Calendario
Info da proba

Muros

16/08/2014 11:00
Regulamento
III Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros

Data: sábado, 17 de agosto de 2014.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: Piscina Municipal de Muros (Serres).
Distancia: de 50 a 5.500 m.
Organiza: Concello de Muros.
Inscrición: 5€ a absoluta. Na web da proba.
Web: Delegación FGA Santiago


:: Comenta a Carreira Piscina de Muros neste tema do foro ::




A saída da proba terá lugar nas inmediacións da Piscina Municipal de Muros (Serres).

A proba realizarase sobre a distancia de 5500 metros aproximadamente (nas categorías xuvenil, sénior e veteranos)
Categoría Ano de nacemento
Chupete 2010 e anteriores
Prebenxamín 2007, 2008 e 2009
Benxamín 2005 e 2006
Alevín 2003 e 2004
Infantil 2001 e 2002
Cadete 1999 e 2000
Xuvenil 1997 e 1998
Sénior 1996 e ata veteranos
Veteranos 1 De 35 a 40 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 2 De 41 a 49 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 3 De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 4 A partir de 60 anos de idade
Andaina

Programa da xornada atlética no lugar da Piscina Municipal de Muros.
09:00 h Entrega dos dorsais das categorías: infantil, cadete, xuvenil, sénior, veterano e andaina.
10:30 h Saída das categorías: infantil e cadete.
11:00 h Saída das categorías: xuvenil, sénior, veteranos e andaina.
11:30 h Entrega dos dorsais das categorías: prebenxamín, benxamín, alevín e chupete.
11:45 h Saída dos prebenxamíns.
12:00 h Saída dos benxamíns.
12:15 h Saída dos alevíns.
12:30 h Saída dos chupetes.

O prazo de inscrición rematará ás 14.00 h do 14 de agosto e poderá formalizarse na plataforma da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com.

A cota de participación será de 5,00 € para as categorías sénior, veteranos e andaina.

Parte da recadación será doada a favor de Cáritas de Muros. A inscrición na andaina realizarase na Piscina Municipal de Muros. A participación no resto das categorías (chupete, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) terá un custo de 1,00 €.

Os dorsais das categorías serán entregados pola organización ata 30 minutos antes da saída da carreira na Piscina Municipal de Muros (Soborribas, 15259 Serres - Muros).



:: Comenta a Carreira Piscina de Muros neste tema do foro ::