Calendario
Info da proba

Nigrán Area

10/08/2014 11:00 - 13:00
Regulamento
IV Nigrán Area

Data: domingo, 10 de agosto de 2014.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: os circuítos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia America, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
Distancia: de 100 a 6.000 m.
Organiza: Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán.
Inscrición: ata o 6 de agosto ás 20:00 h.
Online na web Carreiras Galegas.
Presencial:
- Athletics Deportes, Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.
- Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).
Web: S.A. Val Miñor

:: Comenta o Nigrán Area neste tema do foro ::


REGULAMENTO

1º A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o día 10 de agosto do 2014 o IV Nigrán Area de atletismo pola area, que dará comezo as 11:00h.

2º Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

3º A orde de saída será a seguinte:
CATEGORÍA ANO DISTANCIA
11.00
Cadetes Femininos/Masculinos 99/00 3.000 m.
Infantís Femininos/Masculinos 01/02 1.500 m.
Alevíns Femininos/Masculinos 03/04 1.000 m.
Benxamíns Femininos/Masculinos 05/06 500 m.

12.00
Carreira Absoluta 98/anteriores 6.000 m.
Prebenxamíns Femininos/Masculinos 07/08 300 m.
Pitufos Femininos/Masculinos 09/10 100 m.

ENTREGA DE PREMIOS

Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Xuvenís 97/98 Femininos/Masculinos.
Júnior 95/96 Femininos/Masculinos Veteráns C de 55 anos en adiante.
Promesa/Sénior 94 ata Veteráns.Fem./Masc. Veteranas A de 35 a 44 anos.
Veteráns A de 35 a 44 anos. Veteranas B de 45 anos a 54 anos
Veteráns B de 45 a 54 anos. Veteranas C de 55 anos en adiante

4º Os circuítos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia America, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.

5º Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:

Xuvenís 96/97 Femininos/Masculinos. Veteráns A de 35 a 44 anos.
Júnior 94/95 Femininos/Masculinos. Veteráns B de 45 a 54 anos.
Promesa/Sénior 93 ata Veteráns.Fem./Masc. Veteráns C de 55 anos en adiante.

INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa, teléfono de contacto e nome do clube no caso de non ser independente.

O prazo remata o mércores 6 de agosto ás 20 horas; a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.

INSCRIPCIONS CARREIRA ABSOLUTA DE XUVENIS A VETERANS
Terán un custe de 5 €.
Farase acedendo a páxina web da Federacíon Galega de Atletismo, onde será obrigatorio facer o ingreso dos 5€ con tarxeta na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.

Tamén se poderá facer nos seguintes lugares, onde o pago será feito en efectivo:
• Athletics Deportes, Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.
• Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).

A carreira absoluta, está limitada a 1.000 participantes.

INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES DE PITUFOS A CADETES
Nas categorías menores, a través da web da Federacíon Galega de Atletismo, a través do e-mail: savalminor@hotmail.com, ou na oficiña de turismo de Praia América. As categorías menores NON levarán chip.

7º Os dorsais e chip, serán entregados polo clube organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquer dúbida e imprescindible presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.

Premios:
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de cadete a alevíns e a todos os benxamíns e pitufos ate fin de existencias.

Haberá recordo conmemorativo para os 1.000 primeiros inscritos da carreira absoluta.

A organización poderá esixir a documentación a todos aqueles participantes que leven premio.

9º Todo corredor que non entre na liña da meta co dorsal ben visible na zona do peito ou que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEF referentes as probas en ruta, poderá ser descalificado.

O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comenzo da proba.

10º Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización. Nin bicicletas, patíns ou personas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmo a os participantes. asemade, non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos nin correr acompañados destes en ningún momento.

11º As reclamacións deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados.

12º Servizos:
Avituallamento o fin da carreira.
Servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira. A organización declina toda responsabilidade respecto aos accidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón.

13º Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento. Todo o non previsto no mesmo resolverase de acordo co regulamento d FGA, RFEA e IAAF en vigor.

ORGANIZACIÓN: SOCIEDAD ATLÉTICA VAL MIÑOR E CONCELLO DE NIGRAN–CONCELLARÍA DE DEPORTES

PATROCINIO: CONCELLO DE NIGRAN

COLABORADORES: COCA COLA, CORP. ALIMENT. PEÑASANTA S.A., FRUTAS VILAR, AGUASANA, DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO, SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE, , LA CAIXA, SERVIOCIO, ATHLETICS DEPORTES, TU PANA TU CAFÉ, DALOT.


:: Comenta o Nigrán Area neste tema do foro ::