Calendario
Info da proba

Rianxo

10/08/2014 9:30 - 14:00
Regulamento
II Andaina Festa do Mexillón de Rianxo

Data: domingo, 10 de Agosto de 2.014.
Hora: 9:30 h.
Lugar: Praza de Castelao (Fronte ó Concello de Rianxo).
Distancia: 15 kms aproximadamente.
Dificultade baixa.
Tempo máximo 4 horas.
Organiza: Festa do Mexillón de Rianxo.
Colabora: Clube de Remo Rianxo, Arousa Natureza e Ocio e o Concello de Rianxo.
Inscrición: do 17 de Xullo ao 07 de Agosto do 2.014 na web da proba.
Custo de inscrpción: 6 euros
Web: Arousa Natureza e Ocio. (inscricións e máis info)

:: Comenta a Andaina do Mexillón neste tema do foro ::


REGULAMENTO XERAL

PERCORRIDO:

O percorrido discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio.

A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.

Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos: correndo ou andando, sempre que se cumpra o horario máximo e non se moleste a outros participantes.

O participante é o responsable de localizar as marcas que balizan o camiño e discorrer polo roteiro sinalado.


PARTICIPANTES:
Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio.
Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer.
Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.

Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
Finamento por accidente: 6.000 €
Invalidez por accidente: 12.000 €
Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA

Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.

A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).

Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.


MATERIAL:
É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar ao avituallamento.

É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.

É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.

A tódolos/as participantes facilitaráselle un carnet de ruta, que deberán presentar no avituallamento e na chegada para verificar que completou o percorrido.

A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.


INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.arousa.com nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.

O prezo da inscrición é de 6 €.

A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro, e acceso ao avituallamento intermedio e final.

O pago da inscrición facerase na conta bancaria 0049-2948-21-2895034221 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude (Excepto para os inscritos o entre o 04 e 07 de agosto, que deberá facerse en 24 h.).

O prazo de inscrición ábrese o 17 de xullo e péchase o 07 de agosto.
A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.

A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.

A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.


AVITUALLAMENTOS:
A organización disporá de avituallamento de líquido e solido ó longo do percorrido.

Dispondrase de un avituallamento de líquido e froita e outras viandas na liña de meta

A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles supondrá a descalificación do participante.


RETIRADA DE ACREDITACIÓNS/CARNET DE RUTA:
O mesmo día da proba dende as 08:30 h. ata 15 min. Antes da saída.

Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.


DESCALIFICACIÓNS:
Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
Si o participante retira sinais da carreira.
Si o participante non remata o percorrido.
Si o participante non atende as indicacións da organización.
Si o participante non porta o material obrigatorio.
Si o participante atenta contra o medioambiente.


OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.


:: Comenta a Andaina do Mexillón neste tema do foro ::