Calendario
Info da proba

Bueu

14/08/2014 19:00 - 23:00
Regulamento
IV Memorial Paco Cabanillas, Bueu

Data: xoves, 14 de agosto de 2014.
Hora:
Carreiras de 100 metros a partires das 19:00 h.
Carreira de 10 km ás 22:00 h.
Lugar: zona da Pescadoira, Bueu.
Distancia:
Carreira de 100 metros.
Carreira de 10 km.
Organiza: Instituto Municipal de Deportes de Bueu coa colaboración do Clube Atletismo Corredoiras.
Inscrición: no email deporte@concellodebueu.org (entrega de alimento solidario).
Descarga o formulario dende a web da proba. Ver punto 4 do regulamento.
Web: Concello de Bueu

:: Comenta o Memorial Paco Cabanillas no foro ::



1) PRESENTACIÓN.
O Instituto Municipal de Deportes de Bueu, coa colaboración do Clube Atletismo Corredoiras, organizan o xoves 14 de Agosto o IV Memorial Paco Cabanillas en homenaxe ao atleta de Bueu que fora Campión de España de 100 metros no ano 1943.

As probas, tomarán a saída na zona de Pescadoira. Primeiramente, a partires das 19:00 celebraránse as carreiras de 100 metros libres sobre asfalto e xa logo ás 22:00 horas celebrarase a carreira de 10 quilómetros.

Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuir licencia federativa.

2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1.- CARREIRAS DE VELOCIDADE: 100 metros lisos.
Realizaranse sobre 3 distancias en función das categorías: 60 metros para Benxamíns e Alevíns (nacidos nos anos 2003-2006); 80 metros para infantís e cadetes (nacidos nos anos 1999-2002) e 100 metros para o resto de categorías (nacidos 1998 e anteriores).

As series de velocidade realizaranse sobre 4 rúas pintadas sobre asfalto e sen contar con tacos de saída.

Os tempos serán recollidos manualmente polo xuíz da proba. Pasarán á final aqueles corredores cos 4 mellores tempos recollidos nas probas eliminatorias. Significará, por tanto, que se poda dar o caso de que un corredor gañe unha carreira na serie eliminatoria pero o seu tempo non esté entre os 4 mellores.

O límite de participantes en cada categoría será de 20 corredores, polo tanto, o límite de series eliminatorias serán de 5. No caso de que unha categoría conte con 4 ou menos participantes, éstes pasarán directamente á final.

NOTA IMPORTANTE: a diferencia do ano pasado, as finais serán disputadas polos 4 mellores tempos rexistrados nas series eliminatorias. No caso de que non haxa máis de 4 participantes por serie, éstes pasarán a disputar directamente a final sen participación previa nas eliminatorias.

Categorías:
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
Benxamín /Alevín 2003-2006
Infantil / Cadete 1999-2002
Senior masculino 1998-1975
Senior femenino 1998-1980
Veterano masculino 1974 e anteriores
Veterano femenino 1979 e anteriores

2.2.- CARREIRA DE 10 QUILÓMETROS.
Consta dun circuito urbano ó que se darán 4 voltas polas rúas ata completar os 10 quilómetros. Os corredores deberán ir recollendo unha cinta por cada volta dada. Aquel corredor que chegue a meta e non posúa as 3 cintas quedará descalificado.

Categorías.
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
Senior masculino 1998-1975
Senior femenino 1998-1980
Veterano masculino 1974 e anteriores
Veterano femenino 1979 e anteriores

2.3.- NORMATIVA PARA ÁMBALAS DÚAS CARREIRAS.
Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
Debido a gratuidade da proba rógase ós corredores participantes que entreguen un producto alimentario non perecedeiro no lugar de entrega dos dorsais. Este producto irá destinado en beneficio do banco municipal de alimentos.

3) HORARIOS.
Os horarios programados para as diferentes carreiras serán os seguintes:


4) INSCRIPCIÓNS.
As inscripcións serán gratuítas, e realizaránse enviando os seguintes datos:
nome e apelidos,data de nacemento, club ó que pertence o corredor ou concello de procedencia ou ambos; distancia na que se inscribe (na carreira de 10 quilómetros só poderá participar as categorías xuvenil, senior e veteráns); para a carreira de velocidade unha marca persoal para facilitar a elaboración das series (preferiblemente homologada, pero no caso de non ter, pódese poñer unha marca manual).

Debido a gratuidade da proba rógase ós corredores participantes que entreguen un producto alimentario non perecedeiro no lugar de entrega dos dorsais. Este producto irá destinado en beneficio do banco municipal de alimentos.
Para máis información: 986-32-43-38 (OMIX Concello de Bueu).

5) ENTREGA DE PREMIOS.
Haberá premio en medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría na carreira de velocidade.
Haberá premio en trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría na carreira de 10 quilómetros.

Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexirá pola normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF).

A participación no IV Memorial Paco Cabanillas conleva a total aceptación do Regulamento presente.


:: Comenta o Memorial Paco Cabanillas no foro ::