Calendario
Info da proba

Santiago

18/05/2014 10:30 - 13:00
Regulamento


I CARREIRA ‘CAMIÑO DAS LETRAS’

A I Carreira Camiño das Letras, que se celebra o domingo 18 de maio, quere unir a conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago coa práctica do deporte. Por iso, todos os corredores que finalicen a proba recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras. Ademais, os tres primeiros clasificados da proba absoluta e de cada unha das categorías obterán un lote de libros e a maiores os que cheguen en primeira posición recibirán un trofeo. Tamén recibirán premio o centro escolar e o club que máis participantes presente á proba.


1.- Circuítos e horarios


A saída da carreira absoluta (categorías júnior/promesa, sénior e veterano) efectuarase ás 10:30 horas e constará dun percorrido de 8 km polo Camiño de Santiago dende a estrada nacional 634 sen tránsito pegada ó aeroporto da Lavacolla ata o Monte do Gozo, onde os peregrinos celebran a primeira visión da catedral compostelá.

Os horarios e as distancias para as carreiras de menores no circuíto do Monte do Gozo son os seguintes:
12:00 h. ALEVÍN-INFANTIL NENAS - 1.200 m aprox. (2 voltas ó circuíto)
12:15 h. ALEVÍN-INFANTIL NENOS - 1.800 m aprox. (3 voltas ó circuíto)
12:30 h. CADETE-XUVENIL NENAS - 1.800 m. aprox. (3 voltas ó circuíto)
12:45 h. CADETE-XUVENIL NENOS - 2.200 m. aprox. (4 voltas ó circuíto)

2. Inscricións e control técnico da proba

As inscricións poderán realizarse na web www.carreirasgalegas.com ata o 14 de maio ás 14.00 horas e son gratuítas para as categorías de alevín, infantil, cadete e xuvenil. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.

3. Premios e agasallos

-Todos os participantes que finalicen a proba recibirán como agasallo da organización un libro e o diploma Camiño das Letras.
-Os 3 primeiros clasificados/as da proba absoluta e de cada unha das categorías recibirán un lote de libros.
-A maiores, os gañadores/as absolutos e os gañadores/as de cada unha das categorías recibirán un trofeo.
-O centro escolar que máis alumnos presente na proba recibirá un trofeo e un lote de libros para a biblioteca.
-O club que máis atletas achegue á carreira recibirá un trofeo.

4. Recollida de dorsais

A entrega de dorsais e de dorsais/chip realizarase no Centro Comercial As Cancelas de Santiago (no punto de información da planta baixa) nos seguintes días e horarios:
Xoves 15 de maio de 10:00 a 20:00 horas.
Venres 16 de maio de 10:00 a 20:00 horas.

De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal o día da proba na secretaría da competición situada no Monte do Gozo entre as 08:30 e as 09:30 horas para a carreira de adultos e ata as 11:30 horas para as carreiras de menores.

5. Avituallamentos

Establecerase un punto de avituallamento a metade de carreira onde se fornecerá de auga ós atletas. Na liña de meta facilitarase a hidratación dos corredores coa entrega de auga, bebidas isotónicas, barriñas de chocolate e froita.

6. Servizos

A organización porá a disposición dos participantes un servizo gardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel, servizo de duchas nun pavillón do Monte do Gozo e servizo de autobuses para facilitar o traslado dos atletas da proba absoluta dende o Monte do Gozo á zona de SAÍDA.

OS AUTOBUSES PARTIRÁN DESDE O MONTE DO GOZO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 09:00 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 10:00 HORAS.


MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN: www.carreirasgalegas.com



Percorrido para as categorías júnior/promesa, sénior e veterano dende A Lavacolla ata o Monte do Gozo: