Calendario
Info da proba

Moaña

20/07/2014 9:00 - 13:00
Regulamento
TRAIL DA MOURA, Moaña

http://youtu.be/zoca6j4VIDI


Este primeiro Trail da Moura consta dun percorrido de 20km e outro de 10km non só feitos pensando en dureza, nin distancia, senón tamén en beleza paisaxística e visual. Por este motivo a proba atravesa lugares emblemáticos da parroquia de Domaio (concello de Moaña) como é a senda que percorre o río salpicada de infinidade de muíños e fervenzas, a Poza da Moura, coñecida ademáis de pola súa beleza pola multitude de lendas que a rodean, petroglifos ou magníficos miradores que permiten ver a ría dende Cíes ata Redondela.

Como afeccionados a este tipo de probas conseguimos un percorrido que case non toca o asfalto (non máis dun 3%) buscando ademáis sendeiros para maior disfrute e beleza.

Un trail de dificultade media ideal para os máis avezados deportistas e para todos aqueles que queiran facer a súa primeira toma de contacto coa disciplina.

A proba de 20km acumula un total de 959m de desnivel positivo acumulado, cunha pendente máxima do 35% e unha altitude máxima sobre o nivel do mar de 450m na que se disporán tres avituallamentos sólidos e líquidos que serán ademáis puntos de control e evacuación.

Na proba de 10km o desnivel acumulado alcanza os 560m e unha pendente máxima do 30% coa disposición dun avituallamento.

Si ben é certo que o 90% das probas xira única e exclusivamente entorno ó deportista o obxectivo nesta ocasión é atraer a mirada dos curiosos e facer levadeira a espera dos sufridos acompañantes, por este motivo na zona de saída/meta disporase dun servicio de wifi (a clave entregarase coa bolsa de corredor) ademais dalgún espectáculo musical tanto alí como nos avituallamentos do Souto e de San Lourenzo, como se poden ver en probas de primeiro nivel.

A nivel de seguridade a organización ten contratados un seguro RC e outro de accidentes para cubrir os posibles percances. Contarase coa presenza dunha ambulancia do 061 e outra medicalizada contratada a maiores, un plan de evacuación, distribución estratéxica de voluntarios e un "grupo escoba" pechando a proba con material de primeiros auxilios.

Todo coordinado dende un posto de control xunto con protección civil e medios sanitarios en contacto cos voluntarios e puntos de evacuación.

A data escollida é o 20 de xullo e o lugar de saída, meta, recollida de dorsais e vestiarios é o campo de fútbol de Domaio.

O horario previsto é de 7 a 8:30 recollida de dorsais (seremos estrictos co horario marcado)no trail-village sito no propio campo para dar saída as 9:00 da mañá.

As inscripcións faranse cubrindo o formulario da propia web.(a inscripción implica automáticamente a aceptación do regulamento).

LUGAR: A saída terá lugar no campo de fútbol de Domaio (Moaña) e discorrerá case na súa totalidade polos montes de dita parroquia.

DISTANCIAS: 20 km e 10 km

DATOS TÉCNICOS:

TRAIL: 20km, 959m de desnivel acumulado cunha pendente máxima do 37,6% e unha altitude máxima de 450m sobre o nivel do mar e mínima de 54m. A pendente media é do 9,8%.

MINITRAIL: 10.1Km, 560m de desnivel acumulado cunha pendente máxima do 31% e unha altitude máxima de 560m sobre o nivel do mar e mínima de 54m. A pendente media é de 10´9%

MODALIDADES: Correr ou andar, para os andaríns estamos cerrando unha pequena variante pero rondará os 12km.

INSCRIPCIÓNS/PRECIZOS: Através da páxina web sportdays.es ata o 11 de xullo 15 euros o trail e 12 euros minitrail e andaina.

HORARIOS:

RETIRADA DE DORSAIS: sábado 19 de 16:00 a 20:00 e domingo de 7:00 a 8:30 na zona de saída. Recoméndase na medida do posible retirar os dorsais o dia 19 e rógase puntualidade, pois o dia 20 serase estricto co horario previsto.

BRIEFING: domingo ás 8:50.

SAÍDA: domingo 20 ás 9:00 (en función dos inscritos poderanse facer saídas diferenciadas para os 10km e os 20km ou a andaina).


MÁIS INFO EN SPORTDAYS.ES , EN SPORTDAYS@HOTMAIL.COM OU NO TELEFONO 657399114