Calendario
Info da proba

Corcubión

20/09/2014 17:30 - 20:30
Regulamento
XIII Carreira Pedestre Vila de Corcubión
Correndo pola Costa da Morte

Data: 20 de setembro de 2014.
Hora: a partires das 17:30 h.
Lugar: Corcubión.
Distancia: de 450 a 9.000 m.
Organiza: Concello de Corcubión.
Inscrición: Ver no regulamento.



:: Comenta a Correndo pola Costa da Morte neste tema do foro ::


IDEOLOXÍA
A XII Carreira Pedestre Concello de Corcubión 2014 que terá lugar o sábado 20 de Setembro, enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).
Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo


- Cada atleta das categorías Veteranos (M40 e M50) competirá na que lle corresponda por idade cumprida no comezo da primeira proba que conforma o circuíto, mantendo dita categoría ata a última proba.

PERCORRIDO

CIRCUITO A (450m) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7292762

CIRCUITO B (1500 METROS) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7359793

CIRCUITO C ( 9000METROS) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5220285

NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. A carreira popular “vila de Corcubión” rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de
2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).

2. A proba estará subscrita ó seguro de responsabilidade civil do concello de Corcubión e da Federación Galega de Atletismo . Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.

3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.

4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.

5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente.

6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.

7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

8. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de organizador non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da comisión organizadora, sendo as súas decisións inapelables.

9. A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha instalación para que se poidan cambiar e duchar, así como un servizo de garda roupa.

10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.

11. Descualificacións:
- O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
- Todo atleta que non realice o percorrido completo.
- O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.

12. As carreiras de 5K e 10K estarán sinaladas cada quilómetro.

13. Na carreira de 10K habilitarase, no punto 5.100 m., un avituallamento líquido. Nas demáis carreiras habilitarase o avituallamento especial de meta.

14. Xunto co dorsal e o chip farase entrega da camiseta conmemorativa aos participantes adultos.


DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS

Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do concello(www.corcubion.info) así coma de www.championchipnorte.com

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:

- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no
reverso do dorsal da proba.
- O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS
- Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito ós cordóns das zapatillas).
- Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo.
- Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
- O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará na clasificación do circuíto.
- O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
- Os corredores de circuíto que participan na liga deberán usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.
- Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do circuíto
no lugar habilitado para tal efecto. A retirada de dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 30 minutos de antelación ó inicio da carreira.
- No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de Championchip.
- No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
- Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ó remate da mesma.
- Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
- Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.

INSCRICIÓNS
As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com

As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma championchip ou presentando un formulario de inscrición nas oficinas do Concello de Corcubión. Así mesmo deberán achegar a autorización paterna no momento de realizar a inscrición.

Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:

- Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga.
- Teñen que asistir a un mínimo de seis probas 10 K. do total do circuíto.
- Deben usar obrigatoriamente “chip amarelo” e usarán un dorsal único para todo o circuíto.
- Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
- As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da terceira proba puntuable.
- Corredores de carreira: son atletas (adultos) que só participan de maneira puntual nalgunha das probas do circuíto.
- OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10 K OU NA PROBA 5 K.
- Non participan na liga.
- Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
- Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberán devolver ó remate da proba.

Inscricións por equipos:
- Os/as atletas que compitan no circuíto tamén poderán optar á clasificación por equipos. Para isto terán que premer na opción “equipo” habilitado a tal efecto na plataforma de Championchip. Unha vez feito iso, o persoal de atención da empresa porase en contacto cos participantes para informalos do proceso a seguir.

Inscricións de Categoría Base:

A inscrición para os atletas de categorías base, dende pitufo a xuvenil, serán gratuítas.

As inscricións para os atletas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil poderán realizarse a través de:
1) Plataforma championchip ( www.championchipnorte.com. ) A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina do concello organizador.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes no concello de Corcubion.

