Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia - Nocturna

14/06/2014 20:15 - 22:15
Regulamento
X Carreira Popular Nocturna Xinzo de Limia

Data: sábado, 14 de xuño de 2014.
Hora: a partires das 20:15 h.
Lugar: Praza de San Roque, Xinzo de Limia.
Distancia: de 225 a 6.250 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia coa colaboración da A. D. Limiactiva
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Asociación Deportiva Limiactiva



:: Comenta a Nocturna de Xinzo de Limia neste tema do foro ::

A X CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia e colabora a A. D. Limiactiva.

Esta proba celebrarase o sábado 14 de xuño de 2014, a partir das 20:15 H estando suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL
1. A saída e meta estarán situadas na Praza San Roque de Xinzo de Limia.

2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.

3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.

4. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.

5. En todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.

6. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

7. A entrega de dorsais realizarase na Praza de San Roque ata media hora antes do inicio de cada proba.

8. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.

9. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo delegar a recollida noutra persoa.

10. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

11. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

INSCRICIÓNS
A inscrición poderase facer ata o día 12 de xuño ás 23:59 H.

Formas de realiza-la inscrición:
- Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
- www.championchipnorte.com

Cuota de inscrición:
- Carreira absoluta: 3 euros para os propietarios de chip.
4 euros para os que necesiten alquilar o chip.

- Carreiras escolares: Inscrición de balde.

Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.

PERCORRIDOS

HORA CATEGORÍAS VOLTAS DISTANCIA
20:15 H BENXAMÍN-ALEVÍN 2 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.060 METROS
20:30 H INFANTIL-CADETE 3 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.590 METROS
20:50 H PREBENXAMÍN 1 MINIVOLTA E MEDIA 225 METROS
21:00 H PITUFOS 1 MINIVOLTA 150 METROS
21:30 H XUVENIL-IÚNIOR-PROMESA-SÉNIOR-VETERANS 2 VOLTAS GRANDES 6.250 METROS
22:20 H ENTREGA DE TROFEOS

CATEGORÍAS

CATEGORÍAS MIXTA
A) PITUFOS Nad@s no 2009, 2010, 2011 e 2012

CATEGORÍAS HOMES / MULLERES
B ) PREBENXAMÍN Nad@s en 2007 e 2008
C) BENXAMÍN nad@s en 2005 e 2006.
D) ALEVÍN nad@s en 2003 e 2004.
E) INFANTÍL nad@s en 2001 e 2002.
F) CADETE nad@s en 1999 e 2000.
G) XUVENIL nad@s en 1997 e 1998.
H) IÚNIOR nad@s en 1995 e 1996
I) PROMESA nad@s en 1992, 1993 e 1994
J) SÉNIOR nad@s dende 1991 ata veteráns
K) VETERÁNS +35 Maiores de 35 anos.
L) VETERÁNS +40 Maiores de 40 anos.
M) VETERÁNS +45 Maiores de 45 anos.
N) VETERÁNS +50 Mairoes de 50 anos.
O) VETERÁNS +55 Maiores de 55 anos
P) VETERÁNS +60 Maiores de 60 anos

:: Comenta a Nocturna de Xinzo de Limia neste tema do foro ::