Calendario
Info da proba

Implicadas, Oleiros

12/04/2014 16:30 - 19:00
Regulamento
III Carreira Solidaria Corre con Implicadas, Oleiros

Data: sábado, 12 de abril de 2014.
Hora: a partir das 16:30 h.
Lugar: aparcamento da praia de Bastiagueiro, Oleiros.
Distancia: de 150 a 5.200 m.
Organiza: Implicadas no desenvolvemento.
Inscrición: ver punto 5 do regulamento.
Web: Implicadas



:: Comenta a Carreira de Implicadas neste tema do foro ::


CONTEXTO XERAL
A campaña "Cambia de papel" nace como resultado de 16 anos de traballo de IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO (www.implicadas.com) a prol dunhas relacións máis xustas entre os pobos dende un compromiso feminista e crítico. No momento actual a clima de crise de valores e de maior incidencia dos actores lucrativos nos recortes sociais (apoio aos bancos e "reflote" das economías a costa de dereitos laborais) ten importantes consecuencias na mentalidade da poboación, que mira aínda máis cara ao propio e non busca establecer lazos coa situación de explotación planetaria que se padece dende a época colonial nos países do Sur. Os sistemas de axuda gobernamental están neste momento nunha crise de valores sen precedente, subordinados a recortes inxustificados que fan que sexa prioritario por unha banda exercer presión sobre eles e pola outra asegurar a independencia das súas circunstancias. Igualmente, o consumismo como principal modo de vida das sociedades do Norte leva a que haxa pouco interese en cuestionar os modos de vida propios, algo sen o cal é imposible loitar contra a pobreza. Finalmente, no campo crucial da representación, as nosas sociedades seguen promovendo visións das comunidades do Sur que infantilizan, problematizan ou totalizan as experiencias e polo tanto mediatizan a cooperación. Esta situación vese exacerbada no caso das mulleres, que se converten en ferramentas do imaxinario para establecer ao mundo occidental como o sistema de valores modelo para todas as sociedades.

OBXECTIVO XERAL DA CAMPAÑA
Provocar un cambio na mentalidade da cidadanía con respecto á representación e estruturas pobreza/xénero e activar un cambio de papel que leve a unha implicación real das persoas na loita contra a pobreza.

"Corre con Implicadas"
Implicadas No Desenvolvemento organiza, por terceiro ano consecutivo, o sábado 12 de abril de 2014 ás 16:30h. a III CARREIRA SOLIDARIA en Oleiros coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros e da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia. A carreira quedará supeditada ao seguinte REGULAMENTO

1) "CORRE CON IMPLICADAS"
Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades.

Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero si participar nesta III edición de Corre con Implicadas.

2) LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA
Todas as categorías sairán do aparcamento da praia de Bastiagueiro, preto da Casa Da Silva (Rúa Mioporos. Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas.

HORARIO CATEGORIA PROBA
16:30h JUNIOR, PROMESA, SÉNIOR E VETERÁNS FEMININO/MASCULINO 5.200 m aprox
16:35h ANDAINA 4.000 m aprox
17:15 h INFANTIL, CADETE e XUVENIL FEMININO/MASCULINO 2.600 m aprox
17:40 h BENXAMÍN e ALEVÍN FEMININO/MASCULINO 1.000 m aprox
18:00 h PREBENXAMÍN e PITUFOS/AS 150 m aprox

3) PERCORRIDOS

Planos das probas (PDF)

4) CATEGORÍAS

CATEGORIA ANOS PROBA

PITUFAS/OS 2009 e posteriores 150 m aprox
PREBENXAMÍN Atletas nados en 2007 e 2008 150 m aprox
BENXAMÍNS Atletas nados en 2005 e 2006 1.000 m aprox
ALEVÍN Atletas nados en 2003 e 2004 1000 m aprox
INFANTIL Atletas nados en 2001 e 2002 2.600 m aprox
CADETE Atletas nados en 1999 e 2000 2.600 m aprox
XUVENIL Atletas nados en 1997 e 1998 2.600 m aprox
JUNIOR Atletas nados en 1995 e 1996 5.200 m aprox
PROMESA Atletas nados en 1994, 1993 e 1992 5.200 m aprox
SENIOR Atletas nados entre 1991 ata Veteráns/as A 5.200 m aprox
VETERÁNS/AS A Atletas dende 35 atá 44 5.200 m aprox
VETERÁNS/AS B Atletas dende 45 atá 54 5.200 m aprox
VETERÁNS/AS C Atletas de 55 en adiante 5.200 m aprox