Os/as atletas de categoría Pitufo debrán facer a inscrición do seguinte xeito:
1) Enviando un email ao Departamento de Deportes concello de Corcubión coa autorización paterna cuberta e asinada.
Á hora de recoller o dorsal deberá presentarse impresa e asinada dita autorización paterna.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do concello organizador.

Cotas de inscrición:
- A inscrición para os atletas de categorías base (pitufo a xuvenil) será gratuíta.
- A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.
- A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá un custo de 20 € para aqueles que teñan chip en propiedade, e de 30 € (20 € de inscrición + 10 € pola compra do “chip amarelo”) para aqueles que deban mercar o chip.
A participación no circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” permite ós
atletas adquirir o “chip amarelo” en propiedade por un prezo reducido de 10 €. Dito chip será válido para participar en calquera proba cronometrada por Championchip.

PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición rematará o mércores 17 de Setembro ás 00:00 horas.

INSCRICIÓNS
INSCRICIÓNS DE CATEGORÍAS BASE (gratuítas)
As categorías base son: pitufo, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
A continuación preséntanse as opcións para proceder á inscrición nas diferentes categorías base:
- Inscricións categoría PITUFO.
Opción nº 1
Enviando un e-mail a info@corcubion.info coa autorización paterna cuberta e asinada.
O día da proba á hora de recoller o dorsal será preciso presentar dita autorización impresa e asinada.
Opción nº 2
Presentando a autorización paterna asinada nas oficinas do Concello).
- Inscricións categorías BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL, CADETE e XUVENIL.
Opción nº 1
A través da páxina web www.championchipnorte.com
A autorización paterna (nesta páxina poderase descargar) será preciso presentala debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais e chips o día da proba.
Opción nº 2
Presentando a autorización paterna (na páxina web do Concello www.corcubion.info. poderase descargar).
INSCRICIÓNS PARA CATEGORÍA SÉNIOR E VETERANOS
As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com

CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS

CLASIFICACIÓNS DAS PROBAS DE BASE
En categoría pitufo recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba segundo vaian chegando á meta. NON SUBIRÁN AO PODIO.
En categoría benxamín e alevín recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba segundo vaian chegando á meta. SÓ SUBIRÁN AO PODIO OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS EN CADA CATEGORÍA.
En categoría infantil, cadete e xuvenil recibirán trofeo e SUBIRÁN AO PODIO OS TRES PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS.
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 5K
Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 5K.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 10K
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados en cada unha das categorías (sénior, M40 e M50), independientemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
Recibirán trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Corcubión.
CERIMONIA DE ENTREGA DE TROFEOS
Unha vez rematada a última proba, que será a 10K (saída fixada para ás 19:00 horas), procederase ao acto de entrega de trofeos que está previsto que dé comezo ás 20:00 horas nun palco ubicado nas inmediacións da saída.

O Concello de Corcubión, co obxectivo de fomentar a práctica da actividade física e deportiva, organiza a XII CARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN.
A proba vai ter lugar o vindeiro día 20 de SETEMBRO de 2014, e forma parte do I Circuito de Carreiras Populares “Corrrendo pola costa da Morte” organizado xunto con outros sete concellos da bisbarra.
Nesta competición poden tomar parte todas as nenas e nenos nacidos entre os anos 2010 e 1997.

As categorías, distancias e horarios das carreiras son as seguintes:




A inscrición para os atletas das categorías de base, dende pitufo a xuvenil, será gratuita, e pódese facer presentando asinada a autorización paterna (reverso desta folla) no departamento de deportes do Concello de Corcubión.

Os atletas inscritos deberán recoller o seu dorsal e CHIP dende as 16:00 ata media hora antes da súa carreira na Praza do Concello. A categoría PITUFOS só levará dorsal (non chip)Dende o Concello de Corcubión animamos a todos os escolares a inscribirse na proba, para conseguir así que a XII CARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN se convirta nunha grande festa do deporte.
Agardámoste, INSCRÍBETE!!



:: Comenta a Correndo pola Costa da Morte neste tema do foro ::