Calendario
Info da proba

Baños de Molgas

02/08/2014 19:00 - 21:30
Regulamento
VII Carreira Popular do San Salvador, Baños de Molgas

Data: sábado, 2 de agosto de 2014.
Hora: a partires das 19:00 h.
Lugar: saída e chegada nas piscinas municipais do Parque Ansuíña.
Distancia: de 150 a 7.000 m.
Organiza: Concello de Baños de Molgas.
Inscrición: do 24 de xuño ao 30 de xullo en Championchipnorte.
Web: Concello de Baños de Molgas

:: Comenta a carreira do San Salvador neste tema do foro ::


REGULAMENTO DA CARREIRA

1º - O Concello de Baños de Molgas organiza o sábado 2 de agosto a VII CARREIRA POPULAR DO SAN SALVADOR que dará comezo as 19:00 h. coa carreira de pitufos, ás 19:30 h. a de menores(2.300m) e ás 20:00 h. a de 7 Km.

2º - A carreira terá lugar nun circuíto urbano con saída e chegada nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña.

3º - As CATEGORÍAS da carreira serán as seguintes:
- Pitufos: Ata 2006 (8 anos)
- Benxamín/Alevín(M-F): 2001-2005 (de 9 a 13)
- Infantil/Cadete(M-F): 1997-2000 (de 14 a 17)
- Xuvenil/Junior(M-F): 1993-1996 (de 18 a 21)
- Promesa Senior: 1978-1992 (de 22 a 36)
- Veteranos A: 1968-1977 (de 37 a 46)
- Veteranos B: 1958-1967 (de 47 a 56)
- Veteranos C: 1957 (57 en adiante)
- Feminino A (Promesa/Senior): 1978-1992 (de 22 a 36)
- Feminino B: (Veteranas): 1977 (de 37 en adiante)

4º - DISTANCIA:
- 150 m Pitufos
- 2.300 m Benxamíns, alevíns, infantís e cadetes (1 volta)
- 7.000 m Resto de categorías (3 voltas)

5º - PREMIOS: Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados da carreira de 7 Km, un trofeo por categorías e outro para o 1º clasificado de Molgas. Os trofeos non serán acumulativos. Na carreira de
menores por categorías, entregaráselle Medallas aos tres primeiros clasificados. O campión dos Pitufos levará un trofeo.

6º - INSCRICIÓNS: Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, nº licenza federativa (os federados), nome do club, teléfono de contacto e_mail.

A cuota de inscrición será de 5 € para os participantes da carreira de 7 Km sendo para o resto dos participantes totalmente gratuíta.

O prazo de inscrición na Carreira Popular Absoluta (7 Km.) remata o mercores, 30 de xullo as 24 horas.

A inscrición para as categorías que corran a proba de 7 km, Xubenil/Junior en adiante, faranse por medio da páxina web: www.championchipnorte.com

As inscricións das categorías menores (Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete) poden anotarse por medio da páxina web:www.championchipnorte.com

Os Pitufos non fai falta anotarse.

7º - DORSAIS: Entrega o Sábado, 2 de Agosto de 18:00 a 19:30 horas nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito.

Nas categorías menores recollida do dorsal o sábado ata 30 minutos antes da saída da proba.

8º - CHIP: Deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas por todo o percorrido. E obrigatorio pasar enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na Meta.
Na zona de entrega de dorsais, haberá caixas para recoller os chip alugados, a non devolución supón non
entrar na clasificación final, premios e trofeos, así como una penalización de 30€.

9º - DUCHAS E VESTIARIOS: Nas Piscinas Municipais.

10º - SERVIZO DE AMBULANCIA e PROTECCIÓN CIVIL durante o evento.

11º - A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.

12º - DESCALIFICACIÓNS: Serán motivos entre outros os seguintes, non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulado, falsificar os datos persoais.

13º - CONTROL: A Carreira Popular será controlada polos Xuíces da Organización que terá como máximo responsable o Xuíz Arbitro. Tódalas reclamacións serán atendidas ata 30 minutos máximo despois do final da Carreira.

14º - INFORMACIÓN: Para a Carreira: 629 95 37 59/699 92 08 92. Para outro tipo de información: Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00 de luns a venres, de 9 a 14 h).



:: Comenta a proba neste tema do foro ::