Calendario
Info da proba

Arcade-Soutomaior

27/07/2014 11:15 - 13:15
Regulamento
I Carreira da Ostra, Arcade - Soutomaior

Data: domingo, 27 de agosto de 2014.
Hora: a partires das 11:15 h. Proba absoluta ás 12:30 h.
Lugar: saída e meta do Peirao de Arcade.
Distancia: de 100 a 5.000 m.
Organiza: Concello de Soutomaior e Gestsport Galicia
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento.
Web: Concello de Soutomaior

:: Comenta a Carreira da Ostra neste tema do foro ::

CATEGORÍAS
MASCULINA / FEMININA
Ano Menor Ano Maior Ano Nacemento
Chupete De 0 anos A 5 anos Nados 2009 ata 2014
Pitufo/a De 6 anos A 7 anos Nados 2007 e 2008
Benxamín De 8 anos A 9 anos Nados 2005 e 2006
Alevín De 10 anos A 11 anos Nados 2003 e 2004
Infantil De 12 anos A 13 anos Nados 2001 e 2002
Cadete De 14 anos A 15 anos Nados 1999 e 2000
Xuvenil De 16 anos A 17 anos Nados 1997 e 1998
Junior De 18 anos A 19 anos Nados 1996 e 1995
Promesa De 20 anos A 22 anos Nados 1994 – 1993 e 1992
Senior 1991 Ata veteranos/as Nados no 1991 ata que cumpran 35 anos.

Veteranos/as 1 Cumpridos: De 35 anos A 39 anos Na categoría de veterán, será sempre dende o día da proba.
Veteranos/as 2 De 40 anos A 44 anos
Veteranos/as 3 De 45 anos A 49 anos
Veteranos/as 4 De 50 anos A 54 anos
Veteranos/as 5 De 55 anos A 59 anos
Veteranos/as 6 De 60 anos A 64 anos
Veteranos/as 7 De 65 anos En diante


PREVIO Á PROBA
1. DATA: O Concello de SOUTOMAIOR e Gestsport Galicia SL organizan o Domingo 27 de XULLO de 2014, a partir das 12:30 horas, a “I Carreira da Ostra ARCADE-SOUTOMAIOR 2014 , co patrocinio de o Concello de Soutomaior

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

MASC. / FEM. Ano Menor / ano Maior Nacemento Distancia
Chupete De 00 A 05 2014 – 2009 100m aprox.
Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2007 300m aprox.
Benxamín De 08 A 09 2006 – 2005 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2004 – 2003 500m aprox.
Infantil De 12 A 13 2002 – 2001 1.000m aprox.
Cadete De 14 A 15 2000 – 1999 1.000m aprox.
Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1997 1.200m aprox.
Junior De 18 a 19 1996 – 1995 5.000m aprox.
Promesa De 20 a 22 1994 – 1993 e 1992 5.000m aprox.
Sénior De 18 A 34 1991 ata 1979* (34 anos) 5.000m aprox.
Veteranos/as 1 De 35 A 44 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 2 De 45 A 54 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 5 De 55 A 64 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 7 De 65 En diante Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por Carreira da Ostra Arcade – SOUTOMAIOR 2014 causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.

- Eximo de toda responsabilidade á organización quepuidera derivar da miña participación no evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).

- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.

- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Gestsport Galicia. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior,xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estaraseao que dispoña a Organización.

A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do MÉRCORES 23 XULLO (O MÉRCORES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web www.championchipnorte.com

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse:
1.- durante o SÁBADO día 26 de Xullo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
2.- o mesmo día da carreira, domingo 27 Xullo, dende as 9:00 ata media hora antes do comezo de cada proba (ata as 11:00 horas), no “Peirao de Arcade” facilitando o nome do/a participante e ano de nacemento, así como a autorización familiarcorrespondente.

Haberá tres (3) tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos, o deportista pagará a cota de 5 € por persoa máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip por persoa (é obrigatorio o seu uso).
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
- Situación de desemprego: No caso de que o/a deportista das categorías Sénior e Veteranos que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

Para máis información en www.championchipnorte.com; no momento de recoller o dorsal deberá presentar o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.

5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do Peirao de Arcade o sábado día 26/07 de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h e o domingo 27/07 dende as 9:00h ata as 11:00h.

6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha Institución Social.


DURANTE A XORNADA DA PROBA
7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade será achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta.

8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”.

Haberá ambulancia/s e un médico/a para a atención.

9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e pequenas zonas mixtas de terra/herba). Haberá diversos controis de paso obrigatorios.

10. AVITUALLAMENTO. Durante a proba facilitaráse avituallamento líquido, e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

11. HORARIOS E PROBAS:
12:30h CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIORE VETERÁNS 5.000m aprox.
12:15h Chupete De 00 A 05 2014 – 2009 100m aprox.
12:05h Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2007 300m aprox.
11:50h Benxamín De 08 A 09 2006 – 2005 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2004 – 2003 500m aprox.
11:35h Infantil De 12 A 13 2002 – 2001 1.000m aprox.
11:25h Cadete De 14 A 15 2000 – 1999 1.000m aprox.
11:15h Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1997 1.200m aprox.

12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas ou coa sua correspondente cinta de nocello) por todo o percorrido, co propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.

Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30€ (trinta)euros.

14. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presenteRegulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.

16. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da zona de saída. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios


POSTERIOR Á PROBA
17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico (Cruz Vermella), servizo de Gardería, Sorteo de regalos...

18. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores absolutosaos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.

19. Haberá premio ao 1º/1ª clasificados/as do Concello de Soutomaior(nados ou censados) sendo obrigatorio presentar a documentación axeitada para poder recibir este premio.

CATEGORÍA ABSOLUTA
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo

Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.

Todos os deportistas masculinos ou femininos absolutos que cheguen a meta nos postos 25º, 50º, 75º, 100º e 125º da carreira absolutaserán obsequiados/as cunha camiseta técnica e 1 mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com

CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERÁNS
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo

20. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 14:00 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes,entenderase que renuncian ao premio.

21. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 986 090 898 ou no correo-e carreras@gestsportgalicia.es


:: Comenta a Carreira da Ostra neste tema do foro ::