Calendario
Info da proba

Barreiros

13/07/2014 10:43 - 12:43
Regulamento
I Real Carreira de Relevos Ría do Masma, Barreiros

Data: 13 de xullo de 2.014.
Hora: 10.43 H.
Lugar:Campo de fútbol do Cascabeiro, Barreiros (Lugo)
Distancia: 4 x 8 km.
Organiza: Café Bar Moderno, S.L.
Inscrición: Ver nas bases
Web: Actualidad Barreiros

:: Comenta a Carreira de Relevos neste tema do foro ::



BASES “I REAL CARREIRA DE RELEVOS RIA DO MASMA”


COLABORA:

Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo
Area de cultura e deportes Concello de Barreiros.
Protección Civil de Barreiros.

SISTEMA DE COMPETICIÓN E NORMATIVA:
Poderán participar maiores de 18 anos.

Trátase dunha carreira de relevos ó longo dun circuito de aproximadamente 8 km.

Cada relevista dará unha volta completa ó circuito.

Os participantes correrán cun testigo que farán entrega ó compañeiro seguinte na zona de saida-meta.

No intre da inscripción deberase indica-los nomes na orde de participación.

Os relevistas deberán poñerse a disposición do persoal de control, antes de toma-la saida.

A clasificación final será por orde de chegada do último relevista.

Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización.
En caso contrario poderán ser descalificados.

Os participantes deberán pasar por todo-los puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto, dará lugar á descalificación do infractor.

Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que a organización considere inapropiadas.

Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.

A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.

A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento ante calquer imprevisto.

INSCRIPCIÓNS:
Importe inscripción 10,00 € por participante, 40,00 € por equipo.

O prazo remata o mércores día 9 de xullo. O día da carreira e ata 1 h. antes do comezo da proba poderase inscribir, mediante pago en efectivo e sen dereito a incluisión en clasificacións nin trofeos.

Pago: Ingreso en conta bancaria: ES0402388170930600004464. Indicar no resguardo o nome do equipo ou do primeiro relevista (capitán do equipo).

No intre de face-la inscripción deberase adxunta-lo documento de pago.

Enviar datos a: info@cafebarmoderno.org

Calquer dúbida: Tfnos: 982 124 085 – 615 09 21 15

Confirmarase inscripción por correo electrónico. En caso de non confirmar nun prazo de 2 días, voltar a mandar correo.

Datos a aportar polos participantes:
Nome do equipo, nome e apelidos dos participantes (na orde de participación), DNI, tfno. de contacto do “capitán do equipo-primeiro relevista”, e-mail, localidade (opcional), categoría na que se inscriben e clube ó que representan (opcional).

Máis información (Bases da carreira) nas seguintes webs: http://www.actualidadbarreiros.info/2014/06/i-real-carreira-de-relevos-ria-do-masma/

http://hotelriadomasma.com http://cafebarmoderno.hotelriadomasma.com

Recollida de dorsais: Café Bar Moderno – de luns 7/07/2014 a sábado 12/07/2014, sito na estrada xeral de Barreiros (Lugo), ou o día da carreira ata media hora antes do comezo, na liña de saida.

CATEGORIAS:

- MASCULINO: 4 HOMES
- FEMININO: 4 MULLERES
- MIXTO: 2 HOMES + 2 MULLERES
PREMIOS :
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e medallas para todo-los participantes.

PERCORRIDO:
Saida dende o campo de fútbol do Cascabeiro, dirección barrio A Áspera, Vilar, Anea, Ria do Masma (percorrido pola zona da marisma aproveitando a marea baixa – zona técnica), Punta Anguieira, Viladaide, Campo de fútbol.
Atoparémonos con zona de asfalto, camiños de terra, zona de ría.
Distancia aproximada percorrido 8 km.

VARIOS:

A organización ofrecerá obsequios varios ós participantes.
Ofrecerase avituallamento líquido no km. 5 e líquido e sólido na meta.
Haberá seguro de responsabilidad civil.
A organización non se fai responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan
sufri-los participantes ou os seus acompañantes.
Haberá servizo de duchas e aseos no campo de fútbol de Barreiros.
Zona de aparcamento.


:: Comenta a Carreira de Relevos neste tema do foro ::