Calendario
Info da proba

O Grove - Cambados

28/09/2014 10:30 - 13:00
Regulamento
Media Maratón do Salnés, O Grove-Cambados
MARALBA Running Fest014

Data: domingo, 28 de setembro de 2014.
Hora: 10:00 h.
Lugar:
Saída: Peirao de O Grove.
Chegada: Praza de Fefiñáns, Cambados.
Distancia: 21.097 m. (homologación en trámite).
Organiza: Concello de O Grove e Cambados.
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento. En Championchip Norte.



:: Comenta a Media Maratón do Salnés neste tema do foro ::


REGULAMENTO


ANTES DA CARREIRA

1. DATA: Concello de O Grove(e o Concello de Cambados), organizan o domingo 28 de setembrode 2014, a partir das 10,00 horas, o “MARALBA Running Fest014 Media Maratón do Salnés O Grove-Cambados”

2. PARTICIPANTES. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que son maior de idade e estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.

- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).

- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de O Grove / Cambados.

- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de O Grove / Cambados. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos
para o Medio Maratón así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento.

En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.

A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Toda sas categorías faranse en championchipnorte ata as 23:59 horas do día 24 de setembro, O MÉRCORES ANTERIOR Á PROBA, e non se admitirán inscricións posteriores.

Para a carreira haberá dous prazos para inscribirse:
- Ata as 23:59 horas do 28 de agosto de 2014, UN MES ANTES DA PROBA e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida” de 12 €máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.

- Dende o 29 de Agosto de 2014, ata o 24 de setembro, O MÉRCORES ANTERIOR Á PROBA e na que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 15 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.

No caso de que o/a deportista se inscriban como desempregado/a devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip); a persoa beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.

A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións da cota de participación excepto en caso de lesión, ou enfermidade, si se presenta un certificado médico á Organización, antes do DÍA DE CELEBRACIÓN. En caso contrario, non se fará o reembolso.

5. HOTEL OFICIAL. A Organización conta con hoteis oficiais que ofrecerán un prezo especial en aloxamento o sábado e almorzo para o día da carreira, aínda que teñen outras opcións de pensión.

Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente cos hoteis e dar a referencia: “Medio Maratón MARALBA 2014”.
A información do Hotel: Categoría (estrelas) Distancia Prezo da habitación... daráse na páxina web oficial do evento: www.maralba.org e no facebook oficial

Estes hoteis ofrecerán a saída do hotel (Late Check Out) ata as 17,00 horas do domingo (para ducharse e xantar con calma), así como a recollida, na mesma recepción do hotel (sempre e cando se rexistren co nome do deportista), da bolsa de corredor e o dorsal, sen ter que pasar pola secretaría do Medio Maratón.

6. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición.


DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

7. TRANSPORTE OFICIAL. A Organización facilitará servicio de desplazamiento de regreso, ao inicio, dende Cambados a O Grove para ir á zona de Saída, dende ás 08:00am ate as 09.40am e cunha frecuencia de 20’: saldrá dende o Pavillón do Pombal de Cambados; e unha vez finalizada a proba dende Camabados a O Grove, dende a mesma instalación de 12:00 ate 14:00 horas coa mesma frecuencia de 20’, para retornar aos deportistas que deixaran
na zona de Saída os seus vehículos; previa reserva para una previsión de ocupantes, una vez recibida/s as reserva nós confirmarémos definitivamente a/s prazas. A confirmación de uso de desplazamento de regreso unha vez
inscritos/as poñendo nome, apelidos e nº de dorsal, enviar email a: carreras@gestsportgalicia.es

8. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no CONCELLO DE O GROVE o día sábado 27 de SETEMBRO de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

O día da proba, domingo 28 de setembro, de 08:00 horas a 09:30 horas.

9. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá ambulancia/s e médico/s para a atención sanitaria.

10. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude de 21.097 metros “Proba oficial da FGA con distancia homologada” (*) en trámite, nun recorrido en liña pechado sobre asfalto.

Cada kilómetro sinalizarase visualmente, e o tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 35 minutos.

