Calendario
Info da proba

Cabana

27/09/2014 All Day Event
Regulamento
I Carreira Popular Dolmen de Dombate, Cabana de Bergantiños

Data: sábado, 27 de setembro de 2014.
Hora: -
Lugar: Cabana de Bergantiños.
Distancia: -10 km
Organiza: -
Inscrición: -

I CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE

Proba de 10 km


Proba de 6km


A I Carreira Popular Dolmen de Dombate”, enmárcase dentro do convenio de xestión do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate entre o Concello de Cabana de Bergantiños e a Deputación Provincial da Coruña.

IDEOLOXÍA

A Carreira Popular ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable, e acercar implicar tamén á poboación en xeral para que visite e se conciencie da importancia do xacemento do Dolmen de Dombate.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as (dende os 3 anos) como adultos.

A posibilidade de participación é:

- Corredores de carreiras: son aqueles deportistas (adultos e menores de idade) que se inscriben nunha ou varias probas das que se compón o circuito. Deberán facer unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen participar. Nas categorías de adultos os corredores Terán a posibilidade de inscribirse na proba de 6 k o 10 k.
Na proba de 6 k participarán en categoría sénior independentemente da súa idade.
Na proba de 10 k (categoría sénior, M40 e M50 ) a distancia e de 10.000 metros aprox.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS E HORARIOS DAS CARREIRAS

CATEGORÍA: Pitufo (Mixto)
IDADES: 2007-2010
DISTANCIAS: 300 m (aprox.)
HORARIOS: 18:15h

CATEGORÍA: Benxamín (Mixto)
IDADES: 2005-2006
DISTANCIAS: 1.000 m (aprox.)
HORARIOS: 18:00h

CATEGORÍA: Alevín (Masculino/Femenino)
IDADES: 2003-2004
DISTANCIAS: 1.000 m (aprox.)
HORARIOS: 17:45h

CATEGORÍA: Infantil (Masculino/Femenino)
IDADES: 2001-2002
DISTANCIAS: 3.000 m (aprox.)
HORARIOS: 17:00h

CATEGORÍA: Cadete (Masculino/Femenino)
IDADES: 1999-2000
DISTANCIAS: 3.000 m (aprox.)
HORARIOS: 17:00h

CATEGORÍA: Xuvenil (Masculino/Femenino)
IDADES: 1997-1998
DISTANCIAS: 5.000 m (aprox.)
HORARIOS: 18:45h

CATEGORÍA: Sénior 6k (Masculino/Femenino)
IDADES: A partires de 1996 (incluído)
DISTANCIAS: 6.000 m (aprox.)
HORARIOS: 18:45h

CATEGORÍA: Sénior 10k (Masculino/Femenino)
IDADES: 1996 ata veteranos
DISTANCIAS: 10.000 m (aprox.)
HORARIOS: 18:45h

CATEGORÍA: Veteranos M40 (Masculino/Femenino)
IDADES: De 40 a 49 anos
DISTANCIAS: 10.000 m (aprox.)
HORARIOS: 18:45h

CATEGORÍA: Veteranos M50 (Masculino/Femenino)
IDADES: 50 anos ou máis
DISTANCIAS: 10.000 m (aprox.)
HORARIOS: 18:45h

- Cada atleta das categorías Veteranos (M40 E M50) competirán na que lle corresponda por idade cumprina no comezo da primeira proba que conforma o circuito, mantendo dita categoría ata a última proba.

NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE

1. A I Carreira Popular Dolmen de Dombate rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428 ∕2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849 ∕1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
2. A proba estará subscrita ó seguro de responsabilidade civil do concello. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849 ∕ 1993.
3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estime oportuno por razón de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaricamente.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordó, por esta orde, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A.F.en vigor.
9. A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha instalación para que se poidan cambiar e duchar, así como un servizo de garda roupa. No caso do Concello de Cabana de Bergantiños os atletas poderán usar o Pavillón Municipal, situado en A Carballa (na zona do Concello e do colexio) e haberá servizo de Bus antes e ao finalizar a carreira.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
11. A organización poñerá a disposición dos participantes Servizo de Fisioterapia.
12. Descualificacións:
- O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
- Todo atleta que non realice o percorrido completo.
- O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.
13. As carreiras 10k e 6k estarán sinaladas cada kilómetro.
14. Na carreira 10 k habilitarase un avituallamento líquido no quilómetro 6 aproximadamente. No resto das carreiras habilitarase o avituallamento especial de meta.
15. Xunto co dorsal e o chip farase entrega da camiseta conmemorativa a tódolos participantes . A organización agradecería ós atletas que corresen a proba con ela sempre e cando sexa posible.

DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS

Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar en www.concello-cabana.es, así coma de www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se exponen:
- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atención especiais,…)deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
- O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa a solicitude expresa por escrito.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE/CHIPS E DORSAIS

* Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir sexeuto ós cordóns das zapatillas).
* Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo.
* Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
* O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba.
* O atleta que non porte dorsal poderá ser descalificado se así o estima a dirección de carreira.
* Tanto os dorsais coma os chips ( no caso de non posuílos) poderanse recoller nos seguintes lugares e días:
- Categorías dende pitufos a xuvenís: o venres 26 de 10:00 a 15:00 na Casa da Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños e o sábado 27 de 10:00 a 14:00 na Casa da Cultura e de 15:30 a 16:30 no Centro de Arqueolóxico do Dolmen de Dombate
- Categorías senior e demáis das probas de 6km e 10 km: o sábado 27 de 10:00 a 14:00 na Casa da Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños e de 15:30 a 18:00 no Centro de Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

* Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores usarán o “chip de carreira” que deberán devolver á organización ó remate da mesma.
- Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
* Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuito do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuito.

INSCRICIÓN

As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición remata o mércores 24 de setembro

As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma championchip ou presentando un formulario de inscrición no departamento de cultura e deportes do concello organizador.

Así mesmo deberán achegar a autorización paterna no momento de realizar a inscrición.

Tipo de inscrición para atletas adultos:

Corredores de carreira:

- OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10 K OU NA PROBA 6 K.
- Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
- Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberán devolver ó remate da proba.

Inscricións de Categoría Base:

A inscrición para os atletas de categorías base, dende pitufo a xuvenil, serán gratuítas.

As inscricións para os atletas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil poderán realizarse a través de:

1) Plataforma championchip (www.championchipnorte.com. ) A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou www. concello-cabana.es

2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabana de Bergantiños.

Os/as atletas de categoría Pitufo deberán facer a inscrición do seguinte xeito:

1) Enviando un email a cabana@concello-cabana.es coa autorización paterna cuberta e asinada. Á hora de recoller o dorsal deberá presentarse impresa e asinada dita autorización paterna, poderá descargarse en www.concello-cabana.es

2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Cultura e Deportes do concello de Cabana de Bergantiños.

Cotas de inscrición:

- A inscrición para os atletas é gratuíta

PERCORRIDOS E HORARIOS DAS CARREIRAS DAS DIFERENTES CATEGORÍAS

a ) Infantil: 2000 -2001 e Cadete 1999-2000: (17:00 h) Percorrido: Polo chan de Borneiro.
3km. aprox.

b ) Alevín: 2004 - 2003 (17:45 h) Percorrido: Polo chan de Borneiro.
1km. aprox.

c ) Benjamín: 2005 – 2006 (18:00 h) Percorrido: Polo chan de Borneiro.
1km. aprox.

d ) Xuvenil 1998 – 1997 e Absolutos 6K a partir de 1996, é decir, que cumpran 18 anos ou máis en 2014 ( 18:45 h ) Percorrido: Polo chan de Borneiro.
6km. aprox.
Unha hora para rematar o percorrido

e) Pituf@s: 2010,2009,2008,2007 ( 18:15 h ). Percorrido: Polo chan de Borneiro.
300 m. aprox.

f ) Absoluta 10 KM APROX. (18:45 h). Tempo máximo de rematea da proba 1h e 20´
F.1 ) Señor: 1996 ata veterán
F.2 ) Veterán A: de 40 a 49 anos
F.3 ) Veterán B: de 50 ou máis anos

CLASIFICACIÓNS E TROFEOS /MEDALLAS

* Clasificacións da proba 10 k:

- Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (sénior, M40 e M50).
- Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado do concello organizador da proba.

* Clasificacións da proba 6 k:

- Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 6 k.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).

* Clasificacións das probas de base:

- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (infantil, cadete e xuvenil).
- En categorías benxamín e alevín recibirán medallas todos os participantes na proba, aínda que só subirán ó podio únicamente os tres primeiros clasificados en cada categoría.
- En categoría pitufo recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba pero non subirán ó podio.

* Entrega de trofeos ós campións da I CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE:

Unha vez rematadas as probas organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a tódolos atletas campións en cada unha das categorías (benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior, M40, M50 e local ).
O lugar será no Centro de Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

:: Comenta a Carreira de Cabana no foro ::

MÁIS INFORMACIÓN EN BREVE....

:: Comenta a Carreira de Cabana no foro ::

Enlaces de interés:

- Autorización menores