Calendario
Info da proba

Samiera - Poio

05/10/2014 10:00
Regulamento
I Trail Ruta dos Muíños de Samieira

Regulamento

1. A carreira celebrárase o día 5 de outubro de 2014 con saída e chegada na Praza de Alfredo Romay Besada de Samieira do Concello de Poio , e rexérase polo presente regulamento. A saída será ás 10:00 horas.

2. A proba terá un recorrido aproximado de 15 Km e discurrirá por a "Ruta dos muiños de Samieira " e parte dos montes de Samieira. acumulando un desnivel (positivo e negativo) de 560 metros aproximadamente.

3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, repartidos nas seguintes categorías (anos cumpridos o día da proba):

- Absoluta (masculino e feminina)
- Veteranos 45 ou máis.
- Veteranas 40 ou máis.

4. INSCRICIÓNS: Desde o 01 de setembro ata o 02 de octubre mediante transferencia bancaria el importe de 6 euros por corredor no numero de conta que sinalamos a continuacion e indicando o NOME COMPLETO COS APELIDOS COMPLETOS, NUMERO DE DNI E DATA DE NACEMENTO., e importante esta indicacion.

BBVA: ES49 0182 5735 86 0201546907


5. PREZO: O importe da inscrición é de 6€ para todos os corredores federados ou non federados ata ás 00.00 horas o día 02 de octubre. Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos, duchas,e regalo.

6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con cinta de plástico e flechas indicadoras. Existirán referencias kilométricas en todos os puntos posibles.

7. AVITUALLAMENTOS: Existirán 1 avituallamiento liquido na metade do percorrido y solido e liquido o finalizar a proba.

8. PREMIOS: Entregarase un trofeo aos tres primeiros de cada categoría e na categoría absoluta tanto masculina como feminina premios en metalico de 100 euros o primeiro, 75 euros o segundo clasificado e 50 euros o terceiro clasificado.

9. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.

10. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

11. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de carretera.

13. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.

14. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.


. PROTECCIÓN DE DATOS

Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.

Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable Club Atletismo Galaekia. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.

PARA MAIS INFORMACION:
clubatletismogalaekia@hotmail.com
facebook ou na paxina do club http://clubatletismogalae.wix.com/galekia