Calendario
Info da proba

Lariño - Carnota

25/10/2014 15:00 - 19:00
Regulamento
II Cross de Lariño, Carnota

Data: sábado, 25 de outubro de 2014.
Hora: a partires das 15:00 h.
Lugar: Casa da Cultura. Lariño, Carnota.
Distancia: de 100 a 11.000 m.
Organiza: AA.VV. INSUA
Inscrición: ata o mércores 22 de outubro as 14:00 h. Ver punto 4 do regulamento.



:: Comenta a Cross de Lariño no foro ::

REGULAMENTO

1º. A proba de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantis e cadetes disputaranse na ZONA DA CASA DA CULTURA e arredores. As probas xuvenil, sénior e veteráns 1, 2, 3 e 4 farase no circuíto sinalado pola organización (o circuito é mixto: terra-asfalto).

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. A clasificación será por categorías.

4°. As inscricións poderanse facer a través do formulario disposto para tal fin en Cross Lariño, ate ás 14:00 horas do mércores día 22 de outbro do 2014. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento (en ningún caso se inscribirá ningún corredor que omita este dato), sexo, localidade, clube (se procede) e teléfono de contacto. Aínda que se admitirán inscricións ata media hora antes de cada carreira para aqueles participantes que non poideran facelo antes, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.

*Cotas de inscricións para adultos:
- A inscrición para os atletas de categoría base (de pitufo a xuvenil) será gratuita.
- A inscrición para os atletas adultos (senior e veteráns 1, 2, 3 e 4) terá un custo de 3 €, facendo entrega de dito importe no momento da retirada do dorsal.

5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6°- Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización. Os corredores que cheguen á meta sen o seu dorsal serán automaticamente descalificados.

7º-. Existirá 1 posto de avituallamento aproximadamente no Km 5,6; máis o especial de meta.

8°- A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.

9°- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.

10°- Aínda que a proba sexa de carácter estrictamente deportivo e popular admitiranse reclamacións, pero espérase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e todos os participantes.

11°. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.

12° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.

13°. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha das categorías.

14º. A entrega de premios farase ao rematar a proba.
- Xeral, por categorias e sexo:
- 1º clasificado/a
- 2º clasificado/a
- 3º clasificado/a
- Premios especiais:
- 1º clasificada Concello de Carnota
- 1º clasificado Concello de Carnota
- Participante de maior idade

15º. E de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de premios na categoría individual por parte do atleta premiado. En caso contrario o atleta non recibirá as medallas ou trofeos.

16º. Todas as persoas corredoras polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou Internet. Mediante a súa inscrición, a persoa corredora consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización para comunicacións sobre as súas actividades, dando por aceptado e debendo cumprir todos os aspectos reflectidos neste regulamento.

RETIRADA DE DORSAIS
- Rocolleranse o mesmo día da proba na mesa de control da organización situada na CASA DA CULTURA ata media hora antes de cada carreira.

CATEGORÍAS (MULLERES E HOMES), HORARIOS DE SAÍDA E DISTANCIAS
Pitufos 2010 e anteriores 16:40 h 100 metros
Prebenxamíns 2007-2009 16:45 h. 300 metros
Benxamíns 2005-2006 15:15 h. 1.000 metros
Alevíns 2003-2004 15:30 h. 1.000 metros
Infantís 2001-2002 16:00 h. 3.000 metros
Cadetes 1999-2000 16:00 h. 3.000 metros
Xuvenil 1997-1998 16:30 h. 11.000 metros
Senior 1996 ata veteranos 16:30 h. 11.000 metros
Veteráns 1 – De 35 anos a 40 anos cumpridos no día da proba. 16:30 h 11.000 metros
Veteráns 2 – De 41 anos a 49 anos cumpridos no día da proba. 16:30 h 11.000 metros
Veteráns 3 – De 50 anos a 59 anos cumpridos no día da proba. 16:30 h 11.000 metros
Veteráns 4 – A partir de 60 anos de idade. 16:30 h 11.000 metros


:: Comenta a Cross de Lariño no foro ::