ANDAINA TODAS AS PERSOAS QUE O DESEXEN 4.000 m aprox

5) INSCRICIÓNS:
As inscricións de todas as categorías faranse a través da páxina web: Carreiras Galegas con prazo ata o mércores 9 de abril ás 22:00 horas. As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns, tanto masculinas como femininas, requerirán chip para o seu control (sempre e cando a participación sexa masiva).

Dada que é unha carreira solidaria en beneficio de Implicadas No Desenvolvemento o prezo das inscricións será o seguinte:
- Donativo de 5 euros nas categorías junior, promesa, senior e veterán masculina e feminina.
- Donativo de 3 euros para as restantes categorías.
- Donativo de 5 euros para a andaina.
- DORSAL 0: donativo de 1 euro, 3 euros, 5 euros ou 10 euros por querer colaborar con Implicadas e non poder participar na carreira.

O pago farase mediante pasarela de pago instalada no boletín de inscrición na web www.carreirasgalegas.com

Calquer dúbida ou problema poden enviar un e-mail a secretaria@implicadas.com

IMPORTANTE: a data límite para inscribirse e poder participar na carreira solidaria será o mércores 09 de abril ás 22:00 horas non admintíndose baixo ningún concepto ningunha outra inscrición posterior a dita data e hora, nin por suposto o mesmo día da competición. A preinscrición non se efectuará se non se fai o pago a través da pasarela de pago instalada no boletín de inscrición na web www.carreirasgalegas.com

6) RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
O mesmo día da proba, é dicir, o 12 de abril nas carpas habilitadas para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. Tamén poderán recollerse o venres 11 nas instalacións do INEF. De 10:00 a 12:00h ao lado de conserxería, e de 15:00 a 21:00h. na biblioteca do INEF.

As instalacións do INEF tamén estarán abertas e á disposición das persoas participantes o día da carreira para facer uso das duchas.

DESCALIFICACIÓNS: toda persoa que incumpra as normas da competición ou as impostas nos regulamentos das probas en ruta pola FGA e RFEA será descalificada. 7) CONTROL DE CHEGADA:
Todas as probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

8 ) PREMIOS:

Ao finalizaren as probas farase a entrega dos premios segundo a orden temporal na que se foron executando as mesmas. PREMIOS
- Toda persoa participante que chegue e pase a meta terá un agasallo de Implicadas.
- MEDALLAS: ás tres persoas mellores clasificadas de cada categoría (excepto para a andaina).
- LOTES SORPRESAS: sorteo de lotes sorpresas (un bono dunha masaxe aiurvédica donado por Piero Piga, unha noite nunha casa rural (Boa Rial) para dúas persoas, unha sesión de relaxación no centro MEDRA e lotes de merchadising de Implicadas) facendo coincidir co número de dorsal que teña cada quen.

DESTINO DA RECADACIÓN
A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: "ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO" en Salem e "EMPODERAMENTO DAS MULLERES" en Tiruchy.

Implicadas/os No Desenvolvemento é unha ONG galega de cooperación ao desenvolvemento fundada no ano 1998 e de base voluntaria. Conta con aproximadamente 50 persoas voluntarias e unha soa persoa contratada en Galicia. O seu obxectivo é traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, en concreto coas mulleres, na procura da igualdade de xénero, a través da eliminación das estructuras de opresión Norte-Sur e contribuír a que todas as persoas teñan unha vida digna.

Máis información sobre os seus proxectos na web de Implicadas



:: Comenta a Carreira de Implicadas neste tema do foro ::