A saída efectuarase dende dende O Grove: Paseo Lordelo, avenida Alexandre Bóveda, rúa Castelao, avenida Teniente Domínguez, nacional PO-317, enlace con PO-550, entra en Cambados: Ponte Castrelo, avenida Castrelo, avenida
Galicia, Plaza do Concello, avenida Vilariño, avenida Madrid, rúa Real e Pazo Fefiñáns (Cambados) , seguindo o percorrido indicado no plano.
(*) Adxuntarase posteriormente

11. AVITUALLAMENTO. Cada 5 quilómetros disporase do líquido necesario, e ao remate da proba na zona de META.

12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o Persoal de Organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo, que se reitere en protestas ante a Organización ou non cumpra o tempo máximo de remate. “Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.”

13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas ou tobillera) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras / zoas de control de cronometraxe dispostas ao longo do percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descalificados. Sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.

Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip, de selo caso.

A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30€ (trinta) euros.

14. REGULAMENTOS. Esta proba está incluída no calendario da FGA e no calendario do Circuito de Carreiras Pedestres puntuables para o foro CORRENENGALICIA e desenvolverase baixo as normas do presente regulamento, “todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF, para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.”

ATLETAS EXTRANXEIROS E ESPAÑOIS DE ÉLITE: (Segundo reglamento FGA e RFEA)
“Por norma general en competiciones de calendario autonómico NO podrán participar atletas españoles con ayuda económica de la RFEA, ni atletas extranjeros que hubiesen realizado una marca igual o mejor que la que se indica
en el siguiente cuadro durante la presente temporada (13-14) o las 2 anteriores:”
Proba Homes Mulleres
800m 1’48”50 2’05”00
1500m 3’42”00 4’17”00
3000m 8’10”00 9’30”00
5000m 13’45”00 15’55”00
10000m 28’50”00 33’50”00
3000m obst 8’50”00 10’25”00
10km ruta 29’10” 33’50”
Media Maratón 1h03’00” 1h13’30”
Maratón 2h12’00” 2h34’00”

15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.


POSTERIOR Á CARREIRA


16. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas (ou no concello de saída, segundo a dispoñibilidade do organizador), unha bolsa de produtos alimenticios, bebidas, servizo de fisioterapia, servizo médico...

17. PREMIOS. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados na categoría individual absoluta masculina e feminina así como aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría individual.

Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta:
Tanto en Homes como Mulleres (Categoría Masculina e Femenina)
1º/ª: 700 €.
2º/ª: 300 €.
3º/ª: 250 €.
4º/ª: 150 €.
5º/ª: 100 €.
6º/ª: 75 €.
7º/ª: 50 €.
8º/ª: 50 €.
9º/ª: 50 €.
10º/ª: 50€.

Premios aos corredores locais, documentado dita condición co Dni e a sua “localidade de nacemento” ou o Padrón dende o ano anterior ao día de celebración da proba:
1º / 1 ª Premio especial Concello O GROVE e/ou CAMBADOS.

Ningún deportista poderá acumular dous premios en metálico.
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual ou inferior a 1 hora 10 minutosen homes e 1 hora 25 minutosen mulleres. Requirirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados.

Todos os deportistas masculinos ou femininos absolutos que cheguen a meta nos postos 100º, 150º, 200º e ÚLTIMO/A da carreira absoluta serán obsequiados/as cunha camiseta técnica e un (1) mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com

18. RECLAMACIÓNS:
“As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30’ (minutos) despois de comunicarse oficialemente os resultados. Se son desestimadas por éste, poderáse presentar reclamación
por escrito e acompañada dun depósito de 60€ ao Xurado de Apelación, sempre que este comité esté presente en dita competición. O organizador poderá contratar a maiores 3 xuíces máis para a creación deste comité de
apelación.”

19. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta (Pazo de Fefiñans - Cambados). Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.

Para mais información en Facebook https://www.facebook.com/MARALBA Running Fest014 ou en www.maralba.org (en construcción) ou en rungalicia.com

20. CATEGORÍAS:
SÉNIOR homes e mulleres: Nados en 1996 (maiores de idade o día da proba) e anteriores, ata veterano.
VETERANOS: Dende o día que cumplen 35 anos
Veteranos/as 1: 35 anos a 44 anos cumpridos o día da proba.
Veteranos/as 2: 45 anos a 54 anos cumpridos o día da proba.
Veteranos/as 3: 55 anos a 64 anos cumpridos o día da proba.
Veteranos/as 4: 65 anos a 74 anos cumpridos o día da proba.
Veteranos/as 5: 75 anos cumpridos o día da probaen diante.


:: Comenta a Media Maratón do Salnés neste tema do foro ::