Calendario
Info da proba

Cross de Broña

07/09/2014 10:30 - 13:00
Regulamento
X Cross de Verán de Broña, Outes

Data: domingo, 7 de setembro de 2014.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: Praia de Broña, Outes.
Distancia: de 100 a 7.000 metros.
Organiza: Club Atletismo Outes.
Colabora: AA.VV. O Pedregal de San Cosme, Outes.
Inscrición: ata o 6 de setembro na web da proba. Ver no regulamento.
Web: Cross de Broña (inscricións e máis fotos do percorrido)



:: Comenta o Cross de Broña no foro ::



REGULAMENTO
1º. A proba de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís-cadetes e xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto sinalado pola organización (o circuíto é mixto: terra-asfalto).

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. A clasificación será por categorías.

4°. As inscricións poderanse facer na páxina Web http://sites.google.com/site/carreirabrona ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com, ate ás 14:00 horas do sábado día 6 de setembro do 2014. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). Aínda que se admitirán inscricións ata media hora antes de cada carreira para aqueles participantes que non puideran facelo antes, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.

5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6°- Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización. Os corredores que cheguen á meta sen o seu dorsal serán automaticamente descualificados.

7°- A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.

8°- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.

9°- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular admitiranse reclamacións, pero espérase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e todos os participantes.

10°. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.

11° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.

12°. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha das categorías.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar a proba.

14º. É de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de medallas na categoría individual por parte do atleta premiado. En caso contrario o atleta non recibirá as medallas ou trofeos.

RETIRADA DE DORSAIS
- Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.



:: Comenta o Cross de Broña no foro ::