Calendario
Info da proba

Barreiros

07/09/2014 10:30 - 12:30
Regulamento
II Carreira Popular "Benquerencia Terra Mar", Barreiros

Data: domingo, 7 de setembro de 2014.
Hora:
Menores 10:30 h.
Absoluta 11:30 h.
Lugar: Barreiros, Lugo.
Distancia: de 100 a 7.300 m.
Organiza: Centro de Instrucción e recreo de Benquerencia e o Concello de Barreiros
Inscrición: 10 €. Ata o 3 de setembro en Carreiras Galegas.
Web: Benquerencia Terra Mar



:: Comenta a Carreira de Benquerencia no foro ::



REGULAMENTO DA PROBA:
- A Carreira Popular Benquerencia Terra – Mar está organizada conxuntamente polo Centro de Instrucción e recreo de Benquerencia e o Concello de Barreiros.

- Poderán participar na proba todas aquelas persoas que o desexen.

- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículo de axuda.

- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.

- Nas probas absolutas será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización xunto co dorsal.

- Tódolos participantes polo feito de inscribirse aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na Internet.

- Dado o espírito deportivo da mesma non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización da proba resérvase a facultade de decidir sobre calque ira aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.


CATEGORÍAS:

CARREIRA DE MENORES
Disputaranse a partires das 10:30 da maña, as categorías, as distancias e os horarios de cada unha son as seguintes:

Categoría Anos nacemento Distancia proba Hora saida
Pitufos 2009 e posteriores - 100 metros 10:30 h.
Pre-benxamín 2008/2007 - 350 metros 10:35 h.
Benxamín 2006/2005 - 850 metros 10:40 h.
Alevín 2004/2003 - 1.700 metros 10:45 h.
Infantil 2002/2001 - 1.700 metros 10:45 h.
Cadete 2000/1999 - 3.000 metros* 11:05 h.
Juveniles 1998/1997 - 3.000 metros* 11:05 h.

* 1.500 metros asfalto
300 metros veira auga
1.200 metros area


CATEGORÍA ABSOLUTA:
Disputarase a partires das 11:30 da mañá e constará do seguinte percorrido:
- 5.750.- metros de asfalto
- 300.- metros veira auga
- 1.250.- metros de area
TOTAL : 7.300 Metros

As categorías tanto no apartado masculino como no femenino, son as seguintes:
Categoria Ano
Junior 1996/1995
Promesa 1994/1993/1992
Senior 1991 ata 35 anos
Veteranos A 35 a 44 anos
Veteranos B 45 a 54 anos
Veteranos C 55 a 64 anos
Veteranos D 65 en en adiante

INSCRICIÓNS:
Inscripción on-line nas páxinas:
www.atletismogalego.com
www.carreirasgalegas.com

- O prazo de inscripción remata o mércores 3 de setembro.

- A inscripción da carreira ten un custo de 10 € para categoría absoluta con (obsequio dunha camiseta da proba), e gratis, para todotas categorías de menores (obsequio dunha camiseta e medalla).

- As categorías de menores poden inscribirse directamente nas oficinas do Concello de Barreiros teléfono 982 124 002 ou chamando o teléfono 686 686 671.

PREMIOS:
Categorías de Menores:
- Os tres primeiros de cada categoría levarán unha medalla (ouro, prata, bronce).
- A todos os participantes unha camiseta conmemorativa da carreira.

Carreira Absoluta:
- Trofeos artesanal inédito os tres primeiros clasificados de cada categoría.
- Trofeo o mellor atleta do Concello (masculino e femenino) por categoría.
- A todos os participantes unha camiseta conmemorativa da carreira.
- Premios sorpresa...

NOTA:
- Tódolos participantes, poderán disfrutar gratis de inchables.

ENTREGA DE DORSÁIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE:
Os dorsáis e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (7 de setembro 2014) na carpa da organización sita na zoa de saida ata media hora antes da proba.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS ATLETAS:
- Aparcadoiros: Disporase dunha amplia zona de aparcadoiros o lado da saida.
- Duchas: Unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas en zonas de práia e nas instalacións polideportivas do Concello.
- A carreira estará controlada por xuíces da Federación.

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Os resultado da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba: www.atletismogalego.com
http://benquerenciaterramar.jimdo.com/ e na páxina de facebook: Benquerencia Terramar

VIDEO EDICIÓN ANTERIOR:



:: Comenta a Carreira de Benquerencia no foro ::