Calendario
Info da proba

Castroverde

20/07/2014 10:00 - 12:00
Regulamento
II Carreira Popular Concello de Castroverde

Data: domingo, 20 de xullo de 2014.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: saída e meta na Área Recreativa Veiga do Olmo (ao lado das Piscinas Municipais).
Distancia: de 100 a 7.500 m.
Organiza: Concello de Castroverde.
Inscrición: ata o martes día 15 de xullo ás 20 horas en Carreiras Galegas
Web: Concello de Castroverde

:: Comenta a Carreira de Castroverde no foro ::


REGULAMENTO

1º O Concello de Castroverde, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo organiza o domingo día 20 de xullo de 2014 a II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTROVERDE , que dará comezo as 10:00h.

2º Poderán participar cantas persoas o desexen, esteanou non federadas.

O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

3º O circuíto discorrerá pola vila de Castroverde (sendo unha pequena parte pola parroquia de Covelas), a maior parte do circuíto será sobre terreo chan aínda que haberá algunha que outra costa, sobre terra e asfalto. A saída e a meta será na Área Recreativa Veiga do Olmo (ó lado das Piscinas Municipais).

4º A orde de saída será a seguinte:

HORA CATEGORÍA ANO DISTANCIA
10:00 H Pitufos Femininos/Masculinos ≥07 100 m
Benxamíns Femininos/ Masculinos 05/06 400 m
Alevíns Femininos/ Masculinos 03/04 600 m
Infantís Femininos/Masculinos 01/02 1.500 m
Cadetes Fenininos/Masculinos 99/00 2.500 m
Xuvenís Fenininos/Masculinos 97/98 4.500 m

11:00 H Junior Femininos/Masculinos 95/96 7.500 m
Promesa Femininos/Masculinos 92/94
Sénior Femininos/Masculinos 80/91
Veteráns A 70/79
Veteráns B 60/69
Veteráns C ≤59

ANDAINA Calquer idade

ENTREGA DE PREMIOS

5ºInscricións.
As inscricións e o pago farase accedendo a paxina web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.org.e cubrir os datos solicitados no formulario.

Poderá elixir inscribirte na carreira ou na andaina.

Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa se é o caso e teléfono de contacto.

O prazo remata o martes día 15 de xullo ás 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.

Custo:Tanto a carreira como a andaina terán un custo de 2 € (a categoría de pitufos estará exenta deste pago)

A categoría de Pitufos NON levará chip pero sí se lles dará dorsal e camiseta.

6º Os dorsais , chips e camisetas , serán entregados polos organizadores o día da proba no mesmo recinto da carreira ás 9:00 horas debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquera dúbida é imprescindible presentar o xustificante de pago para
retirar o dorsal.

Cada participante deberá traer imperdibles para a colocación dos dorsais.

7º Serán, motivos de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo ,falsificar os datos persoais.

8º O peche do control na carreira absoluta (carreira de 7500 m) , producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
9º Premios:

Os participantes da andaina levarán de recordo unha camiseta.

Carreira competitiva:
Levarán trofeos:
- Os tres primeiros de cada categoría, tanto femininacomo masculina
- Levarán medallas todos os participantes da categoría Pitufo.
- Levará trofeo o primeiro participante de cada categoría masculino e feminino que estea empadroado en Castroverde.
- Tamén levarán trofeo os atletas de menor e maior idade tanto masculino como feminino que participen na carreira.

Haberá os seguintes premios en metálico para os gañadores da carreira de 7.500 m:
MASCULINO
1º PREMIO: 200 €
2º PREMIO: 100 €
3º PREMIO: 50 €
FEMININO
1º PREMIO: 200 €
2º PREMIO: 100 €
3º PREMIO: 50 €

OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS

10º A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven premio.

11º A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidanacontecer aos participantes desta carreira.

12º Haberá un servizo de ambulancia dispoñible duranteo evento.

13º Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.

14ºAs reclamacións deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados.

Si son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 € ó xurado de apelación.

15º O non previsto neste regulamento resolverase de acordo co manual da IAAF. ou RFEA en vigor.

16º Os gastos de desprazamento dos participantes correrán ao seu cargo.

17º Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira.

18ºHaberá servizo de duchas nas Piscinas Municipais de Castroverde.

Organiza:Concello de Castroverde
Colaboran:Federación Galega de Atletismo, Fontecelta, Frutas López, Supermercado Día%, Alimentación Serra, SuperOtero 21 (Spar), Club de Atletismo de Castroverde, Asociacións de Castroverde: “Amigos do Patrimonio”,“Espalladoira”,”Zuncurrundullo”, “Forno da Vella”, “ANPA”, “Xubilados e Pensionistas”.


:: Comenta a Carreira de Castroverde no foro ::