Calendario
Info da proba

Taboada

20/09/2014 17:00 - 19:00
Regulamento III Carreira Popular de Taboada “Entre pazos e carballos”
- III Circuito Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2014-

Ven á III Carreira Popular de Taboada e goza dun percorrido entre as extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o comezo do outono, fermosas construcións do románico, a beleza das pendentes da Ribeira Sacra, e a grandeza de pazos e casonas. Situada a medio camiño entre Lugo e Ourense agárdate un tesouro único, para descubrilo achégate a correr por Taboada o 20 de setembro. Non faltes!

DATA: sábado, 20 de setembro de 2014
HORA:
- Categoría absoluta: 17:45 h
- Categorías escolares: 18:45 h
LUGAR: Taboada, Lugo
DISTANCIA: dende 100 a 7.400 m (distancia aproximada)
ORGANIZA: Asociación Cultural e Deportiva O Carballo (Taboada)
COLABORAN: GDR Miño-Ulla, Concello de Taboada, Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo (Deportes), Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, Caixa Rural Galega, Deportes Turini, Xoiería Camilo, Aquabona, Hiperfruit, ICOS S. C. G., Casa Romualdo, Escola de Equitación “A Cruz”, Tartas Ancano, Queixería Macán e Restaurante Urdi.
Carreira incluida no “III Circuito Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2014”, aínda que non será puntuable para a clasificación final do Circuito.



REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 18:45 da tarde nos arredores da Alameda de Taboada.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas distancias (aproximadas) correspondentes:
Categoría Chupete: nad@s en 2009 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2008 e 2006 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2005 e 2002 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2001 e 1998 - 1.500 metros

CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 17:45 da tarde con saída da Alameda de Taboada e un percorrido de 7,4 Km (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 1997 e 1989.
Categoría E: nad@s entre 1988 e 1979.
Categoría F: nad@s entre 1978 e 1969.
Categoría G: nad@s entre 1968 e anteriores.

INSCRICIÓNS:
- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico enviando os datos ó enderezo ac.ocarballo@gmail.com, de xeito presencial en Chorima (Taboada) ou no número de teléfono 646 372 511.
O prazo de inscrición remata o mércores 17 de setembro ás 24:00 horas.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
O prazo de inscrición remata o mércores 17 de setembro ás 24:00 horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

NOVO PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Alameda) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo dirixirnos á aldea de San Pedro, e a continuación ata preto de Fiunte. Voltamos a San Pedro pasando a carón da súa eirexa románica. Dende este punto continuaremos durante 2 Km por camiños de terra cara a Fonte dos Mouros, baixo a sombra de soutos e carballeiras, ata chegar de novo ós arredores de Taboada. Xa na vila, acadaremos a meta despois dun percorrido ó redor de 7,4 Km.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (20 de setembro) na carpa da organización sita na Alameda de Taboada a partires das 16:00 e ata as 17:00 horas.

PREMIOS
- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Haberá agasallos para os tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría (paseos a cabalo, libros, trofeos,…)
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da clasificación absoluta levarán:
1º/1ª Clasificad@: estancia de turismo rural en “Casa Romualdo”.
2º/2ª Clasificad@: ruta a cabalo coa Escola de Equitación “A Cruz”
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Considerase como local @ atleta empadroad@ en Taboada.
Os premios non son acumulables.
Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos da zona ó rematar a entrega de premios.
Carreira incluida no “III Circuito Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2014”, non puntuable para a clasificación final do Circuito, pero todos os inscritos no Circuito que participen en dita proba, recibirán un agasallo especial na entrega de premios finais.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do Pavillón Deportivo Municipal.
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as duchas nas instalacions do Pavillón Deportivo Municipal.

INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com e na páxina da A.C.D. O Carballo: https://www.facebook.com/acocarballo


MAPA E PERFIL DA CARREIRA




[align=center][align=justify]