Calendario
Info da proba

San Sadurniño

08/06/2014 11:30 - 13:30
Regulamento
I Carreira Popular Concello de San Sadurniño

Data: domingo, 8 de xuño de 2014.
Hora: A saída da primeira proba será ás 11:30 horas.
Entrega de trofeos sobre as 13:30 horas.
Lugar: Paseo Fluvial do río Xubia de San Sadurniño e Finca A Cortiña.
Distancia: de 400 a 5.400 m.
Organiza: Concello de San Sadurniño e C.P.I de San Sadurniño.
Inscrición: ate o 5 de xuño. Ver no regulamento.
Web: San Sadurnino



:: Comenta a proba de San Sadurniño neste tema do foro ::


REGULAMENTO.
1.- A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou nacionalidade. As categorías serán dende pitufos ata veteráns.

2.- Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e suponse que dispón dun nivel de condición física óptimo para afrontala proba.

3.- Tódolos participantes terán asignado un dorsal , este irá situado no peito e terá que ser visible no desenrolo da proba.

4.- Durante o transcurso da proba, faranse controis de paso en varios puntos do circuito que a organización establecerá, polos cales terán que pasar os participantes para non ser descalificados.

5.- O peche do control será 1 hora despois de que entre o 1º clasificado en meta na categoría absoluta.

6.- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

7.- RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS:

O servicio médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.

A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuices da F.G.A. que estarán autorizados a descalificar. Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos:

- Non realizar todo o circuíto da carreira.
- Manipular o dorsal.
- Falsificar datos persoais.

8.- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores

9.- Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír aceptan o presente regulamento, e responsabilizanse de calquera accidente que poida xurdir durante a súa participación na proba, ainda que a organización poñerá todos os medios ao seu alcance para que non ocorran.

10.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluidos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluidos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno á organización, estando estes últimos debidamente identificados.

11.- A organización dispondrá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende unha hora antes do comenzo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto.

12.- Todos os participantes, polo feito de formalizala inscripción, dan o seu consentimento para que a organización trate informáticamente e con finalidade exclusivamente deportiva ou promocional, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, etc.

13.- En función do número de participantes, poderán realizarse varias saídas para a categoría de pitufos.

14.- A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de nacemento dos participantes. A non aportación desta, poderá ser motivo de descalificación.

OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas que o desexen, por norma xeral en competicións do calendario autonómico non podrán participar atletas españois con axuda económica da RFEA.

O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
Todo o non previsto na presente normativa rexiráse polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o reglamentado por instancias superiores.

DISTANCIA E HORARIOS DAS PROBAS E CATEGORIAS EN CADA PROBA:
HORARIO CATEGORÍA ANO DISTANCIA
11.30 Horas INFANTIL 1º ANO E ALEVIN MASC. E FEM. 2002, 2003 e 2004 1.350 Metros
11.50 Horas INFANTIL 2º ano ata VETERÁNS
MASC. e FEM. Nados no ano 2001 uo anteriores 5.400 Metros
13.00 Horas BENXAMÍN MASC. e FEM. 2005 e 2006 400 Metros
13.10 Horas PITUFOS MASC. e FEM. 2007 ou posteriores 200 Metros
13.30 horas ENTREGA DE TROFEOS

CLASIFICACIÓN.
A clasificación e a cronometraxe será mediante chip e xuices na carreira absoluta (infantil de 2º ano ata veteráns) e por xuices nas categorías inferiores.

INSCRICIÓNS.
Unha inscrición é válida cando o participante rechee o boletín de inscrición e faga efectivo o pago (maiores de 18 anos).

Nº de Prazas:
- Número máximo de prazas na categoría absoluta: 400 (a maiores os alumnos e alumnas do C.P.I de San Sadurniño).

- O resto das categorías sen límite de prazas

Prazo de inscrición:
- Carreiras Individuais: Ate o 5 de xuño
- Categoría de Equipos: Ate o 5 de xuño (O que participe na categoría de equipos terá que tamén inscribirse individualmente).
Lugar de inscrición:
Internet: www.fgatletismo.es ou www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/
Presencialmente no C.P.I de San Sadurniño (só comunidade educativa de San Sadurniño).
Casa da Cultura de San Sadurniño (só categoría de equipos).

PREZO DA INSCRICIÓN.
Maiores de 18 anos: 2 euros.
Menores de 18 anos: Gratuita.

LUGAR DO PAGO.
- Os pertencestes á comunidade educativa de San Sadurniño no C.P.I de San Sadurniño.
- O resto na páxina web da federación galega de atletismo.

COMPROMISO.
Os participantes se comprometen a:
1.- Aceptar estrictamente tódolos artígos do presente regulamento
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a organización se vexa obrigada a modificar por causas alleas a sua vontade.
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo ningunha causa, do importe da inscrición.
4.- A realización da inscrición implica ter lído, entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón: “Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, ós sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demáis organizadores de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como lesión, pérda de obxetos persoais por roubo ou outras circunstancias”

5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, se estará ao que dispoña a organización.

DORSAIS.
- A retiradada de dorsais e chips será o mesmo día no lugar da proba en horario de 9:15 a 11:20 horas para a carreira absoluta (infantil de 2º ano ata veteráns).
- O resto das categorías ata 30 minutos antes do inicio da proba
- Non haberá inscricións o mesmo día da proba.

PERCORRIDOS.
- Circuito 1.
Ás 13:00 horas daráse a saída da carreira de categoría benxamín. Ás 13:10 se dará a saída da carreira de categoría pitufos, estas categorías sairán do camiño do “Arboreto” dirección paseo fluvial; ao chegar o paseo realizarán un xiro a dereita para coller a estrada 295 , novo xiro a dereita para voltar o camiño do “Arboreto” e realizar a entrada en meta. Este circuito será común para as categorías pitufo e benxamín.

