Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Monte Trega
02/08/2014
18:00 - 20:30
Voltar
Regulamento
Carreira Populares Festas do Monte Trega
Andar - Marchar - Correr
Data:
sábado, 2 de agosto de 2014.
Hora:
a partires das 18:00 h. Ver horarios no regulamento.
Lugar:
A secretaría será na R/ Troncoso nº 5 galerías (Alameda), A Guarda.
Distancia:
de 100 a 7.339 m.
Organiza:
Atletismo Trega.
Inscrición:
Ver no regulamento.
Web:
Atletismo Trega
:: Comenta as Carreiras do Monte Trega no foro ::
REGULAMENTO
O atletismo TREGA, o sábado día 2 de agosto do ano 2014 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.
As
inscricións
, serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es, teléfono 664 865 003, así como na caseta instalada na Alameda de A Guarda, constará de nome, apelidos, data de nacemento completa , DNI, residencia, Club, nº de ficha, nº de teléfono.
Horarios, categorías e distancias
18h CAMIÑADA - 7.339 m
19h PULGAS MULLERES e HOMES 2009/2010 - 100 m
19.10h PRE-BENXAMINS MULLERES e HOMES 2007/2008 -200 m
19.20h BENXAMÍNS MULLERES e HOMES 2005/2006 - 1.000 m
19.35h ALEVINS MULLERES e HOMES 2003/2004 - 1.400 m
19.45h PROMESAS MULLERES e HOMES 92/93/94/95/96/97/98
SENIOR MULLERES e HOMES 1991 ata veterano
VETERANOS HOMES - A 35 a 44 anos
VETERANOS HOMES - B 45 a 54 anos
VETERANOS HOMES - C 55 e antes
VETERANAS MULLERES - A 35 a 44
VETERANS MULLERES - B 44 e antes - 7.339 m
19.50h INFANTILES MULLERES e HOMES 2001/2002
CADETES MULLERES e HOMES 1999/2000
DISCAPACITADOS MULLERES E HOMES MAIS DE 15 ANOS - 3.000m
1. A secretaría será na R/ Troncoso nº 5 galerías (Alameda).
2. De pulgas ata cadetes inscrición gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 3 € sen agasallo e 5 € con agasallo, na carreira absoluta fora de prazo serán 8 €, e 1 € nas categorías menores. Na camiñada pagarase 2 € con agasallo, non é competitiva.
3. Poderase facer o ingreso no banco Santander (openbank): ES03 0073 0100 5905 0188 0003 A NOME DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, facendo constar os nomes dos depositarios. Presentarase xustificante para retirar o dorsal. Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega. Será o momento de realizar o pagamento.
4. Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira.
5. O prazo péchase o día 1 de agosto a partir das 18 horas. Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa con aviso por email, ou teléfono.
6. Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas, Pre Benxamíns e Benxamíns os demais serán trofeos a os tres primeiros clasificados de cada categoría. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo.Serán entregados pola Comisión de Festas.
7. Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2013/2014.
8. Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles.
9. Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes.
10. En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
11. Os resultados enviaranse por correo electrónico. Estarán colgados na web www.trega.es
12. Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
13. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
14. Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba.
15. Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro e Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
16. O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados.
17. Nas categorías menores serán responsabilidade dos pais se os participantes sofren algunha lesión.
18. As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do atletismo Trega.
19. AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do día e do atletismo popular.
20. A participación nas carreiras populares, implica a total aceptación do presente regulamento.Este regulamento pode ser modificado para súa mellora.
:: Comenta as Carreiras do Monte Trega no foro ::
Voltar