Calendario
Info da proba

Riveira

28/09/2014 11:00 - 13:00
Regulamento
XVII Carreira Popular Santa Uxía de Riveira
Campionato Galego 10 km en ruta

Data: domingo, 10 de setembro de 2014.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: zona do Malecón de Riveira, paseo marítimo.
Distancia: de 300 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Riveira.
Inscrición: Ver punto 5 do regulamento. En Eme Sports.
Web: Concello de Riveira



:: Comenta a Carreira de Santa Uxía neste tema do foro ::

O Concello de Riveira a través da súa Concellería de Deportes organiza o domingo 28 de SETEMBRO DE 2014, a partir das 11:00 horas, a XVII edición da Carreira Popular de Santa Uxía e Campionato Galego de 10 kilómetros en ruta e formará parte do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Riveira e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta.

2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Para a XVII Carreira Popular de Santa Uxía as categorías de competición serán as seguintes:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO

PITUFO Atletas nados no 2010 e posteriores*
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2007 e 2008,2009*
BENXAMIN atletas nados no 2005, 2006
ALEVIN atletas nados no 2003 e 2004
INFANTIL atletas nados no 2001 e 2002
CADETE atletas nados no 1999 e 2000
XUVENIL atletas nados no 1997 e 1998
ABSOLUTA Atletas nados no ano 1996 ata veterán
VETERANOS 1 De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
VETERANOS 2 De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
VETERANOS 3 De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
VETERANOS 4 A partir de 60 anos cumpridos ata o día da proba

* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

O regulamento do Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña poderán consultalo no seguinte enlace web: http://www.atletismogalego.com/fga/pop_carrera.asp?id=5132

Para o Campionato Galego de 10 km en ruta tomaranse como referencia as categorías contempladas nos regulamentos da FGA e RFEA para probas en ruta que se publicarán de xeito previo á proba na circular do campionato na web www.atletismogalego.org.

3. DISTANCIAS E HORARIOS
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia de 10 km en ruta. A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIVEIRA (Paseo marítimo).

Na proba absoluta haberá caixóns de saída dependendo das marcas realizadas na distancia (só en circuítos homologados de 10 km) que deberán marcar no momento da inscrición.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:00 h Absoluta e Veteranos 10 km homologados pola RFEA
12:00 h Infantil, cadete e xuvenil 3000 m aprox
12:20 h Benxamín e alevín 1500 m aprox
12:30 h Prebenxamín 500 m aprox
12:35 h Pitufo 300 m aprox
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS (AUDITORIO MUNICIPAL)

4. A XVII Carreira Popular de Santa Uxía estará integrada dentro do VII Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira- A POUTADA e contará coa colaboración de FROIZ, GADIS, COCA-COLA, ADIDAS, A.C.D. "As Miñoteiras", Club Sta Uxía Atletismo, Centro Recreativo de Artes, Asociación de Veciños de Carreira, Arousa Natureza e Ocio, e Asociación Veciñal A Redonda Vella. PROTECCIÓN CIVIL E POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE RIVEIRA.

5. INSCRICIONS
Os participantes na XVII Carreira Popular de Santa Uxía poderán realizar a súa inscrición na web www.riveira.es e www.emesports.es, a partir do día 25 de agosto, con data límite o xoves 25 de setembro ás 22 horas.

PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (Absoluta e veteranos): 6,00 €
FEDERADOS GRATUITA

*** Os federados que queiran optar os premios da Carreira Popular terán que aboar: 6,00 €.

6. PREMIOS
Na XVII Carreira Popular de Santa Uxía outorgaranse os seguintes premios:
Premios en metálico para os tres primeiros atletas masculinos e femininos que cheguen a meta, 1080 euros repartidos do seguinte xeito:
1º clasificado/a 300,00 euros
2º clasificado/a 150,00 euros
3º clasificado/a 90,00 euros

Trofeos os tres primeiros corredores/as que chegue a meta.
Trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás nas categorías pitufo e prebenxamín que non haberá nin premiación nin se farán clasificacións das carreiras.
Trofeo ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
Medallas para todos os participantes das categorías pitufo e prebenxamín.
Trofeos e 200 € en material deportivo o clube federado que aporte máis participantes á proba (deberán indicar na inscrición o club polo que participa o atleta).
Trofeos e 200 € en material deportivo o centro escolar que máis participantes aporte á proba (deberán indicar na inscrición o centro escolar polo que participa o atleta).

HABERÁ DUAS ENTREGAS DE PREMIOS:
1º) PREMIOS CARREIRA POPULAR
2º) CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES

UNHA VEZ REMATADA A ENTREGA DE TROFEOS DESTA PROBA, PROCEDERASE A DAR OS PREMIOS E TROFEOS DO "VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE RIVEIRA”.

7. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba. TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA.

8. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro da competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando autorizados para descalificar a calquera participante que incumpra as ditas normas de competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a proba.

9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
A participación de atletas extranxeiros regularase segundo o artigo 3.4. do Regulamento para as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas.
Dito artigo pódese consultar no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento_competiciones.pdf

10. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Municipal a Fieiteira.

11. Haberá servizo de gardarroupa.

12. Haberá servizo de ambulancia, médico e seguro deportivo (licencia de día) para os participantes.

13. Haberá sinalización dos puntos quilométricos.

14. Haberá avituallamento intermedio (auga) e final (auga, bebida isotónica, froita e roscón).

15. Os participantes na proba absoluta entregaráselle unha bolsa do corredor (camiseta técnica, barra enerxética).

16. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

COLABORAN NA ORGANIZACIÓN DO PROBA
Organizadores Carreira do Corgo (Arousa Natureza e ocio)
Organizadores Carreira Virxe da Guía (Asociación Veciños de Carreira).
Organizadores Carreira de Castiñeiras (Club Atletismo Sta Uxía).
Organizadores Carreira do Demo (Centro Recreativo de Artes).



:: Comenta a Carreira de Santa Uxía neste tema do foro ::