Calendario
Info da proba

Arteixo

01/05/2014 10:30 - 13:30
Regulamento
XVII Carreira Popular Concello de Arteixo

Data: xoves, 1 de maio de 2014.
Hora:
10.30 h Pre-atletismo 210 metros
10.45 h Benxamíns-Alevíns 960 metros aprox.
11.00 h Infantil-Cadete-Xuvenil 3.600 metros aprox.
11.25 h Persoas con discapacidade
11.30 h Senior en diante 12.000 metros aprox.
Lugar: saída dende o Pazo de Deportes de Arteixo.
Distancia: de 210 a 12.000 metros.
Organiza: Concello de Arteixo e o Club Atletismo Arteixo.
Inscrición: ata o luns 28 de abril en Championchip Norte.
Web: Concello de Arteixo



:: Comenta a Carreira Popular de ARTEIXO neste tema do foro::

O vindeiro xoves 1 de maio de 2014 celebrarase a XVII Carreira Popular Concello de Arteixo. A proba está organizada polo Concello de Arteixo e o Club Atletismo Arteixo.

CATEGORIAS:
* Seniors (Masculino e feminino) Desde os nados en 1.989 ata os 34 anos. Os atletas junior e promesa considéranse senior nesta proba.
* Benxamín: nacidos 2005-2006 Homes e mulleres
* Alevín: nacidos 2003-2004 Homes e mulleres
* Infantil: nacidos 2001-2002 Homes e mulleres
* Cadetes: nacidos 1999-2000 Homes e mulleres
* Xuvenil: nacidos 1997-1998 Homes e mulleres
* Veteranos: A: 35 a 50 anos inclusive Homes e mulleres
* Veteranos B: 51 a 64 anos inclusive Homes e mulleres
* Veteranos C: 65 anos en diante Homes e mulleres
* Persoas con discapacidade

A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA.

O Concello de Arteixo e o Club Atletismo Arteixo organizan a XVI Carreira Popular Concello de Arteixo na que poderán tomar parte todas aquelas persoas interesadas. A distancia será de 12.000 metros aproximadamente. Cada quilómetro do percorrido estará sinalizado. Haberá avituallamientos no quilómetro 6 do percorrido e ao finalizar a proba. O percorrido das distintas categorías será o seguinte:

Carreira de pre-benxamíns:
* Hora: 10.30 h. Distancia 210 metros
* Nados anos 2007-2008-2009-2010-2011-2012-2013-2014
* As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de atletas
* Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa

CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns)
* Hora: 10.45 horas Distancia: 960 metros aprox.
* Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.

CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís)
* Hora: 11.00 horas Distancia: 3.600 metros aprox.
* Percorrido: Tres voltas ao seguinte circuíto, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial ata entrada na parte posterior da piscina municipal.

CIRCUÍTO C (Senior en diante)
* HORA: 11.30 horas Distancia: 12.000 metros aprox.
* Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Erbedins, Marciñado, O Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e chegada ao Pazo dos Deportes
Carreira de persoas con discapacidade:
* Hora: 11.25 h. Distancia 200 metros aprox
* As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de atletas
* Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa

INSCRICIÓNS:
* Poderanse formalizar gratuitamente e EXLUSIVAMENTE EN: www.championchipnorte.com
* MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o LUNS 28 DE ABRIL, ás 24.00 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
* O día anterior da proba, na Piscina Municipal de Arteixo, en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 horas.
* O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata 1 HORA antes do inicio de cada competición. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.

CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte

TROFEOS E PREMIOS:
* Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados da proba, tanto en homes como mulleres.
* Os 3 primeiros clasificados en categoría benxamín-alevín, tanto en homes como mulleres recibirán trofeo.
* Os 3 primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías na categoría Infantil-Cadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
* Os 3 primeiros clasificados en cada categoría de veteranos, tanto en homes como en mulleres, recibirán trofeo.
* Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
* Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo.Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
* Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.

* Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
* Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
* Todos o nenos e nenas participantes recibirán unha medalla conmemorativa
* Todas as persoas con discapacidade que participen na súa categoría recibirán unha medalla conmemorativa

* Haberá sorteo de agasallos ao remate da proba

* As inscricións estarán limitadas a 1.500 participantes no cómputo de todas as categorías

* A organización poderá obsequiar con un agasallo a cada participante.

* A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a se mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

* A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)

* Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.

* O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición no momento de disputa da carreira.

* Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descalificación.

* A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira, persoal sanitario seguirá o desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus servizos.

* A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de voluntarios do club atletismo Coruña Comarca, Club Atletismo Arteixo, Club Natación Arteixo, ACD Suevos CF e AD Arteixo.

* Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Pazo dos Deportes

* Haberá un “coche escoba” para todos aqueles corredores que non estean en condicións de finalizar a proba

* Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno e que se lles facilitarán a través do club.




:: Comenta a Carreira Popular de ARTEIXO neste tema do foro::