únicamente na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com sendo necesario en todos os casos aportar os seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade, federado ou non email de contacto e teléfono.
As inscricións das probas de nen@s permanecerán abertas ata o día 2 de setembro ás 20:00. Non levan chip. Os datos necesarios para a inscrición d@spequen@s serán os seguintes: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade e autorización pai/nai/titor.
Na categoría de pequen@s non hai límite de participantes.
A inscrición para as categorías de pequen@s pódese facer no por email osmuditos@gmail.com e na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O mesmo día da proba, ata media hora antes do comezo de cada carreira.

CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
Os puntos kilométricos estarán señalizados na carreira dos maiores.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de cada proba.

AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita…
Baño na Praia controlado pol@s socorristas do concello de Carballo ou servizo de duchas na propia Praia de Razo.

PREMIOS
Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas da carreira de maiores dos 5 km.
Recibirán trofeo/medalla os 1º e as 1ª clasificad@s de cada categoría, menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Tamén se entregará un premio ao deportista máis veterano/a.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificad@ do concello de Carballo.
Ningún deportista levará máis dun premio.

SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada por o club deportivo Os Muditos. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF.


:: Comenta a Carreira de Razo neste tema do foro ::