Calendario
Info da proba

+10 Marín

01/08/2014 21:00 - 23:30
Regulamento
+10 Marín Manuel Rosales
Gran Premio ENCE

Data: venres, 1 de agosto de 2014.
Horario e distancias:
22:00 Só carreira adultos, de Xuvenís en adiante (nados a partir do 1998) 10.000 m.
21:50 Carreira cadete (de 14 a 15 anos, nados no 2000-1999) 1000m aprox.
21:40 Carreira Infantil - cadete (de 12 a 13 anos) 1000m aprox.
21:30 Carreira Alevín (de 10 a 11 anos) 500m aprox.
21:20 Carreira Benxamín - Alevín (de 8 a 9 anos) 500m aprox.
21:10 Carreira Pitufos - (6 a 7 anos) 300m aprox.
21:00 Carreira “Chupetes” - (0 a 5 anos) 100m aprox.
Lugar: saída e chegada na Alameda de Marín.
Organiza: Concello de Marín.
Patrocina: ENCE Enerxía e Celulosa.
Organizador Técnico: San Miguel de Marín.
Inscrición: En Championchip Norte. Ver no regulamento.
Web: O +10 de Marín no facebook

:: Comenta a Carreira +10 de Marín no foro ::


Recorrido Urbano: Saída na Alameda (Av. Ourense sentido Pontevedra->Marín-> Bueu) ata E. Naval: entrada ata espigón-saída da E. Naval – Gasolinera – Mercado – Policía Nacional e Correos – Gasolineira – “Farola” e Av. Ourense ata Concello – Cantodarea – (Volta por Av. Marqués de Valterra) – Av. Ourense (sentido Pontevedra –> Marín) – paso por “saída” na Alameda: 1 volta. Repetir unha 2ª volta e entrada ameta. A Meta está sita na Alameda, pola parte superior: estrada PO-313.


Inscrición: A proba absoluta ten un custe de 5€ a través de www.championchipnorte.com ata sábado 26 Xullo 2014 ás 23:59h (tarifa reducida). Dende ese día a esa hora, ata o martes 29 de Xullo 2014 ás 23:59h o custe será de 7€ (peche definitivo).

O aluguer do chip e de 1€ por persoa (é obrigatorio o seu uso).

Menores: Gratuíta, dende o Martes 29 Xullo e ata 30’ antes da proba no Concello de Marín: Alcaldía ou Oficina do Padrón.

Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín será de balde.

Recollida de dorsais: o día 1 venres, de 11:00h. a 14:00h e de 16:00h a 21:00h, no Concello de Marín.


O Concello de Marín e GESTSPORT GALICIA SL organizarán o vindeiro venres 1 de agosto de 2014 os “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO ENCE – 2014”. A carreira disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda – Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín. O percorrido terá unhadistancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis considerables acumulados.

Celebrarase unha única proba absoluta dividida en dúas categorías: masculina e feminina.

Poderán participar todos os atletas federados ou non federados dende a categoría xuvenil (nados en 1998 en adiante).

A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.

- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois de que cruce a liña de Meta o/a 1º clasificado/a.

- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

- Vestiarios e duchas:Vestiario da Pista polideportiva da Autoridade Portuaria.

- Os resultados serán expostos ó remate da proba, e na web www.championchipnorte.com

- INSCRICIÓNS: Ata o Martes 29 de Xullo de 2014 ás 23:59 horas na web www.championchipnorte.com

- RECOLLIDA DE DORSAIS:o día 1 venres, de 11:00h. a 14:00h e de 16:00h a 21:00h, no Concello de Marín.

- Prezo da inscrición:A inscrición tera un prezo de 5 euros ata sábado 26 Xullo 2014 ás 23:59h (tarifa reducida).

Dende ese día a esa hora,ata o martes 29 de Xullo 2014 ás 23:59h o custe será de 7€ (peche definitivo).

Gratis para os menores e aqueles/as pertencentes a clubs de Marín.

TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
Recibirán trofeo conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil”. Nas carreiras “alevín – benxamín” e “chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña demeta.

Aos postos 50º, 100º e 150ºda clasificación xeral, Rungalicia.comagasalla 1 camiseta técnica e 1 mes de asesoramento gratuítoa os afortunados/as.

PREMIO ESPECIAL AO PRIMEIRO E PRIMEIRA MARINENSE QUE CRUCE A LIÑA DE META, acreditando ter nado no concello de Marín, por medio do DNI, Pasaporte ou estar censado no Concello. Atención:Indicar no momento de facela inscrición en www.championchipnorte.com

CATEGORÍAS:
HOMES
Xuvenil - Xunior- Promesa: 1998-1992
Sénior: 1991-1979* (*) ate o 1 agosto.
Veteranos A: Cumpridos, o día da proba, máis de 35 anos ata 45 anos.
Veteranos B: Cumpridos, o día da proba, de 46 anos ata 55.
Veteranos C: Cumpridos, o día da proba, de 56 anos ata 65.
Veteranos D: Cumpridos o día da proba, máis de 65 anos.

MULLERES
Xuvenil - Xunior- Promesa: 1998-1992
Sénior: 1991-1979* (*) ate o 1 agosto.
Veteranas A: Cumpridos, o día da proba, máis de 35 anos ata 45 anos.
Veteranas B: Cumpridos, o día da proba, de 46 anos ata 55.
Veteranas C: Cumpridos, o día da proba, de 56 anos ata 65.
Veteranas D: Cumpridos o día da proba, máis de 65 anos.
Categoría: Locais - Marín: Premio especial: 1º e 1ªMarinense: nado no Concello de
Marín ou censado/a (DNI e/ou Pasaporte)

ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:00 h. aprox.) na ALAMEDA. Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos/as os/as participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do teléfono 986 090 898ou no correo-e carreras@gestsportgalicia.es


:: Comenta a Carreira +10 de Marín no foro ::