- Circuito 2.
Ás 11:30 daráse a saída da carreira de categoría infantil e alevín, que sairá da estrada 295, transcurridos 150 metros realizase un xiro a esquerda para coller o paseo fluvial, percorrera tódolo paseo fluvial ata chegar o aparcamento do mesón A Granxa onde se realizará un xiro a dereita para cruzar a ponte, unha vez cruzada, novo xiro a dereita para voltar pola outra marxe do paseo fluvial ata chegar o final do paseo onde se xira a dereita para coller a estrada 295, novo xiro a dereita para coller o camiño do “Arboreto” e realizar a entrada na meta.

- Circuito 3.
Ás 11:50 se dará a saída da carreira longa (infantil 2º ano ata veteráns), que sairá da estrada 295, trasncurridos 150 metros se realiza un xiro a esquerda para coller o paseo fluvial do río Xubia ata o aparcamento do mesón A Granxa para xirar a dereita e coller a estrada de 290, novo xiro a esquerda pola estrada 291 dirección á fábrica de Intasa, ao chegar a fábrica xiro a esquerda pola pista asfaltada ata chegar á intersección coa carreteira de Ferreira (CP 7601) onde realizamos un novo xiro a esquerda para, trascorrridos 350 metros, volver a xirar a esquerda para dar unha segunda volta a esta parte do percorrido. O rematar a segunda volta, seguiremos rectos ata chegar de novo o aparcamento do mesón A Granxa e voltaremos pola mesma marxe do paseo fluvial do río xubia ata o final, deste onde xiraremos a dereita para coller a carreteira 291, novo xiro a dereita para incorporarnos o camiño do “Arboreto” e realizar a entrada en meta.

MAPA DOS CIRCUITOS
- PITUFOS
Circuito 1. Nº de voltas: 1
O tempo estimado da proba é de 8 minutos

Circuito 1

- BENXAMÍN
Circuito 1. Nº de voltas: 2
O tempo estimado da proba é de 10 min

- INFANTIL 1º ANO E ALEVÍN
Circuito 2. Nº de voltas: 1
O tempo estimado da proba é de 20 min

Circuito 2

- INFANTIL 2º ano ata VETERÁNS
Circuito 3. Nº de voltas: 1, excepto unha parte do percorrido que haberá que dar 2 voltas (do punto A o punto E).
O tempo estimado da proba é de 60’

Circuito 3

AVITUALLAMENTO.
Liquido e sólido ó final da proba para tódolos participantes.

TROFEOS.
Tódolos participantes recibirán un agasallo por participar
CATEGORÍA PREMIOS
EQUIPOS CONCELLO SAN SADURNIÑO
(nados 2001 ou anteriores) Premio especial para o equipo gañador
Veteráns C: Maiores de 60 anos MASC. E FEM. Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Veteráns B: 50 a 59 anos MASC. E FEM. Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Veteráns A: 40 a 49 anos MASC. E FEM. Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Sénior. Nados no ano 91 ata 39 anos MASC. E FEM. Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Sub 23. Nados nos ano 1996, 1995, 1994, 1993 e 1992 Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Escolares C. Nados nos ano 1997, 1998, 1999, MASC. E FEM.
(Cadete 2º ano e Xuvenil) Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Escolares B. Nados nos ano 2000, 2001 MASC. E FEM.
(Infantil 2º ano e Cadete 1º ano) Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Escolares A. Nados nos ano 2002, 2003 e 2004 MASC.e FEM. (Infantil 1º ano e Alevín) Medalla para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
BENXAMÍN. Nados no ano 2005 e 2006 MASC. e FEM Medalla para tódolos participantes
PITUFOS Nados nos ano 2007 ou posteriores MASC.e FEM. Medalla para tódolos participantes
PREMIO O PARTICIPANTE DE MAIOR IDADE MASC. E FEM. Trofeo
ABSOLUTA Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino

CATEGORÍA DE EQUIPO.
Para participar na categoría de equipo, terán que cumplir os seguintes requisitos:
- Traballar, estar empadroado no Concello de San Sadurniño, pertecer a comunidade educativa do C.P.I. San Sadurniño ou estar inscrito nalgunha entidade deportiva-cultural municipal.
- Participar na carreira Absoluta (nados 2001 ou anteriores)
- Inscribirse tamén individualmente
- Formar un equipo como mínimo de 5 persoas e sen número máximo de participantes
- Correr cunha camiseta identificativa da mesma cor
- Os equipos han de ser mixtos.
- Poñer un nome ao equipo, e inscribirse baixo un denominador común (por cursos, pais e nais de alumnos, traballadores de...., pertencer a unha sociedad deportiva cultural, ....)
- A clasificación por equipos obterase sumando o posto da xeral absoluta dos cinco primeiros do equipo, puntuando un mínimo de 2 rapazas ou 2 rapaces (e dicir, puntuan os 3 primeiros rapaces e as 2 primeiras rapazas ou viceversa). O equipo que sume menos puntos é o gañador. En caso de empate o equipo gañador será o que teña o último clasificado dos 5 en mellor posición.
- Para inscribirse como equipo terán que realizalo na Casa da Cultura de San Sadurniño ou no C.P.I de San Sadurniño.
- O prezo da inscrición por equipo é gratuita.
- A ficha de inscrición se poderá descargar da páxina web www.sansadurnino.es ou www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/

CONCELLERÍA DE DEPORTES


:: Comenta a proba de San Sadurniño neste tema do foro ::