Calendario
Info da proba

Ortigueira

09/08/2014 19:00 - 21:30
Regulamento
III Carreira Popular Concello de Ortigueira

Data: sábado, 9 de agosto de 2014.
Hora: a partires das 18:30 h.
Lugar: Ortigueira.
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Ortigueira.
Inscrición: ata o xoves 7 de agosto ás 20:00 h en Cronotec.

:: Comenta a Carreira de Ortigueira no foro ::


Regulamento

Art.1). O Concello de Ortigueira organizan o próximo 9 de Agosto de 2014 a III Carreira Popular de Ortigueira

Art.2). A proba absoluta celebrarase sobre as distancias de 5.000 e 10.000 metros a elexir no momento da inscripción. Por cuestións organizativas fixase un tempo máximo para recorrer a distancia de 2 horas.

Art.3). As inscricións realizaranse a través da páxina de Cronotec http://www.cronotec.es/ onde será obligatorio cubrir os datos solicitados e facer o pago de 3 € ata as 20:00h do xoves 7 de Agosto de 2014.

Soamente abonarán cota de inscrición os atletas que tomen parte nas probas de 5.000 e 10.000 metros.

Tódolos atletas teñena obriga de comprobar que a súa inscrición está correctamente formalizada na paxina de Cronotec www.cronotec.es

Art.4). As categorías e as distancias son as seguintes:
HORARIO - DISTANCIA - CATEGORIA

18:30h - 100 metros aprox. - Pre-benxamín (2006 e posteriores)

18:40h - 1.000 metros -
Benxamin (2004-2005)
Alevín (2002-2003)
Infantil (2000-2001)

18:50h - 1.500 metros
Cadete (1998/1999)
Xuvenil (1996-1997)

19:00h - Carreira absoluta - 5.000 metros / 10.000 metros
Junior (1994-1995)
Promesa (1991-1992-1993)
Senior (1990-ata veteráns)
Veterán A (de 35-44 anos
Veterán B (de 45-54 anos)
Veterán C (de 55 en adiante)

Art.5) Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba 9de Agosto na zona da saída en horario de 16:30 a 18:00h debendo o atleta levar o dorsal visible e sen dobleces no peito e sen manipular o chip.

A participación sen dorsal, ou co correspondinte a outro corredor ou con outro que non sexa o oficial da proba está totalmente prohibida e poderá suponer a exclusión inmediata da proba por parte dos membros da Organización.

Art.6). Premios: "Entregaranse medallas para tódolos participantes"

Art.7). A organización terá a disposición dos atletas servizo médico con persoal sanitario e ambulancia.

Art.8). A organización terá contratado un seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos para tódolos participantes.

Art.9). Tódolos atletas que se inscriban nesta proba dan por aceptado e deben cumplir tódolos aspectos reflectidos neste regulamento.

:: Comenta a Carreira de Ortigueira no foro ::